Burela
O vindeiro sábado, 12 de novembro, terá lugar en Burela a sétima Festa da Castaña. Haberá obradoiro infantil de confección de zonchos e chapas, contacontos, música tradicional e sorteo de agasallos, entre outras actividades, segundo deu a coñecer este mediodía o concelleiro de Cultura, José Díaz.
O edil burelés dixo que “dende a Delegación de Cultura queremos recordarvos que esta fin de semana temos o sábado 12 outra nova edición da Festa da Castaña, que sempre celebramos nestes primeiros días de novembro. Será a sétima edición xa: empezamos a facela no ano 2015 e só se parou no 2020, pola pandemia. Ven cargada de actividades, penso que todas elas moi do gusto sobre todo dos máis peques porque empezará cun taller de confección de zonchos, que son unha especie de colares feitos con castañas que antigamente elaboraban os máis pequenos nas...
leer másA asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza o vindeiro domingo, 6 de novembro, a ruta pola Fontaneira, en Baleira. Segundo explican “trátase dunha ruta moi bonita e asequible para todo o mundo. Esperamos contar contigo”.
Son 11 quilómetros a través dun treito de dificultade media. O prezo para os socios será de 25 euros e para os non socios de 30 euros. Para poder asistir é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben nos teléfonos: 982 580 504 e 657 82 11 94 antes do 3 de novembro.
A Delegación de Igualdade e Muller e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Burela anuncian o programa de actividades que se desenvolverá ao redor do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
O Concello dá continuidade un ano máis ao Concurso de Microrrelatos “25 de novembro”, que cumpre xa a súa décimo quinta edición. Haberá dúas categorías, unha para menores de 18 anos e outra para persoas de 18 en adiante. Pódense consultar as bases na sede electrónica do concello, no Taboleiro de Anuncios, accedendo a través da web municipal burela.org. O prazo de presentación remata o 18 de novembro ás 15 horas.
Tamén haberá actividades destinadas á información e concienciación social, como a campaña da Xunta de Galicia Agresión OFF, que pretende sensibilizar sobre...
leer másAcademia A Mariña impartirá nuevos cursos de bienestar animal y de aplicador de productos fitosanitarios. Esta formación dará comienzo el próximo mes de noviembre.
Las personas interesadas en reservar plaza pueden hacerlo a través del siguiente número de teléfono: 982 58 50 98.
La directora de Academia A Mariña, Becky Hermida, anima “a inscribirse y a formarse con nosotros. Cuantos más estemos formados más posibilidades tendremos de acceder al mercado laboral y de mejorar nuestras condiciones”.
O Centro de Información á Muller (CIM) e a Delegación de Muller e Igualdade do Concello de Burela organizan a I Andaina Solidaria contra a Violencia de Xénero, en colaboración coa Asociación “Pasada das Cabras” e o Grupo de Participación Xuvenil.
A iniciativa solidaria terá lugar o domingo 20 de novembro ás 10 da mañá, realizando un percorrido de 7 quilómetros con saída e chegada na Praza do Concello de Burela.
Poderase colaborar aportando un quilo/litro de alimento non perecedoiro ou ben produtos de hixiene que se recollerán o propio día da andaina.
A concelleira de Muller e Igualdade, Mª Noelia Ben, convidou a toda a veciñanza a participar para “rexeitar a violencia de xénero na nosa sociedade e sumar esforzos en favor da igualdade entre os sexos e a non discriminación ás nenas e ás...
leer másO vindeiro sábado, 29 de outubro, seguirá A Mariña en Ruta cunha andaina por Burela, de asentamento castrexo a vila medieval, guiada por Lidia de la Fuente. Trátase dunha ruta peonil no centro urbano de Burela e á beira do mar, que lles permitirá aos participantes viaxar no tempo desde o seu orixe prehistórico ata converterse nun dos principais portos do Cantábrico.
O percorrido levaraos ata Cabo Burela, defensa natural para o antigo castro que escondeu durante séculos o impresionante Torques. E continuará ata a igrexa da Vila do Medio, onde as pinturas góticas son testemuña do pasado medieval dunha vila que se converteu nun dos principais portos pesqueiros do país.
A actividade do pasado sábado, que discorreu por Alfoz, estivo centrada na explotación aurífera. Ao longo da historia existen diferentes momentos nos...
leer másA Delegación de Cultura, Educación e Xuventude do Concello de Burela organiza a 7ª Festa da Castaña, que terá lugar na Praza da Mariña o 12 de novembro coa colaboración dos asadores da Sociedade Cultural Recreativa Ledicia, do BoasMigas, do Restaurante O Sargo, da A.C.M. Dámbara e da Acia Burela.
De 17:00 a 20:00 horas haberá un Obradoiro de Confección de Zonchos e Chapas. As inscricións poden facerse presencialmente na Oficina de Medio Ambiente sita na Antiga Praza de Abastos ou telefónicamente chamando ao 647 136673.
Ás 19:00 horas comezará o reparto de cornetes de castañas, bolos preñados e viño por 2'5 euros. Ás 19:30 horas o contacontos Anxo Moure representará o espectáculo "Un castiñeiro con botas. Unha árbore ven a vernos".
Ás 20:30 horas gozaremos de música tradicional a cargo...
leer másDesde a Escola de Música de Burela sinalan: “estamos moi contentos de recibir a Andrea Vilar López novamente na Escola Municipal de Música de Burela. Esta pianista, que durante un tempo formou parte do noso profesorado, ofrecerá o vindeiro martes, 25 de outubro, ás 18:00 horas un pequeno concerto para piano nas nosas instalacións sitas na Rúa do Cancelo número 1”.
E engaden que “neste concerto, que estará aberto ao público, interpretará pezas da Fantasía Op. 12 de Robert Schumann”.
O 6 de novembro ás 17:00 horas chegará á Casa da Cultura de Burela Hablemos de Bruno, o tributo musical da conmovedora e xenial película de Disney Encanto.
Este musical conta a historia de Mirabel e a súa fantástica familia, que viven nunha máxica casiña. Esta maxia dotou a cada membro da familia dun don único, desde a superforza ao poder de curar, a todos menos a Mirabel. Cando ela descobre que a maxia que lle rodea está en perigo e se reencontra co seu tío Bruno tratarán de ser a salvación da súa extraordinaria familia. Goza dunha magnífica e colorida posta en escena, ademais dos temas musicais cos que descubriremos os valores que representa cada membro da familia.
As entradas xa están á venda en https://bit.ly/3xefQxn