Burela
Su calendario 2022 mantiene la apuesta de los últimos años promocionando el consumo de pescado con 12 mensajes saludables de la Fundación Dieta Atlántica junto a otras tantas especies de la lonja de Burela.
Después de la “Fórmula de la Felicidad” en 2021, este año la OPP-7 Organización de Productores Pesqueros del Puerto de Burela declara su “Amor Al Mar” como continuidad a la campaña “Cuando zarpa el Amor” de promoción de la “Merluza de Burela” que se había lanzado en los últimos meses proclamando el amor al mar, a la tradición pesquera y al sabor de los productos del mar.
La OPP del Puerto de Burela presenta su nuevo Calendario 2022, en el que se vuelve a promocionar el consumo de pescado como una de las bases fundamentales de una vida saludable, acompañando cada mes con la imagen de una de las principales...
leer másA asociación cultural Fanto Fantini anuncia: “pensamos en facer o Osa do Mar 2022 no metaverso e con hologramas para axustar o presuposto pero ao final decidimos intentar facer un festival dos de contacto. E para iso necesitamos da vosa axuda, somos unha entidade sen ánimo de lucro e si queremos facer a oitava edición temos que comezar a buscar financiamento debaixo das pedras. Por iso recorremos a esta campaña de captación de fondos vendendo por adiantado a entrada, camiseta e bolso”. A oitava edición do festival Osa do Mar será os días 2 e 3 de setembro en Burela.
Os organizadores engaden: “somos un festival pequeno, que preparamos desde a Asociación Cultural Fanto Fantini cada ano con moita ilusión. Prometemos traballar nun cartel variado e de calidade como até o de agora. Moi pronto poderemos comezar a confirmar bandas. Intentaremos...
leer másMañá mércores, 5 de xaneiro, ás 19:00 horas as súas Maxestades de Oriente sairán ao balcón da Casa Consistorial de Burela para saudar a todos os nenos e nenas que acudan á Praza do Concello.
Dadas as circunstancias sanitarias e seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia o Concello de Burela e a Sociedade Cultural Recreativa Ledicia “decidimos cancelar por precaución a tradicional cabalgata dos Reis Magos polas rúas da nosa vila”.
A Biblioteca Pública Municipal de Burela acaba de fallar o Certame de Postais de Nadal. Os premios serán entregados en vindeiras datas na Sala de Arte da Casa da Cultura. A exposición de todas as postais presentadas ao Certame pode visitarse en horario, de luns a venres de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas ata o vindeiro 21 de xaneiro na Sala de Arte da Casa da Cultura .
Os gañadores, desta edición do Certame, foron os seguintes :
+ EDUCACIÓN INFANTIL:
-1º Premio: ALDARA NIÑEZ GÓMEZ (4 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
-2º Premio: LEO ÁLVAREZ PERNAS (3 anos) CEIP VIRXE DO CARME.
-3º Premio: MARTINA MASEDA GARCÍA (5 anos) CEIP VIXE DO CARME.
+1º e 2º de PRIMARIA:
-1º Premio: PEDRO COCIÑA LESTAO (6 anos) CEIP VIRXE DO CARME.
-2º Premio: BELLA VALENTINA QUIROZ HUAMAN ( 7 anos) CEIP VIRXE DO CARME.
-3º Premio: MARÍA QUINTANA...
O padroado da Fundación Expomar mantivo un encontro nas últimas horas co obxectivo de aprobar o plan de actuación para 2022. As Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial terán lugar os días 19 e 20 de maio, segundo deu a coñecer o alcalde de Burela, Alfredo Llano. A Fundación Expomar, que contará cun orzamento de 80.000 euros en 2022, tentará recuperar a celebración de Produart (feira de produtos artesanais e ecolóxicos).
Llano contou que “onte tivemos unha reunión ordinaria do Padroado da Fundación Expomar para aprobar o plan de actuacións para o próximo ano. Para o 2022 non toca facer a feira exposición, pero si as xornadas técnicas e o encontro empresarial, que fixamos en principio para os días 19 e 20 de maio. O 19 serían as xornadas técnicas, que, segundo as necesidades e os temas que queiramos tratar, poderán ser pola mañá e pola...
leer másDesde a Concellería de Cultura de Burela sinalaron: “lamentamos comunicar que a xira de El Regreso de Scar, musical tributo a El Rey León 2, quedou suspendido polo positivo en covid-19 de dous integrantes do Ballet Internacional de Senegal. No caso de Burela é un adiamento e xa temos nova data. Será o 7 de maio”.
E engaden que “nos próximos días a plataforma woutick poñerase en contacto vía e-mail coas persoas que xa tiñades comprada a entrada para preguntarvos a opción que desexades: a devolución do importe da entrada a través da mesma canle pola que foi adquirida ou conservar dita entrada para a nova...
leer másO alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz, mantiveron unha reunión coa cronista oficial, Herminia Pernas, e con Paco Salgueiro, autor do vídeo documental Lembranzas do Nadal de Burela, que se vai proxectar no auditorio municipal o día 3 de xaneiro ás 20 horas.
O edil burelés explicou que “é un traballo audiovisual que recompila información desde os anos 40 de cómo era o Nadal en Burela, con imaxes e con declaracións de veciños”.
A Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela acolle unha exposición de postais de Nadal ata o 21 de xaneiro.
A mostra pode visitarse de luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.
É unha iniciativa da Biblioteca Pública Municipal e da Delegación de Cultura do Concello de Burela.
La Organización de Productores Pesqueros de Lugo y Armadores de Burela vuelven a lanzar en estas fechas de Navidad su ya clásica acción social “Mar de Solidaridad”, a través de la cual se distribuirán este año más de mil trescientas raciones de “Merluza del Pincho de Burela” entre más de mil cien personas de A Mariña Lucense repartidas en diferentes colectivos.
Este “Mar de Solidaridad” del Puerto de Burela consiste en una acción social a nivel local, dirigida a las familias más necesitadas de Burela; y otra a nivel comarcal, con el ya tradicional reparto de pescado entre los centros de mayores del norte de Lugo.
A través de Mujeres en Igualdad Provincia de Lugo se distribuirán desde este jueves 23 de diciembre 470 raciones de merluza del pincho entre las familias más necesitadas de Burela: 105 unidades familiares que agrupan a 304 personas atendidas...
leer másA compañía Spaguetti Títeres presenta Historias para unha man, dentro do ciclo Monicreques, organizado pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo e a Concellería de Cultura de Burela.
A representación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura este xoves, 23 de decembro, ás 18:00 horas. A obra está destinada a todos os públicos e a entrada é libre ata completar aforo.
Trátase dun espectáculo sen palabras, composto de catro pezas da vida cotiá: o soño, a pingueira, historias con frores e o impo, todas elas conducidas polas mans que poñen e quitan do escenario pois estas son a ialma dos títeres.