Foz

Etiquetas:
11/04/2022

Os días 13, 14 e 16 de abril terá lugar unha nova edición do Comercio na Rúa, que organiza AciaFozCCA. Trinta establecementos ofrecerán descontos especiais esta Semana Santa.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “este mércores poñemos en marcha unha nova edición do Comercio na Rúa, un clásico dentro das campañas que organizamos desde AciaFozCCA, que sempre ten moi acollida entre a clientela e entre os establecementos asociados que participan nesta cita”.

Paleo sinala que “co Comercio na Rúa e coa Ruta das Tapas pretendemos ofrecer alternativas atractivas para que aquelas e aqueles que nos visiten durante esta Semana Santa disfruten da nosa gastronomía en miniatura e de todo o que atoparán no noso comercio, ademais da nosa paisaxe, dos nosos monumentos, dos nosos paseos…”.

... leer más
Etiquetas:
08/04/2022

Do 14 ao 16 de abril terá lugar a XVIII Ruta das Tapas de Foz, que organiza AciaFozCCA. Dez locais hostaleiros ofrecerán as súas creacións en miniatura en horario de mediodía e noite, de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. O prezo da tapa será de 2 euros.

Os participantes na cita gastronómica desta Semana Santa son Anduriña, A Rambla-Pachán, Augas Santas, Dandy, Espacio Machete, Happy Days, Namarinos, O Pelolo, O Tangarte e Xoyma. 

Anduriña servirá piruleta de tenreira galega en tempura sobre queixo de San Simón e redución de viño Mencía; na Rambla-Pachán poderase saborear salpicón de pescada; en Augas Santas albóndega de tenreira á cervexa negra con boniato; en Dandy hojaldre de carrilleira; en Espacio Machete poderase degustar brioche 2.2; en Happy Days pemento recheo de bacallao; en Namarinos niño de bacallau con...

leer más
Etiquetas:
06/04/2022

A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza durante este mes de abril nunha programación especial dedicada ao libro porque o vindeiro día 23 é o Día Mundial do Libro.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “para comezar o venres 8 a compañía Teatro do Atlántico trae a obra Libre coma os páxaros, que está baseada en textos de Rosalía de Castro. Esta obra achéganos a liberdade dunha muller que toma a palabra e non se somete as regras da arte nin acata os mandatos dos seus iguais. É unha obra na que se tenta mostrar o papel dunha muller que foi precursora nas nosas letras e que debe ser exemplo de cambio e liberdade no ámbito dos dereitos femininos”. A Casa da cultura acollerá esta representación ás 20.30 horas. O prezo da entrada será de 5 euros.

O Concello tamén colabora na 7ª Semana das...

leer más
Etiquetas:
06/04/2022

O Concello de Foz pon en marcha a Ruta dos Miradoiro despois de colocar un banco de madeira no monte Cornería. O alcalde, Fran Cajoto, chancea: “estamos a poñerllo ben difícil a Loiba, o banco do monte Cornería está a un nivel superior”. 

O Concello de Foz vén de poñer en valor o miradoiro natural do monte Cornería, punto central dunha das fermosas rutas de sendeirismo coas que conta o concello, e o concelleiro de Turismo, Chema Linares, explica: “colocouse un banco rústico de madeira, feito por un ebanista local, que seguro fará as delicias dos visitantes que queiran achegarse a disfrutar das impresionantes vistas, tomar unha foto e levarse un bonito recordo de Foz. Desde o banco do monte Cornería podemos divisar a ría de Foz e o curso final do Masma, co Mar Cantábrico abrazando a vila de Foz e Vilaronte aos nosos pés”.

... leer más
Etiquetas:
06/04/2022

O Concello de Foz recupera este domingo os bailes na Sala Bahía. Anunciárono hoxe o alcalde, Fran Cajoto, e a concelleira de Asuntos Sociais, Ana Rojo.

O rexedor municipal explica que “a situación actual permíteo e hai moitas gañas de volver xuntarnos, de recuperar a vida social, da que tamén depende a nosa saúde mental. Era unha demanda unánime e no xantar dos maiores do pasado 26 de marzo adquirimos o compromiso de recuperar o baile dos domingos á maior brevidade. Cumprimos ese compromiso”.

