Foz
A Biblioteca Pública Municipal de Foz Salgado Toimil para conmemorar o Día do Libro levará a cabo unha actividade de animación á lectura, “Selvas de palabras”, que terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura este sábado, 30 de abril, ás 12:00 horas. No acto intervirán Andrea Maceiras, escritora de literatura infantil e xuvenil e Inés López Couto, concelleira de Cultura. Unha vez finalizada a presentación, sortearanse entre as persoas asistentes dous lotes de libros.
O evento está dirixido para un público familiar e infantil de 8 a 12 anos e a entrada é libre ata completar a capacidade.
A escritora Andrea Maceiras convidaranos a unha viaxe literaria por dúas selvas: a selva amazónica onde nos descubrirá aos protagonistas da súa novela A folla azul (Premio Merlín, 2020) e a selva do sueste asiático onde coñeceremos aos personaxes da...
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a primeira ruta da liga de sendeirismo de Galicia que se celebrará, o 8 de maio, pola Devesa da Rogueira no Caurel.
A saída será ás 7:00 horas de Foz e ás 7:15 h. de Ferreira.
As persoas que queiran participar poden anotarse ata o 3 de maio nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou ossendeiros@yahoo.es. O prezo é de 43 euros para os socios federados, 47€ para os socios non federados e 51 euros para o socio temporal. Está incluído o bus e o xantar.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio-alto.
O Concello de Foz colabora coa organización desta actividade.
A asociación Cultural A Pomba do Arco vai celebrar entre o 25 e 28 de abril a VII edición das Xornadas Sentirmos a Arte con catro conferencias que se realizarán ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Foz
O programa das xornadas é o seguinte:
Luns 25. O que transcende á mirada
Ignacio Castro “Nachok”
Martes 26. Falando do cotiá
Sabela Arias
Mércores 27. Un proxecto de vida?
Mauro Leivas
Xoves 28. Atrezzo.Territorio
Cristian Villamide
Este sábado, día 23, conmemórase o Día do Libro, para o cal o Concello de Foz organiza diversas actividades durante as dúas últimas semanas de abril. E o domingo haberá un concerto solidario a prol do pobo ucraíno.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o día 23 as librerías focegas sacarán os seus libros á rúa e compartirán cultura nas casetas instaladas na praza da Glorieta de Vilalba. Alí poderá achegarse todo o mundo para mercar as novidades editoriais así coma os clásicos. Ás 18 horas o contacontos Pablísimo ofrecerá un espectáculo para os máis pequechos da casa na mesma praza da glorieta de Vilalba, actividade que en caso de choiva se trasladará á Biblioteca Municipal Salgado Toimil. Continuando coas nosas letras, o sábado 30 será a escritora Andrea Maceiras a que se achegará a Foz, ás 12 horas na Casa da Cultura....
leer másPastelería Anduriña, de Foz, organiza a 8ª Festa da Empanada do 22 de abril ao 1 de maio.
Moncho Castro, o propietario do establecemento, explica que “durante eses días os amantes da empanada poderán degustar ata 45 tipos diferentes. Teremos, coma sempre, empanadas do mar, da terra, veganas, vexetarianas e doces. Cada día ofreceremos entre 6 ou 7 distintas para a súa degustación”.
Na ampla oferta de empanadas de Pastelería Anduriña podemos atopalas salgadas de zamburiñas, de berberechos, de polbo con gambas, de pescada con gambas, de sardiñas, de carne de tenreira e cabrales, de zorza, de polo con patacas fritas, de espinacas con bechamel e tropezóns de xamón york e queixo, de cebola caramelizada, de salteado de verduras con tofu ou rechea de escalibada con bechamel. E doces como pastelón de mazá, de cabelo de...
leer másA Escola de Música de Foz organiza un concerto solidario a favor de Ucraína que se celebrará o vindeiro domingo, 24 de abril.
A actuación, baixo o título Música para Ucraína, correrá a cargo da Aula Coral a partires das 17:30 horas e terá lugar na igrexa parroquial.
As doazóns solidarias recadadas irán destinadas a favor de ACNUR e as aportacións á fila O pódense facer en La Caixa (ES42 2100 2262 1602 0028 6870) e a través de Bizum co código de ingreso 02971. Como concepto hai que indicar: Ucraína concerto solidario Escola de Música de Foz.
O Concello de Foz colabora na organización deste evento.
Foz celebrará a súa Festa Normanda do 26 ao 28 de agosto deste 2022. Así o anunciou nas súas redes sociais a organización: Asociación Desembarco Normando.
A novena edición tivo lugar no verán de 2019. Ao ano seguinte, en plena pandemia do covid, non se celebrou e no 2021 tivo lugar unha versión reducida deste evento de recreación histórica.
Os detalles do programa non transcenderon, pero todo apunta a que haberá desembarco na praia de Tupide, mercado e unha chea de actividades coas que Foz despedirá así o verán.
O Concello de Foz colocou un banco de madeira en Lousada, na parroquia de Fazouro, que é outro lugar destacado na Ruta dos Miradoiros.
O alcalde, Fran Cajoto, anuncia que “Foz continúa a sumar vistas espectaculares á Ruta dos Miradoiros que recentemente se puxo en marcha. A semana pasada anunciábamos o banco de Cornería e agora o de Lousada, no que nun día despexado podemos divisar ata Tapia de Casariego, en Asturias, non lle queda atrás. Situado no barrio de Lousada, en Fazouro, e pretiño da Capela da Concepción, destaca porque ofrece unha imaxe moi limpa de toda a zona leste do Golfo do Masma, coa praia da Pampillosa en primeiro termo. Trátase dunha atalaia privilexiada, ao estar a menos de 700 metros da costa pero a máis de 85 metros de altitude. Seguimos a traballar para poñer en valor o impresionante patrimonio natural que temos”....
leer másMañá, xoves, da comezo a XVIII Ruta de Tapas de Foz, que organiza AciaFozCCA e que se prolongará ata o sábado, 16 de abril. Dez locais hostaleiros ofrecerán as súas creacións en miniatura en horario de mediodía e noite, de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. O prezo da tapa será de 2 euros.
Os participantes na cita gastronómica desta Semana Santa son Anduriña, A Rambla-Pachán, Augas Santas, Dandy, Espacio Machete, Happy Days, Namarinos, O Pelolo, O Tangarte e Xoyma.
Anduriña servirá piruleta de tenreira galega en tempura sobre queixo de San Simón e redución de viño Mencía; na Rambla-Pachán poderase saborear salpicón de pescada; en Augas Santas albóndega de tenreira á cervexa negra con boniato; en Dandy hojaldre de carrilleira; en Espacio Machete poderase degustar brioche 2.2; en Happy Days pemento recheo de...
leer másO filme “A virxe roxa”, Premio Mestre Mateo á mellor longametraxe documental, proxectarase en Vilalba, A Pobra do Brollón, Foz , Sarria e Chantada, dentro do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación.
Trátase da segunda proxección programada neste circuíto, que contempla a exhibición dos oito filmes finalistas dos Mestre Mateo nas categorías de mellor longametraxe documental e mellor longametraxe de ficción, cunha proxección cada mes durante todo o ano.
A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, convidou a “asistir a estas proxeccións coas que, da man da Academia Galega do Audiovisual, contribuímos á difusión do cine galego, tratando de fidelizar ao público e asentar unha demanda de producións audiovisuais en galego que repercuta...
leer más