Premios
O Concello de Xove comunica os premiados do concurso medio ambiental de fotografías Cal é o teu lugar preferido de Xove? E anuncia que a entrega de premios será o día 12 de xuño, venres.
Na categoría infantil a foto con máis me gusta é de David Burgos Peloche e titúlase O último cura de Santirso (Din que o último cura de Santirso seguía gardando un libro antigo entre as ruínas esperando que alguén lembrase a súa historia).
Na categoría junior a foto con máis me gusta é de Marcos Mariño Ferrería, leva por título Cascada e é dunha cascada cerca do cemiterio da Rigueira.
E na categoría adultos a foto con máis me gusta é de Begoña Amor Ruiz e titúlase Conduciendo hacia la noche (atardecer en Esteiro, siempre transmite tranquilidad).
... leer másO Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo acolleu esta tarde a entrega dos premios aos gañadores do Ribadeo Sabe 2026.
A tapa de Kalpa Amodiño foi a elixida para o xurado profesional. E a tapa de El Oviedo foi a mellor para o público. O premio para o local gañador do xurado profesional é un curso no Basque Culinary Center e estancia en San Sebastián e diploma acreditativo. E o premio para o local gañador do xurado popular é unha visita máis cata en Bodega Regina Viarum, comida para dúas persoas no restaurante Vértigo (1 estrela Michelin) e diploma acreditativo.
Tamén se entregaron os premios ao público que participou nas votacións do Ribadeo Sabe e que resultaron agraciados no sorteo celebrado hai uns días no Concello. Foron tres as categorías establecidas e dotadas con 200, 150 e 100 euros en vales de compra...
leer másA tapa do restaurante El Oviedo foi a elixida polo público como a mellor do Ribadeo Sabe 2026, o renovado concurso gastronómico celebrado do 14 ao 17 de maio organizado polo Concello e por Acisa. E tivo lugar o sorteo entre as persoas participantes co obxecto de determinar as gañadoras dos premios destinados ao público. A culler de bronce será para María Jesús Vior Fernández, a culler de prata para Javier Páez Pérez e a culler de ouro para Marcos Paleo Otero.
Desde a organización lembran que a tapa de Kalpa Amodiño foi a gañadora do xurado profesional do Ribadeo Sabe. O xurado destacou a calidade das 12 elaboracións presentadas o pasado 13 de maio a concurso e recoñeceron tamén as elaboracións de La Solana, Marinero e Ramonita.
A entrega de premios terá lugar este xoves, 4 de xuño, ás 19:30 horas na Casa do...
leer másA Deputación de Lugo vén de abrir o prazo para presentar candidaturas á sétima edición dos premios que recoñecen a Excelencia do Turismo e da Gastronomía da provincia de Lugo impulsados pola institución provincial. O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este martes, 19 de maio, as bases e a información da convocatoria deste ano que busca recoñecer dun xeito honorífico o labor de persoas; entidades públicas e privadas; así como actividades e proxectos que destacan pola súa contribución ao desenvolvemento turístico, á innovación, á sustentabilidade e á posta en valor da gastronomía lucense. O prazo para participar estará aberto ata o 20 de xuño e as candidaturas deberán presentarse de forma telemática a través da Sede Electrónica da Deputación de Lugo.
Poderán optar aos premios persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas,...
leer másAs instalacións de Acisa Ribadeo acolleron esta tarde a entrega dos premios da campaña do Día da Nai.
As persoas afortunadas foron: Sergio Fernández González, de Figueras, por unha compra en Atleet, que o levará a visitar Bodegas Docampo en Ribadavia e a gozar da estancia dunha noite no seu hotel Pazo Carballo; ao igual que Gloria Fernández, de A Fonsagrada, por unha compra en Ginzo, que tamén viaxará a Ribadavia; e Loli García, de Luarca, levou unha colección de Mon Castro para Terra Branca, por unha compra realizada en Misstic.
Na entrega de agasallos participaron a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, asÍ como José Ramón Leal, propietario da galería ribadense Terra Branca.
Desde Acisa agradecen “a Bodegas Docampo, de Ribadavia, e a Terra Branca, de Ribadeo...
leer másEsta mañá foron sorteados os dez Soños de Nadal de Acia Foz-CCA. As persoas afortunadas recibirán en total 1.000 euros en vales de compra.
