Ribadeo

Etiquetas:
09/06/2025

Do 20 ao 22 de xuño celebraranse en Ribadeo as xornadas gastronómicas de exaltación da ameixa, que organiza Acisa coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Na cita participarán 21 locais hostaleiros. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “a fin de semana do 20 ao 22 de xuño terán lugar en Ribadeo as xornadas gastronómicas de exaltación da ameixa nas que participarán 21 locais hostaleiros asociados a Acisa, que van ofrecer tapas e pratos preparados cun produto excepcional. Grazas á colaboración da Area de Mar da Deputación de Lugo puidemos desde Acisa organizar esta nova cita. Grazas ao financiamento que nos aporta a Deputación podemos mercar e entregar de forma gratuíta arredor de 250 quilos de ameixa aos participantes así como facer a publicidade e promoción do evento. Esta é xa a sexta vez que desde Acisa...

leer más
09/06/2025

O libro titulado A fraga dos teixos, escrito por Xosé Salvadores, será presentado en Ribadeo este xoves, día 12 de xuño, ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Ademais do autor do libro, no acto intervirá Farruco Graña, presidente da Agrupación Cultural Francisco Lanza, que é a organizadora da presentación.

“Imos presentar o libro A fraga dos teixos. Relato dun naturalista tolo, de Xosé Salvadores (Tempo Galiza Editora). Poñemos así o colofón a un curso cheo de presentacións e que imos culminar este domingo 15 coa viaxe pola Ribeira Sacra. Xosé Salvadores é unha persoa máis preocupada por deixar aos seus descendentes un bosque de teixos que un saco cheo de moedas. As moedas pouco duran na man e ben que poden encirrar na xente. Un bosque de teixos sempre esperta a sensación de serenidade. Especie nobre por...

leer más
Etiquetas:
07/06/2025

Do 13 ao 15 de xuño terá lugar a quinta edición do Ribadeo Ilustrado, que organiza a Concellería de Cultura. Trátase dun evento que combina música, teatro, historia e visitas patrimoniais, cunha programación que ten como fío condutor a figura de Antonio Raimundo Ibáñez, o marqués de Sargadelos.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, indicou que “a cita cultural aposta, unha vez máis, pola divulgación do noso pasado ilustrado e a dinamización do presente local, poñendo en valor os espazos patrimoniais da vila e da contorna. O evento forma parte do proxecto global do Concello para consolidar Ribadeo como un referente cultural e turístico da Mariña Lucense, con actividades que convidan á participación activa e á recuperación da memoria colectiva”.

Antonio Raimundo Ibáñez: industria, ilustración e legado
...

leer más
Etiquetas:
06/06/2025

No Concello está aberto ata o 16 de xuño o prazo para presentar solicitudes de participación no Mercadiño de Ultramar que se celebrará o 12 de xullo, no marco do X Ribadeo Indiano. 

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Marta Saiz, explicou que “o Mercadiño de Ultramar terá lugar na Rúa San Roque durante o día 12 de xullo en horario continuo de 11:00 a mañá ata a finalización do Festival de Habaneras que será aproximadamente sobre as 22:00 horas. Poderán participar preferentemente as persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan algunha actividade relacionada coa cultura indiana ou da época (finais do S.XIX e principios do S.XX)”.

A edil ribadense contou que “para a garantir a diversidade de produtos no mercado a organización asegurará a maior diversificación dentro de cada categoría de produtos...

leer más
Etiquetas:
06/06/2025
CARTELERA DE CINE RIBADEO HASTA EL 12 DE JUNIO
 
VIERNES 6
SALA 1 18:00 – 20:30 – 23:00 “LILO & STITCH”
SALA 2 18:00 - 20:30 – 23:00 “BALLERINA”
 
SABADO 7
SALA 1 18:00 “LILO & STITCH”
SALA 1 20:30 “COMO ENTRENAR A TU DRAGÓN”
SALA 1 23:00 “LILO & STITCH”
SALA 2 18:00 - 20:30 – 23:00 “BALLERINA”
 
DOMINGO 8
SALA 1 18:00 “COMO ENTRENAR A TU DRAGÓN”
SALA 1 20:30 – 23:00 “LILO & STITCH”
SALA 2 18:00 - 20:30 – 23:00 “BALLERINA”
 
LUNES 9
SALA 1 20:30 – 23:00 “LILO & STITCH”
SALA 2 20:30 – 23:00 “BALLERINA”
 
MARTES 10 (DIA DEL ESPECTADOR)
SALA 1 20:30 – 23:00 “LILO & STITCH”
SALA 2 20:30 – 23:00 “BALLERINA”
... leer más
05/06/2025

Está aberta a inscrición para participar no campus de verán do Atlético de Madrid que se desenvolverá en Ribadeo do 28 de xullo ao 9 de agosto.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “haberá dúas quendas deste campus: unha que terá lugar do 28 de xullo ao 2 de agosto e outra do 4 ao 9 de agosto. Desenvolverase de luns a sábado en horario de 9:30 a 14:00 horas e está destinado a rapaces de 5 a 16 anos. Os participantes recibirán valoración técnica, equipamento do campus do Atlético de Madrid, diploma acreditativo, así como recordos e fotografías”.

