Burela
O 29 de abril a Casa da Cultura de Burela acollerá ás 21:00 horas a estrea de "Lara Hierro", un espectáculo multidisciplinar protagonizado por tres mulleres da xeración milenial.
Lara pon o movemento, Alma a voz e Pneuma a música para falar da fráxil situación do sector cultural e da crise emocional, social e medioambiental que estamos vivindo. As tres figuras que compoñen a peza navegan entre o mundo cotiá e un plano de ensoño onde os seus corpos e discursos se encontran.
"Lara Hierro" é unha chamada ao recoñecemento dos sentimentos de frustración, parálise e esgotamento provocados pola pandemia e a precariedade inherente á nosa xeración.
Un espectáculo de carácter poliédrico dirixido a un público adulto onde as ferramentas a través das que falan son a danza, a palabra, a música e a...
leer másA asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza unha ruta pola Fervenza do Belelle, en Neda, o 9 de abril.
A saída será ás 8:30 horas da estación de autobuses de Burela.
As persoas interesadas en participar deben anotarse antes do 7 de abril en Gráficas Arfe ou nos números de teléfono 982 580 504 e 657 821 194. O prezo para os socios é de 25 euros e 30€ para os non socios. Inclúe o autobús, a comida e o seguro.
A ruta ten unha lonxitude de 8 quilómetros e un nivel de dificultade baixa. A organización recomenda levar bastón e calzado axeitado e haberá que respectar en todo momento as normas de seguridade vixentes.
O vindeiro sábado, 2 de abril, ás 20:00 horas será representada na Casa da Cultura de Burela a obra teatral "As Alumnas". Culturactiva Producións chega a Burela con esta representación.
Trátase dun espectáculo dirixido a público adulto sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental da obra. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento.
"As Alumnas" busca facer un exercicio de reapropiación da realidade colectiva e individual, que se...
leer másAs festas patronais de Burela desenvolveranse do 3 ao 6 de xuño. A comisión organizadora comeza hoxe a pedir donativos polos negocios locais, segundo anunciou a concelleira de Festexos, Toñi Eijo.
A edil burelesa explicou que “a comisión de festas vai saír á rúa a pedir donativos polo comercio e pola hostalería para as festas de Burela, que serán os días 3, 4, 5 e 6 de xuño. Intentamos ter a colaboración máxima porque este ano non está a situación como cando fixéramos as últimas festas. Entón esperamos ter axuda tanto de comercio como de hostalería, pero tamén temos unha conta aberta en Abanca para que calquera particular que queira dar un donativo, aínda que sexan 2 euros, poida facelo; vennos todo xenial”.
Toñi Eijo dixo que “xa temos contratadas as orquestras, pero para o resto do programa contaremos co que se...
leer másO 14 de maio chegará a Burela o novo espectáculo de Cantajuego. A xira de 2022 denomínase Viva mi planeta. As entradas xa se poden mercar, segundo anunciou nesta xornada o concelleiro de Cultura, José Díaz.
O edil burelés adiantou que “el día 14 de mayo vamos a tener otro de esos musicales de nivel, de los que están pasando ya desde hace varios años por Burela porque siempre pretendemos traer calidad, la intención es acercar a zonas como ésta -donde no somos una gran ciudad con grandes posibilidades de cultura- eventos y espectáculos que suelen estar destinados a grandes auditorios. En este caso se trata de Cantajuego, el original, que suelen hacer gira por ciudades, de hecho en este 2022 tienen Madrid, Palencia, Avilés, Gran Canaria, Tenerife,… Todo son ciudades salvo algunas excepciones como es la de Burela. Conseguimos convencerles...
leer másPara celebrar o Día Mundial da Poesía o próximo luns, 21 de marzo, o escritor Pablo Trabadelo estará en Burela presentando os seus libros Navalla e Jaloffeim, primeiro para o alumnado do IES Monte Castelo e despois diante do público xeral na sala de usos múltiples do IES Monte Castelo ás 18:30 horas.
O cartel desta actividade foi realizado pola ilustradora Elena San Segundo.
Xa están á venda as entradas para asistir ao monólogo de Luis Zahera o 27 de marzo en Burela
O actor Luis Zahera, coñecido por papeis como Petróleo en "Mareas Vivas", Pertur en "Sin tetas no hay paraíso", Releches en "Celda 211" ou Ferro en "Vivir sin permiso", gañador dun Premio Goya en 2019 pola súa actuación no filme "El Reino" e que actualmente protagoniza a serie "Entrevías" xunto a José Coronado en Telecinco, visitará a Casa da Cultura de Burela o 27 de marzo ás 20:00 horas “para deleitarnos coa súa faceta máis cómica nun monólogo repleto de historias e histerias onde as risas están totalmente garantidas”, explican desde a Concellería de Cultura burelesa.
Entradas xa á venda en https://bit.ly/3B7WB9p
O 26 de marzo ás 20:30 horas Jouse García e Marcos Orsi da compañía teatral Malasombra Producións representarán o espectáculo para público adulto "SÓS" na Casa da Cultura de Burela.
Trátase dunha reflexión, por veces cómica e por veces máis dramática, sobre a vellez, sobre a convivencia e sobre a soidade que sofren moitas persoas maiores nos seus últimos anos de vida.
“SÓS” conta a historia de Rodrigo e Marcelino, dous homes octoxenarios que se ven obrigados polas circunstancias a compartir piso. Os dous anciáns non se coñecen previamente, os dous teñen un carácter totalmente diferente, levaron vidas diferentes e teñen costumes e hábitos absolutamente diferentes polo que a súa convivencia non vai ser fácil. Aínda que non lles vai quedar máis remedio que aprender a tolerarse porque a pesar de que hai moitas cousas...
leer másEsta semana, os días 10, 11 e 12 de marzo, celébrase nos comercios locais de Burela o ‘Choios Weekend’, no que se a clientela poderá atopar os mellores produtos e artigos da tempada a uns prezos irresistibles.
Esta nova iniciativa ten como principal obxectivo impulsar e dinamizar as compras nos establecementos de proximidade da vila coincidindo co fin de tempada e da época de rebaixas. Unha oportunidade única para mercar os produtos de todo tipo de gran calidade a bos prezos, grazas aos amplos descontos que durante estes catro días van ofertar as tendas que participan neste ‘Choios Weekend’.
Os 32 comercios participantes nesta campaña de grandes son: Alain Afflelou, Atmosfera Sport, Belle Epoque, Calzados Tomás, Caroa Moda, Celebra o teu día, Chamorro Hombre, Coco&Jatay, Don Zapato, El Bazar de Tere, El...
leer másO musical De ellos aprendí chega este domingo, 13 de marzo, ao auditorio municipal de Burela.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “este domingo, 13 de marzo, a las seis de la tarde vamos a tener en el auditorio municipal de Burela un nuevo musical infantil, destinado a los más pequeños y a las familias, por supuesto. Se llama De ellos aprendí y es una especie de homenaje a muchos de los personajes Disney, todos fusionados en un musical con un argumento que los une a todos y que hace recordar a estos personajes que niños y otros que no son tan niños, e incluso papás, tienen en su memoria porque son personajes de La Sirenita, El Rey León, Frozen, Aladdín, Rapunzel o La Bella y la Bestia; todos van apareciendo en escena”.
O edil burelés engadiu: “yo tuve la oportunidad de verlo antes de traerlo aquí, a...
leer más