As papeletas premiadas son as seguintes: 16593, entregada en Centro Dietético Alba Vila; 25451, en Ana Fabeiro; 40303, en Xoguetería Bahía; 58914, en La Flor Abulense; 9216, en Kukadas; 5700, en Ártico; 3585, en Chinela Nenos; 45839, en Vass; 15681, en Carnicería Mercedes; e 7752, en Electricidad Núñez.
O sorteo, que tivo lugar en Radio Foz, foi conducido por Anxo Rivas. A cita contou coa presenza do presidente e da xerente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo e Ana Segade.
Paleo agradeceu “a fidelidade nos negocios locais nesta pasada campaña de Nadal. Cada persoa afortunada no sorteo desta mañá recibirá 100 euros en vales de compra, que son moi ben...
leer másAcia Foz-CCA sorteará 500 euros en vales de compra na campaña da Volta ao Cole, que desenvolverá do 29 de agosto ao 15 de setembro.
O presidente da asociación focense, José Carlos Paleo, explica que “aquelas persoas que realicen as súas compras no CCA de Foz por un importe superior aos dez euros participarán no sorteo de 500 euros en vales de compra. Serán 10 premios de 50 euros cada un”. O sorteo terá lugar en Radio Foz o 16 de setembro.
Paleo sinala que “deste xeito queremos premiar unha vez máis á fiel clientela do comercio de Foz, que para a volta ao cole aposta polos negocios locais, nos que ten a carón da súa casa. Nas librarías, nas tendas de deportes, nas de moda, nas de calzado… atoparán todo o que precisan para a chegada do outono e para o inicio do novo curso escolar. Mercando en Foz seguimos facendo...
leer másAcisa encherá as rúas de Ribadeo de actividades do 14 ao 31 de agosto coa campaña O noso comercio é vida, vive Ribadeo, que culminará co sorteo dunhas vacacións a Gran Canaria. A programación foi presentada este mediodía nas Catro Rúas.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “esta nova campaña O noso comercio é vida, vive Ribadeo, se vai desenvolver do 14 ao 31 de agosto e vai encher de actividades e de vida, aínda máis, esta vila e as súas rúas. Esta campaña, que é moi potente e moi importante, é posible grazas ao premio excepcional que esta asociación recibía hai unhas semanas por parte da Dirección Xeral de Comercio”.
Cruzado Iglesias subliñou que “para chegar a iso, a ter unha das valoracións máis altas entre os proxectos presentados, houbo que elaborar un programa de actividades ambicioso e no que implicamos a moitas asociacións e...
O Salón dos Alcaldes acolleu a entrega dos premios do Ribadeo de Tapeo 2025. O do público foi para o Kalpa Amodiño.
O xurado profesional formado por profesores das escolas de hostalería de Foz e de Tapia decidiu que as mellores tapas foron:
1º premio - Restaurante El Oviedo (Lura en salsa)
2º premio - Kalpa Amodiño (Chaat-Eo de millo)
3º premio - Ramonita (salmón marinado á laranxa con pementos e tapioca)
As cociñeiras e responsables destes locais foron as encargadas de recoller os seus premios.
Kalpa Amodiño recibiu o premio á tapa doce polo seu Re-Poso de café e o premio do público pola tapa Chaat-Eo de millo.
Tamén foron entregados os seguintes premios ás persoas que votaron no Ribadeo de Tapeo 2025 a través do cartón ou da APP:
-O...
Entregados los vales de compra sorteados por Acisa y el Ribadeo FC en esta campaña de colaboración entre ambas entidades. En juego se pusieron 800 euros en vales de compra para consumir en los establecimientos asociados al colectivo empresarial.
Ana Fernández López, de Ribadeo, es la poseedora de la papeleta número 988 y por tanto la ganadora del premio de 200 euros.
Mayra Fernanda, de Ribadeo, poseedora de la papeleta número 1515 es la ganadora del premio de 150 euros.
Antonio Fernández, de Ribadeo, poseedor de la papeleta número 515 es el ganador del premio de 50 euros, que fue recogido en las instalaciones de Acisa por su hermana.
Y Carmen Rivero, de A Pontenova, es la poseedora de la papeleta número 812, dotada de un premio de 50 euros.
El tercer...
leer más