Silvent contou que “este campus contará con servizo de autobús entre Foz e Ribadeo pasando por San Cosme de Barreiros e San Miguel de Reinante e entre La Caridad e Ribadeo pasando por Valdepares, Tapia, Figueras, Barres, Castropol e Vegadeo. Todo...

leer más
Etiquetas:
05/06/2025

Os días 7 e 8 de xuño, sábado e domingo, terá lugar o XX Torneo Benxamín e Prebenxamín de fútbol base que organiza a SD Ribadeo. O evento reunirá na vila a 600 nenos procedentes de Asturias, Castela-León, Galicia e Portugal. Os partidos xogaranse no estadio municipal Pepe Barrera, no Ceip Gregorio Sanz e no Campo da Vía.

Na presentación participaron o presidente da SD Ribadeo, Óscar Otero; o coordenador de Fútbol 8 da SD Ribadeo, Aitor García; a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez; o alcalde ribadense, Dani Vega; o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero; o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent; e o técnico municipal de Deportes, Iván López.

Desde a organización explican: “teremos en Ribadeo esta fin de semana a 600 nenos para disputar este torneo....

leer más
Etiquetas:
04/06/2025

Acisa Ribadeo suma nove novos asociados neste 2025 e  lanza unha nova campaña de captación, tras o recente premio outorgado pola Xunta de Galicia como comercio excepcional. 

Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, dixo: “gustaríame en nome da xunta directiva e da xerencia darlles a todos os novos negocios asociados publicamente a benvida á nosa asociación. Trátase de Susana Kempes Floristería Esotérica, O Tumbín Ponte Dos Santos, Aware Cakes, Galán, Los Dulces de Delphine, Mary Poppins, Jilgueritos, Mimimó e Endesa. E aproveito tamén para animar aos negocios de Ribadeo: comerciantes, hostaleiros, industriais, servizos e autónomos, hoteis, etc… a que se poñan en contacto con Acisa Ribadeo para que os visitemos ou para que se acheguen ás nosas instalacións e lles expliquemos cara a cara todas as vantaxes que supón formar parte deste...

leer más
03/06/2025

A cociñeira e mariscadora de Rinlo Concepción Losada Fernández, tamén coñecida como Concha, xubilouse o pasado domingo e foi homenaxeada polos seus compañeiros do restaurante ribadense A Horta de San Roque, durante unha cea celebrada onte, luns, no establecemento Delira Gastronómica, de Ribadeo.

Concha Losada, que naceu na parroquia ribadense de Rinlo, exerceu o marisqueo -sobre todo como percebeira- desde moi nova e compaxinou ese labor co de cociñeira en hostalería desde os 17 anos ata agora, cando rematou a súa ampla traxectoria en A Horta de San Roque. Antes traballou en varios establecementos dos municipios de Ribadeo e de Barreiros nos que destacou pola elaboración de arroces, que son a súa gran especialidade. Como din os que a coñecen ben, “o mar e a cociña son moi importantes na vida de Concha”.

Na cea con...

leer más
Etiquetas:
02/06/2025

Ribadeo acollerá do 23 ao 28 de xuño un Campus de Tecnificación de Baloncesto destinado a rapazas e rapaces de 6 a 18 anos.

O evento foi presentado no Salón dos Alcaldes por Sergio Cuesta, coordinador Zona Norte de Élite Sports Academy; Alberto Carmona, CEO de The Basket Dream; José Ramón Vázquez, presidente do CB Ría de Ribadeo; Dani Vega, alcalde ribadense; e Francisco José Silvent, concelleiro de Deportes.

Silvent contou que “ata o momento hai 40 inscritos para participar neste Campus de Tecnificación de Baloncesto, que se vai celebrar este mes en Ribadeo. As rapazas e os rapaces compartirán esta experiencia deportiva con adestradores profesionais da liga feminina e da masculina de LEB Ouro e con xogadores de EBA e de LEB Ouro. Por aquí pasarán nomes como Javi Menéndez, Opong Bramble, Manu Ruano, Gonçalo Morais...

leer más