Foz
En marcha está a campaña Tardeos, de AciaFozCCA, na que participan nove locais hostaleiros: Bar 78, Anduriña, Espacio Machete, Marexada, Namarinos, Pelolo, Portochico, Xoyma e Yoglio-Colón 5.
José Carlos Paleo, presidente de AciaFozCCA, explica que “é unha campaña pensada para animar a disfrutar das tardes dun xeito relaxado, de cócteles, de viños, de cañas, de merendas… trátase de aproveitar as tardes para tomar algo antes de retornar ás casas ás dez da noite. Antes saiamos tomar unha copa, un cóctel, despois de cear. De momento iso aínda non é posible, pero non temos por qué deixar de facelo polas tardes na fin de semana ou agora durante a Semana Santa, por exemplo”.
A asociación Mariña Patrimonio organiza unha charla do historiador focense Xoán Ramón Fernández Pacios sobre a conserveira DALO, de Foz. Será este xoves, 25 de marzo, ás 19:30 horas en directo a través do Facebook do colectivo.
Mariña Patrimonio explica que “debido a un problema técnico na charla do pasado día 12 non puidemos escoitar a intervención de Xoán Ramón Fernández Pacios sobre As industrias de Damián López (DALO), de Foz, centrándose na súa faceta madeireira, na do tráfico marítimo de cabotaxe así como na actividade conserveira. Polo tanto, convidámosvos de novo este xoves, día 25, ás 19:30 horas para poder asistir, por medio do Facebook de Mariña Patrimonio, a dita intervención”.
En Radio Foz celebráronse esta mañá os sorteos do Día do Pai e das Xornadas Gastronómicas imPULSA Foz.
No sorteo do Día do Pai 20 persoas recibirán vales de compra por importe de 50 euros, cada un, para consumir ao longo das vindeiras semanas no comercio asociado a AciaFozCCA. Os números afortunados e os locais nos que se repartiron foron os seguintes: 20519 en Kukadas, 17380 en Amarena, 15566 en Din y Don, 13662 en Tien 21, 20667 en Amarena, 20352 en Amarena, 17863 en Decoraciones Pura, 19880 en Xoyma, 18130 en Nº1, 15128 en Casa Moreda, 19422 en Panificadora Eo, 18206 en Ginzo Hombre-Mujer, 15683 en Fauna, 15311 en Lencería Esther, 15421 en Unique 2, 13115 en Carmen León, 21749 en Suministros Veipa, 19388 en Panificadora Eo, 16134 en Ofifoz y 20183 en Amarena.
Desde AciaFozCCA indican que “as persoas que teñan...
leer másO Concello focense, en colaboración coa UNED-Aula Universitaria de Foz, pon en marcha unha nova iniciativa para os comerciantes e hostaleiros locais: un curso de Introdución ao Marketing Dixital, que será totalmente gratuíto e sufragado polo Concello. Foi presentado polo alcalde, Fran Cajoto, e a coordinadora de Extensión Universitaria de Foz, María Fuensanta Otero.
O rexedor municipal explica que “con este curso pretendemos formar aos empresarios locais nunha nova forma de marketing e publicidade -trasladada ao mundo virtual- baseada na utilización dos recursos tecnolóxicos e medios dixitais existentes para desenvolver comunicacións directas, destinadas a conseguir unha reacción positiva no receptor virtual. O curso inclúe formación en redes sociais como Facebook, Instagram e Twitter, posicionamento SEO para WordPress e titorías...
leer másO Concello de Foz quere conmemorar o día mundial do teatro, que se celebra este sábado, 27 de marzo, cunha semana dedicada a el. A delegación de Cultura leva á sala Bahía representacións o xoves 25 ás 20 horas e o sábado 27 ás 18.30 horas.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o xoves porase en escena a obra Dreaming Juliet, da compañía Elefante Elegante, inspirada na obra de Shakespeare Romeo e Xulieta, que aborda o tema do amor cunha linguaxe visual asentada no teatro de movemento, na música interpretada en directo e na danza”.