A concelleira de Asuntos Sociais indica que “despois destes dous anos duros de pandemia xa tocaba retomar o baile dos domingos na Sala Bahía, unha celebración habilitada especialmente para as persoas maiores do noso concello. Emprazámosvos a todas e todos este domingo a desfrutar -iso si, con máscara- das cumbias e pasodobres...

leer más
Etiquetas:
04/04/2022

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o vindeiro xoves, 7 de abril, ás 20:30 na Casa da Cultura de Foz un concerto de presentación do último disco de Ugia Pedreira.

O traballo, titulado Segmento Cantábrico, mistura spoken word, poesía e canción; un álbum de composición folk, de folk progresivo, que aúna formas tradicionais do litoral cantábrico con outros sabores da world music europea e do folk americano.

Ugia Pedreira, como todos vos sabedes é unha das voces máis recoñecidas da musica galega actual. Nada en Vilaronte, A Mariña marca absolutamente a súa música.

Etiquetas:
31/03/2022

Este sábado, 2 de abril, celébrase o día do libro infantil, coincidindo co aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, autor danés ben coñecido por todo o público polos seus inmortais contos.
 
Para conmemorar esta data importante no mundo do libro, na Libraría Bahía, de Foz, organizan un contacontos acompañado dun obradoiro plástico  titulado La invasion de los pulgones, a cargo da autora e ilustradora Nelo Polichi. 

Será  o mesmo sábado ás 12 da mañá na libraría. E unha actividade gratuíta e aberta para todas as nenas e nenos que queiran participar. “Logo de dous anos sen poder realizar apenas actividades no interior da libraría por mor da pandemia, fainos moita ilusión recuperar este espazo de animación á lectura tamén para a xente máis pequena”, sinalan desde Bahía.

Etiquetas:
26/03/2022

A asociación Os Sendeiros de Foz participarán nunha ruta con motivo do V Día do Sendeirista de Galicia, organizado por Montañeiros Celtas, que discorrerá pola Serra do Galiñeiro o 3 de abril.

A saída de Foz será ás 6:00 horas e de Ferreira ás 6:15 h.

As persoas interesadas en participar poden anotarse ata o martes 29 de marzo, nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son: 38 euros para os socios federados, 42€ para os socios non federados e 46 euros para o socio temporal. Inclúese o bus e o xantar.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, pasaporte covid e mascarilla. A ruta de 14 quilómetros de recorrido ten un nivel de dificultade medio.

O Concello de Foz colabora na...

leer más
Etiquetas:
24/03/2022

O Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,  arrancará este sábado coa proxección do documental “O Gran Camiño” en Foz, Sarria, Chantada, Vilalba e A Pobra do Brollón.

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, convidou a “asistir a esta primeira proxección deste ciclo que leva o mellor da produción audiovisual galega por todo o país, e que tivo o seu xerme na liña de colaboración que establecemos coa Academia Galega do Audiovisual o ano pasado” e valorou que “a iniciativa permita achegar ás vilas e aos municipios máis pequenos propostas culturais de calidade”, agradecendo o apoio dos concellos e asociacións que colaboran nas proxeccións.

“O Gran Camiño”
Finalista dos XX Mestre Mateo na categoría de Mellor documental, o...

leer más
Etiquetas:
22/03/2022

O Concello de Foz ultima os preparativos para celebrar a xuntanza dos maiores do municipio este sábado, día 26. O prazo para apuntarse remata mañá, mércores. 

A concelleira de Servizos Sociais e Familia, Ana Rojo, explica que “o Concello de Foz está a rematar cos preparativos para celebrar o sábado día 26 a comida xuntanza en honra aos nosos maiores. É preciso sinalar que este evento no ano 2020 tívose que cancelar por motivos da pandemia, na previsión de contaxios, evitando así riscos innecesarios na propagación do virus. Despois destes dous anos tan duros de pandemia, sobre todo para a xente maior, agora que estamos todos vacinados da terceira dose e dado a baixa incidencia no noso concello, entendemos que debíamos retomar esta comida, como agradecemento ás persoas maiores do concello, recoñecéndolles a súa valía, polo que aportaron e...

leer más