Burela
A Concellería de Mar organiza unha conferencia sobre a vixilancia na franxa litoral durante o século XVIII, que terá lugar o vindeiro día 23 deste mes.
Esta charla, titulada Os postos de vixilancia na Galicia Cantábrica, Século XVIII, será ofrecida por José María Leal Bóveda e celebrarase no Salón de Conferencias (antiga Biblioteca) ás 18:00 horas.
José María Leal é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Oviedo, doutor en Xeografía pola USC, máster en Xestión do Patrimonio Cultural e membro de numerosos colectivos. Entre as moitas publicacións das que é autor figuran: Hórreos, molinos y fuentes de la tierra de Viveiro, As construcións do ciclo do pan na Mariña de Lugo e O hórreo na Mariña de Lugo. Proposta para a súa catalogación, restauración e posta en valor. O caso de Foz.
A Concellería de Cultura programa para este fin de semana o rastrillo popular solidario, que terá lugar o domingo, 11 de febreiro, na Praza da Mariña dende as 10:00 horas. Esa xornada pola tarde terá lugar o Desfile de Entroido a partires das 17:00 horas, no que se repartirán 4.000 euros en premios. Ademais o concelleiro de Cultura, José Díaz, lembra que xa están á venda, dende o pasado luns as entradas para o monólogo que Luís Zahera presentará en Burela o 16 de febreiro.
O edil burelés dixo que “ya están a la venta desde el lunes las entradas para el monólogo de Luís Zahera que tendremos el próximo 16 de febrero en el auditorio a las nueve de la noche. El monólogo se titula Chungo y Luís Zahera es un actor conocido por todos a nivel de Galicia, pero también ha hecho muchas cosas a nivel de España con participación en series y películas,...
leer másAta o 16 de febreiro estará aberta ao público na Casa da Cultura de Burela a exposición cos traballos realizados nos cursos de tempo libre do Centro de Información ás Mulleres. O horario de visita de luns a venres será de 11 a 13 horas e de 17:30 a 19:30 horas.
Á inaguración da mostra, que tivo lugar na xornada de onte, asistiron a concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, e o alcalde, Alfredo Llano, que subliñou que "se trata de traballos de moita calidade. Merece moito a pena velos. Animo a todo o mundo a que se achegue pola Casa da Cultura ao longo dos vindeiros días para ver o resultado dos cursos de tempo de libre do CIM".
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, destaca o interese deportivo e turístico que terá para A Mariña a celebración do Campionato de España de Seleccións Sub17 de Fútbol Sala Feminino, que se disputará en Burela, Foz e Viveiro do 7 ao 11 de febreiro. Hoxe tivo lugar a presentación deste evento deportivo no salón de pleno do Concello burelés.
Fernández Rey contou que “tivemos a presentación no salón de plenos do Concello de Burela do Campionato de España Feminino Sub17 de Fútbol Sala Feminio. Queremos agradecer, en primeiro lugar, á Federación Galega de Fútbol que se acordara de Burela para este tipo de competicións, que para min, como concelleiro de Deportes, e para o equipo de goberno son prioritarias, sobre todo as competicións de deporte base, como é este caso. O ano pasado xa apostamos polo campionato de baloncesto. E máis...
leer másO programa de Entroido organizado polo Concello de Burela desenvolverase dende 11 ata o 14 de febreiro.
O domingo, día 11, será o Día do Desfile que dará comezo ás 17:00 horas con saída dende a rúa do Ril. As inscricións para participar poden realizarse na Casa da Xuventude, por correo electrónico en acasadaxuventude@burela.org, no local social da S.C.R. Ledicia sito na rúa do Ril número 4 ou o propio día do desfile entre as 16:00 e as 16:45 horas.
Ao remate do desfile, na carpa instalada na Praza do Concello, haberá unha chocolatada coa actuación dun dj e procederase á entrega de premios.
Os premios na categoría de Carrozas serán de 500 euros para o primeiro e 250€ para o segundo, ao igual que nas modalidades de Charangas e Comparsas. Na...
leer másBurela participará en Xantar 2018, a Feira Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, subliñou que Burela estará presente cun stand no que se promocionarán tanto o bonito e outros produtos da pesca como o Barco Museo, as praias e as rutas xeolóxicas.
O edil burelés dixo que “desde a Delegación de Turismo do Concello de Burela queremos anunciar que imos ter presenza un ano máis na feira gastronómica Xantar. Seguimos apostando por este tipo de feiras que entendemos que son positivas para a promoción tanto dos nosos produtos pesqueiros como da nosa imaxe de pobo”.
O concelleiro de Turismo explicou que “imos ter presenza alí cun stand onde imos contar coa colaboración neste caso de Conservas Ares, que nos vai...
leer másA Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza o sábado, 3 de febreiro, a Ruta das Xanas por Quirós, en Asturias.
A saída será ás 8:30 horas da Estación de Autobuses de Burela, e a ruta ten 8 quilómetros de percorrido cunha dificultade baixa segundo informa a organización.
O prezo para os socios é 20 euros e 25 para os non socios, e inclúe autobús, comida e seguro.
Para poder participar é imprescindible anotarse en Gráfica Arfe ou no número de teléfono 982 580 504, antes do 1 de febreiro ás 20:00 horas.
O vindeiro luns, 29 de xaneiro, de 8:30 a 14:00 horas terá lugar na biblioteca do IES Perdouro de Burela a segunda edición do ciclo de conferencias de imaxe Persoal. Esta ano o II Congreso de Imaxe Persoal leva por título "Adaptándose ao presente e ao futuro". Os contidos deste congreso están deseñados para o alumnado, profesorado de Imaxe persoal e para as empresas colaboradoras nos programas de FCT.
O Dr. Salvador Ramos Rey, Director médico de Spa Loida (A Coruña), abrirá o congreso cunha conferencia titulada "O impacto do cancro na imaxe persoal". Tratará o impacto socio-sanitario do cancro na sociedade actual. Falará da atención na imaxe persoal dos pacientes en relación ás secuelas que provocan os tratamentos oncolóxicos desta enfermidade.
A segunda conferencia "Cirurxía de trasplante de cabelo" coa técnica FUE será impartida por...
O Entroido burelés repartirá un total de 3.810 euros en premios, unha cifra que se incrementa de xeito considerable respecto á do ano pasado. Como novidade establécense dúas novas categorías: charangas e comparsas. A gañadora de cada modalidade recibirá 500 euros como premio e as segundas 250 euros. A carroza gañadora tamén obterá un premio de 500 euros e o grupo de adultos que resulte gañador 300 euros.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, manifestou que “tenemos ya unas líneas de trabajo elaboradas desde el Concello de lo que sería nuestra planificación para este Entroido de 2018 donde quisimos hacer un par de cambios, siempre basándonos en experiencias de años anteriores intentamos mejorar las cosas que se puedan”.
Díaz anunciou: “dos novedades importantes creo son por un lado el aumento de la cuantía de los...
leer más