Burela
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, fai unha valoración moi positiva da elección de Burela como sede da Supercopa de España de fútbol sala feminino, que terá lugar os días 28 e 29 de xaneiro de 2023. Para o edil esta decisión da Federación Española de Fútbol ven recoñecer o traballo realizado polo club e polo Concello e considera que terá unha repercusión importante no comercio e na hostalería de Burela e tamén noutros puntos da Mariña.
Fernández Rey explicou que “antonte recibimos a noticia desde a Federación Española de Fútbol de que vamos ter a posibilidade de acoller aquí a Supercopa de España feminina. É algo que vén recoñecer todas as actividades que levamos feito aquí e as competicións que levamos organizadas coa Federación Española de Fútbol, que xa foron varias, e vén referendar que a Federación aposta por Burela unha...
leer másTeatro, exposición, obradoiro e musical infantís e concertos conforman a proposta cultural do Concello de Burela do 3 de decembro ao 14 de xaneiro. O concelleiro de Cultura, José Díaz, agarda que se xeren moitas vendas no comercio local, “movemento e moita ilusión” para o 2023.
O edil burelés contou que “desde a Delegación de Cultura queremos presentar a programación de Nadal. Tivemos unha reunión con comerciantes de Burela e coordinamos algunhas actuacións con eles para potenciar o comercio local, que é moi importante agora mesmo. Eles van facer o sorteo dunha viaxe entre os clientes que fagan as súas compras nos comercios da vila”.
Díaz explicou que “este mesmo sábado, 3 de decembro, teremos ao grupo de teatro de Viveiro Andanzas, que o fan moi ben e que presentará Baile de huesos, ás oito e media e con entrada...
leer másA Feira Náutico Pesqueira Expomar 2023 será presentada en Madrid o 19 de xaneiro. Será nun acto na Casa de Galicia no que haberá unha recepción e unha degustación, segundo anunciou esta mañá o alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano.
O rexedor manifestou que “hai unha cuestión agora mesmo que nos preocupa moitísimo, que é a situación da pesca en xeral. Entón nosoutros consideramos que a actividade náutico pesqueira ten que manterse porque ten un peso específico na economía, na sociedade, na cultura, … Polo tanto queremos que esa pesca perdure, de maneira sostible loxicamente, pero ten que ser unha actividade con garantía de supervivencia, de manterse no futuro constantemente para ter unha alimentación sa e da mellor calidade; pescada ademais dunha maneira coidadosa para que chegue a porto cunha calidade total...
leer másDo 5 ao 30 de decembro poderase visitar na Sala de Arte da Casa da Cultura, en Burela, "Creaturas", unha exposición de acuarelas da pintora burelá Mercedes Maseda Pernas.
Trátase dunha mostra de variados motivos na que se poden atopar dende casas a animais pasando por retratos, como o de Frida kahlo e Benedicta Sánchez ou paisaxes da zona.
A autora inspírase principalmente na natureza e nas súas raíces ligadas a Galicia.
Haberá sorpresas, photocall e ata un concurso para a xente que se achegue a vela.
A inauguración terá lugar o 5 de decembro ás 18:00 horas.
O grupo de Teatro Andanzas de Viveiro representará o 3 de decembro ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Burela a obra "Baile de Huesos" de Elena Belmonte, autora que obtivo o Premio Lázaro Carreter de Literatura Dramática 2010 con esta obra.
Trátase dunha comedia dramática e tenra á vez que apela á emoción e á esperanza, cuxo obxecto final é unha invitación á reflexión sobre os valores da nosa existencia. É a historia de catro personaxes que viven de costas aos seus soños e á súa realidade, esmagados por unha montaña de frustracións, detidos nun espazo-tempo baleiro e que esperan a chegada da morte, mentres discuten nunha situación inevitable como persoas que desexan vivir ou que desexan morrer. Cando chega a morte, resulta ser unha personaxe á que lle encanta a vida, é moi diferente ao que supoñemos e resulta ser afable e cordial e ata...
leer másMircromina Teatro de Títeres estará este sábado, 19 de novembro, en Burela dentro do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e coa colaboración do Concello de Burela. Será ás 18 horas no auditorio da Casa da Cultura con entrada de balde. Trátase dunha función dirixida ao público familiar.
43º Latitude Norte é un espectáculo de títeres en 3 actos, con 3 técnicas distintas + 1 presentador.
O Camiño está cheo de aventuras incribles e fascinantes personaxes para os que deciden emprendelo.
Unha viaxe polo Camiño Norte
É un espectáculo no que o Camiñante descubre o loubican Raio no medio do monte e convértense en compañeiros inseparables. Máis adiante atópase con Antolín o bailarín e conforman o dúo tradicional con máis ritmo da historia. E cando por fin...
Este domingo, 20 de novembro, celebrarase a segunda das 4 etapas do “Camiño Gastronómico do Mar 2022”, que organiza a Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela en colaboración coa Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela.
Unha vez superada a primeira etapa, que uniu Ribadeo e Barreiros o pasado domingo, esta semana celébrase a segunda etapa do “Camiño Gastronómico do Mar 2022”, que durante catro fins de semana está a percorrer os oito concellos da costa lucense polos que pasa o Camiño do Mar, visitando cada domingo dous deles.
Para participar en cada etapa é necesario inscribirse antes de cada xoves na web da asociación (https://www.asocaminodelmar.com/acciones/camino-gastronomico). Para esta...
leer másXa están á venda as entradas para o musical La gran aventura de los Reyes Magos, que chegará a Burela o 29 de decembro, segundo anunciou esta mañá o concelleiro de Cultura, José Díaz.
O edil burelés dixo: “desde la Delegación de Cultura del Concello de Burela queremos anunciar que vamos a tener un musical el 29 de diciembre, en plenas fechas navideñas. Se titula La gran aventura de los Reyes Magos, de La Gran Belleza Producciones, que ya nos trajeron aquí otros musicales, como por ejemplo el de Coco, que tanta calidad y tan buena acogida tuvieron. Así que estamos seguros de que este también tendrá esa calidad que tanto valoramos en todos los eventos que celebramos en el auditorio de Burela”.
Díaz explicou que “están las entradas ya a la venta. En los grupos de whatsapp de Cultura y también en el facebook de la...
leer másMañá sábado, 12 de novembro, o Pavillón Vista Alegre de Burela será testigo dun día de futbol sala ao completo. Pola mañá, ás 11.30 horas celebrarase o encontro de 8ª Xornada de Primeira División Feminina de Futbol Sala, CD Burela FS - AD. Alcorcón FSF, que será retransmitido por Vuvuzela.
Pola tarde disputarase o encontro CD Burela FS - FC Barcelona B, 9ª Xornada de Segunda División Masculina de Fútbol Sala, ás 18.30 horas. Este partido será retransmitido a través da RFEF.
O vindeiro venres, 11 de novembro, terá lugar no salón de plenos do Concello de Burela a entrega dos premios aos gañadores de Musicarte 2022, segundo deu a coñecer esta mañá o concelleiro de Cultura, José Díaz.
O edil burelés contou que “la Delegación de Cultura de Burela anuncia que este viernes a las ocho de la tarde en el salón de plenos del Concello vamos a hacer entrega de los premios de Musicarte 2022 a las escuelas de música y a los adultos no profesionales que resultaron ganadores tras la decisión del jurado de este año, que estuvo presidido, una vez más, por la actriz mariñana Estíbaliz Veiga”.
Díaz convida a asistir a ese acto: “invitar a quien se quiera acercar para ver a los ganadores de este certamen; pueden acceder sin ningún problema al salón de plenos del Concello este viernes a las ocho de la...
leer más