Ribadeo
O libro titulado A fraga dos teixos, escrito por Xosé Salvadores, será presentado en Ribadeo o xoves 19 de xuño ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Este acto, que inicialmente estaba previsto para o pasado xoves, foi aprazado. Ademais do autor do libro, intervirá Farruco Graña, presidente da Agrupación Cultural Francisco Lanza, que é a organizadora da presentación.
“Imos presentar o libro A fraga dos teixos. Relato dun naturalista tolo, de Xosé Salvadores (Tempo Galiza Editora). Poñemos así o colofón a un curso cheo de presentacións. Xosé Salvadores é unha persoa máis preocupada por deixar aos seus descendentes un bosque de teixos que un saco cheo de moedas. As moedas pouco duran na man e ben que poden encirrar na xente. Un bosque de teixos sempre esperta a sensación de serenidade. Especie nobre por excelencia, o teixo...
leer másA Área de Igualdade presenta a programación da campaña Ribadeo Orgullosa 2025, que terá lugar durante o mes de xuño con actividades dirixidas a diferentes públicos, co obxectivo de promover a visibilización, o respecto e a celebración da diversidade.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo sinalou que “organizar esta programación é tamén unha forma de dicir alto e claro que en Ribadeo cabemos todas e todos, sexamos como sexamos. Queremos un concello onde cada persoa poida vivir con liberdade e sen medo a ser quen é”.
Rosa e azul
A actividade Rosa e Azul está dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria dos centros educativos de Ribadeo. A proposta consiste nunha sesión de contos teatralizados que celebran a diversidade e rompen cos estereotipos de xénero e o binarismo imposto desde o nacemento.
O CHL Meigas organiza unha nova edición do seu campus de verán en Ribadeo, que terá lugar do 29 de xuño ao 5 de xullo. Na cita participarán 50 nenas e nenos, nados entre os anos 2009 e 2016, que gozarán de diferentes actividades como día de praia, surf ou noite de xogos, ademais da práctica deportiva do hóckey.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “este campus contará coa intervención de adestradores de primeiro nivel, entre os que destacan a seleccionadora catalana e o seleccionador de Finlandia”.
O edil ribadense engade: “en Ribadeo estamos encantados de acoller campus de diferentes disciplinas deportivas durante o verán, contamos cunhas boas instalacións e iso fai que moitos clubs aposten por Ribadeo para levar adiante estas actividades nas que participan moitos nenos e nenas tanto do...
leer másO día 15 de xuño continúa o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa.
Este vindeiro domingo o grupo Clave de Son actuará na contorna da Praza de Abastos a partir das 13 horas para animar o mediodía nesa zona da vila.
O Domingueo en Ribadeo continuará os días 29 de xuño e o 6 de xullo por diferentes localizacións.
Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar de todas as propostas que aquí van atopar os domingos, ou calquera outra xornada. Achégase o verán e a programación de actividades na rúa increméntase, os días son grandes e toca aproveitalos ao máximo”.
Este venres, 13 de xuño, arrinca o XVI Torneo Infantil de Fútbol Base da SD Ribadeo, que disputarán 44 equipos ata o vindeiro domingo, 15 de xuño. O evento reunirá na vila a 750 xogadores, ademais de monitores e familiares.
Na presentación participaron o presidente da SD Ribadeo, Óscar Otero; o coordenador de Fútbol 8 da SD Ribadeo, Aitor García; a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez; o alcalde ribadense, Dani Vega; o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero; o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent; e o técnico municipal de Deportes, Iván López.
Desde a organización explican: “conteremos neste torneo con 44 equipos, un procedente do Reino Unido e outros chegados desde Cantabria, Castela-León, Asturias e Galicia. A maioría deles estarán en Ribadeo xa...
leer másRibadeo acollerá este sábado, día 14 de xuño, a gravación do programa Aquí Galicia Fest, que emite a Televisión de Galicia (TVG). Será desde as 12:00 horas no peirao de Porcillán, onde tamén haberá unha sesión vermú.
Neste evento participarán estes artistas e grupos: Lucía Veiga, Dani Polo, Isabel Blanco, As Liantas (Tamara Pérez e Belén Vara), G Face, Aquí Galicia Band, a Coral Polifónica de Ribadeo, De Ninghures e Lucía Pérez.
O xornalista e estudoso Martín Fernández Vizoso será o pregoeiro do X Ribadeo Indiano, que está dedicado á figura do filántropo Ramón González. O evento foi presentado esta tarde a carón da casa na que naceu na rúa San Roque.
O alcalde, Dani Vega, manifestou: “qué alegría nos da ver tanta institución xunta. Iso quere dicir que se pensa en Ribadeo e se inviste en Ribadeo. O Ribadeo Indiano é toda unha reivindicación histórica. Agradecer a todos a colaboración dunha forma ou doutra para financiar unha actividade cultural que ten un impacto económico moi importante en Ribadeo. Estamos a falar de máis de 3 millóns de euros. É unha inxección económica para todo tecido empresarial”.
O rexedor dixo que “o pregoeiro está hoxe aquí con nós. Martín Fernández Vizoso conta cunha bagaxe periodística importante e vainos...
leer másAcisa e a Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo uníronse de novo para levar a cabo un novo proxecto de formación en inglés destinado ao persoal de comercio e hostalaría.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “hoxe vimos de presentar un novo proxecto que nos parece moi interesante, facémolo da man da Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo coa finalidade de ofrecer a todos os traballadores e traballadoras do comercio e da hostalaría a realización dun curso de inglés específico para todos eles. O que pretendemos é seguir a traballar no servizo de formación que ofrece a nosa entidade. Trátase de facilitar formación en idiomas dun xeito práctico e adaptado ao vocabulario mais necesario para os profesionais destes dous grandes sectores económicos, cubrindo así unha demanda que vimos observando dende hai anos”.
... leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este sábado, 14 de xuño, ás 11:30 e ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval o seu tradicional Festival de Fin de Curso. Na sesión da mañá será o alumnado máis pequeno o que participe e xa na sesión da tarde serán as grandes agrupacións das diferentes especialidades instrumentais e de danza.
Hugo García, o responsable da EMMeD, subliñou que “será, unha vez máis, un festival que non deixará a ninguén indiferente. Tentamos sorprender á xente cun festival concibido para que o desfruten non só no plano musical, que por suposto que o farán, senón tamén na ambientación, nas presentacións,…”.
A concelleira de Educación, Begoña Sanjurjo, manifestou que “o fin de curso é sempre unha festa importante e este ano máis. O alumnado amosa ás familias e ao...
leer más