Ines López engade que “o sábado será a quenda do teatro infantil. Culturactiva achéganos a obra Rosalía, cunha equipa de mulleres que farán que os nenos poidan achegarse á infancia dun dos referentes das nosas letras. Esta obra infantil inclúese na conmemoración do día...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta por terras mindonienses. Será o sábado, 28 de marzo.
A saída terá lugar ás 9:00 horas de Foz, diante de Cenor, e tamén a esa hora desde Ferreira. O desprazamento realizarase en coche.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 26 de marzo nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou na dirección de correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e mascarilla. A ruta, dun nivel medio de dificultade, ten unha lonxitude de 13´5 quilómetros e discorre por Supena.
O Concello de Foz colabora na organización deste evento. A actividade levarase a cabo se a situación sanitaria o permite e seguindo os protocolos oportunos.
O Concello de Foz anuncia que 41 establecementos de hostalería xa participan nas Xornadas Gastronómicas imPULSA FOZ, que comezaron hoxe, venres, co arroz como produto destacado e que contan coa colaboración da ACIA. E este domingo haberá música nas rúas a cargo da charanga Brassica Rapa.
O alcalde, Fran Cajoto, lembra que “estas xornadas gastronómicas enmárcanse dentro do plan de impulso á hostalería e comercio locais promovido polo Concello e consensuado con profesionais da hostalería e coa ACIA local, dentro do cal se implementaron xa medidas como a derrogación da taxa das terrazas, aprobada en pleno”.
O concelleiro Chema Linares valora moi positivamente a alta participación do sector nas xornadas gastronómicas, o que indica que o programa deseñado polo Concello está a ter moi boa acollida. “Lonxe de polémicas,...
leer másO 24 de marzo terá lugar o sorteo dos 1.000 euros en premios que pon en xogo AciaFozCCA na súa campaña do Día do Pai, que deu comezo o 5 deste mes e rematará o día 19.
As persoas que realicen estes días as súas compras nos establecementos asociados a AciaFozCCA que participan nesta cita, entrarán no sorteo de 20 vales de compra por valor de 50 euros cada un deles.
AciaFozCCA continúa deste xeito coas súas campañas de promoción do comercio local, potenciando as compras nos establecementos da vila para unha data tan sinalada como é o Día do Pai, o 19 de marzo, no que tamén se festexa San Xosé.
O sorteo dos 1.000 euros en premios realizarase a través de Radio Foz o 24 de marzo.
Colaboran con esta campaña Concello de Foz, Impulsa Foz e Xunta de Galicia.
... leer másEste venres, 19 de marzo, ás 12:00 horas a Sala Bahía, de Foz, acolle un espectáculo infantil a cargo do contactontos Caxoto. Está organizado polo Concello focense en colaboración co programa Educando en familia.
Debido as medidas anti-Covid o aforo será limitado, polo que hai que chamar ao teléfono 982.140.027-Extensión 3 para reservar previamente as entradas, que son gratuítas.
O Concello de Foz organiza, coa colaboración da ACIA-CCA, unhas xornadas gastronómicas nos meses de marzo e abril, nas que investirá unha cifra total de 20.000 euros. Este programa de promoción parte das medidas de impulso á hostalería acordadas co sector, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Ademais o rexedor municipal recorda que “no pleno do mes de febreiro procedeuse á aprobación da derrogación da ordenanza fiscal de terrazas, co cal se elimina o cobro desa taxa durante un período dun ano, e anteriormente emitiuse un decreto eliminando o cobro das terrazas e do lixo durante o peche obrigado dos establecementos. O sector hostaleiro é un dos máis afectados pola pandemia e a pesar de que o organismo con competencias e medios - a Xunta de Galicia - é quen ten que indemnizar polas medidas de restricións impostas, os concellos tamén debemos...
leer más