Foz
AciaFozCCA sorteou hoxe os 1.500 euros en vales de compra da súa campaña de San Valentín. Os premios serán entregados o vindeiro venres, 24 de febreiro, ás 20:00 horas no Cenima.
As persoas afortunadas cun vale de 50 euros son: Sobrino Ennoury (por unha compra realizada en Electrodomésticos Celso); Pilar López (en Chinela Nenos); Pilar Carballeira (en Librería Bahía); Carmen García (en Vas’s); Myriam Pérez (en Decoraciones Pura); Ana Mª Estévez (en Arrullos); Tamara Neira (en Clínica Maas Saúde); Raquel Expósito (en Cenor Belianorte); Yolanda Vázquez (en Alain Afflelou Óptico); y Pili Veiga (en Carnicería Mercedes).
E os premiados cun vale de 100 euros son: Juan Manuel Arias (por unha compra feita en Fabeiro Arte Floral); Xesús Blanco (en Centro Óptico Eliseo); Victoria Celada (en Ofifoz); María Couto (en Salai...
leer másO grupo de teatro O Centiño, da parroquia focega de San Martiño, representará a súa obra De poucas luces o día 11 de febreiro, sábado, en Cordido.
Esta actividade cultural será no Centro Cívico de Cordido ás 18:00 horas.
Está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e a asociación de veciños San Xulián de Cordido.
Os campionatos de baristas e de cata de cafés do IES de Foz celebraranse nas instalacións do centro esta semana, de mércores a venres. Haberá participantes de cinco comunidades autónomas: Galicia, Asturias, País Vasco, Castela-León e Madrid.
O evento foi presentado hoxe, luns, polo director do IES de Foz, Nicolás Asensio; o concelleiro de Turismo focego, Chema Linares; a subdirectora do IES de Foz e membro do Departamento de Hostalería, Leticia Maseda; e o director do CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, Isidro Berdeal.
Nicolás Asensio explicou que se celebrará “el décimo quinto Campeonato Internacional de Baristas de centros educativos y en paralelo se desarrollarán el décimo Campeonato Internacional de Cata de Café, el noveno Internacional de Baristas Profesionales y el tercero Internacional de Cata de Café para...
leer másO Concello de Foz e a asociación O Noso Foz acaban de publicar as bases que rexerán o desfile de Entroido Foz, que se celebrará o próximo 18 de febreiro.
Estas bases que están a dispor de todos aqueles que queiran saír a desfilar nas redes sociais do Concello nos taboleiros de anuncios e na delegación de cultura, explican o funcionamento para poder participar. Todos aqueles que queiran entrar no concurso deberán entregar cuberta a solicitude coa documentación correspondente dependendo da categoría de inscrición. Poderá solicitarse e entregarse no mail cultura@concellodefoz.es e no teléfono 982.140.027 extensión 3.
Os participantes que se inscriban antes do luns 13 pola tarde participarán no sorteo de postos que se realizará no concello ás 20 horas. Os que se inscriban...
leer másSete locais hostaleiros asociados a AciaFozCCA ofrecerán do 6 ao 12 de febreiro cafés especiais con motivo da celebración do Campionato Internacional de Baristas no IES de Foz.
Desde Xoyma José Manuel Martínez explicou que “ocorréusenos que a hostalería local puidese ofrecer eses días cafés especiais á súa clientela, co obxectivo de que ese importante evento que se celebra no IES de Foz tamén estea na rúa, nos nosos establecementos. Gustounos a idea de que a vila estivese implicada deste xeito”.
Os locais que servirán cafés especiais á súa clientela son: Augas Santas, Dandy, Marexada, O Muelle, Pizzería Xoíña, Tangarte e Xoyma.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, o alcalde focego, Fran Cajoto, o concelleiro de Comercio, Chema Linares, así como representantes dos locais...
leer másHoxe, xoves, o alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o concelleiro de Turismo, Jose María Linares, inauguraron a sala multiusos do centro de interpretación da Basílica de San Martiño de Mondoñedo que leva o nome do artista multisciplinar Juan Queralt Blanch, persoeiro moi recordado e querido na parroquia e moi vinculado a este lugar. Aquí pasou ós derradeiros 5 anos da súa vida, nos que dedicou a súa obra á imaxe de San Rosendo, bispo mindoniense no século X, cando a sede episcopal aínda estaba na parroquia focense.
Ademais de Fran Cajoto e Chema Linares, ao acto de hoxe asistiron Francisco Martínez García, que foi alcalde de Foz ata o 19 de abril de 1979, e a súa esposa. Tamén estiveron Suso de Breogán e Pablo Cid (Touche), que colaboraron nesta iniciativa.
O alcalde explica que “na sala atópanse seis lenzos de técnica...
leer másA asociación O Noso Foz e o Concello presentaron hoxe, sábado, o cartel do Entroido focego, nun acto no que participaron o alcalde, Fran Cajoto; a concelleira de Cultura, Inés López Couto; e tres representantes de O Noso Foz: Angel Fernández, Fátima Novo e Erea Ben .
A asociación O Noso Foz e o Concello seguen traballando intensamente na organización dun Entroido 2023 que se espera espectacular. Despois dun pistoletazo de saída no mes de outubro coa elección da Raíña nun acto de escolla realizado no Campo da Cabana, chega febreiro con todos os eventos habituais nesta festa, que loita por ser nomeada Festa de Interese Turístico Galego.
O presidente de O Noso Foz, Ángel Fernández Neira, anuncia: “comezamos o día 11 coa cea de coroación, coa apertura de portas a partir das 21 horas na carpa situada na sala Bahía....
leer másO grupo de teatro Pico do Castro, de Foz, representará a súa obra O Terapeuta en Vilaronte o día 5 de febreiro, domingo, en Vilaronte.
Esta actividade cultural será no local da asociación cultural e deportiva O Castro, de Vilaronte, ás 19:00 horas.
Está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e a asociación O Castro.
Este sábado, 28 de xaneiro, ás 17:30 horas na Sala Bahía de Foz celebrarase o XIII Festival Infantil da Subela, no cal renderán homenaxe á figura da pescantina.
A organización anuncia: “ademais teremos o pracer de desfrutar da música e baile da asociación Falcatrueiros, de Monterroso. Anímate a vir e colabora co Banco de Alimentos de Foz facendo unha doazón de alimentos non perecedoiros. Haberá biscoito e chocolate”.












