Burela
A Casa do Concello de Burela acollerá este xoves, día 10 de abril, ás 16:00 horas unha sesión temática sobre a Rede de Turismo Pesqueiro de España, un evento dirixido a todos os actores do sector pesqueiro, náutico, hostaleiro e turístico. A sesión terá como obxectivo dar a coñecer as actividades, obxectivos e funcionamento desta rede, que busca promover e valorar o patrimonio cultural e pesqueiro das zonas costeiras do país.
A xornada dará comezo coa apertura institucional, a cargo de Carmela López Moreno, presidenta da Fundación Expomar; e José Manuel González López, xerente da Fundación Expomar. A continuación, o concelleiro de Mar e Turismo de Burela, Ramiro Fernández Rey, presentará a Rede de Turismo Pesqueiro, detallando os beneficios de adherirse á mesma e explicando o funcionamento das actividades que levan a cabo para fomentar o...
leer másA exposición Xeración Líder está instalada na Praza do Concello de Burela e poderá visitarse ata o día 22 de abril.
O Concello de Burela anuncia que é “un percorrido visual por 1.000 publicacións de Líder, o suplemento da Voz de Galicia que leva case 20 anos recollendo a paixón polo deporte base lucense. Poderás visitala durante os vindeiros 15 días e descubrir as portadas máis icónicas, reivindicativas e emotivas do fútbol e baloncesto base da provincia. Non perdas esta homenaxe ao esforzo e ilusión de toda unha xeración”.
A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará unha ruta de Loiba a Espasante, en Ortigueira, o sábado 12 de abril. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:30 horas desde a estación de autobuses de Burela.
É unha ruta de dificultade baixa, con 11 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.
As persoas que queiran participar deben anotarse antes do xoves 10 de abril.
O deputado provincial de Mocidade, Daniel García, participou este venres, 4 de abril, na presentación de Maraxes da Osa, un ciclo de concertos organizado por Fanto Fantini coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Burela.
Marilia Monzón, Mercedes Cañas, Yarea e Caamaño&Ameixeiras completan o cartel deste primeiro ciclo de concertos, que se celebrarán os meses de abril, maio e xuño no auditorio de Burela.
Daniel García augurou “éxito a esta nova iniciativa que ten o aval do traballo de Fanto Fantini co Osa do Mar e que segue ampliando a axenda da música en vivo en Burela e na Mariña" .
O acto contou coa participación de Carmela López, alcaldesa de Burela; Mario Pillado, tenente de alcaldesa; Lina Gómez, concelleira de Cultura, e membros da Fundación Eu Son, que colaboran na actividade de Fanto...
leer másA Sociedade Cultural Ledicia convoca concurso de carteis co gallo da celebración da XXXIX Feira do Bonito, que terá lugar os días 2 e 3 de agosto na zona portuaria de Burela.
A presidenta de Ledicia, Rocío Rivera Seara, explica que o colectivo “prepara varias actuacións para esta primavera e abre tamén o capítulo do verán, convocando o concurso de carteis para a XXXIX Feira do Bonito. Nesta ocasión adiantamos un pouco a convocatoria, coa intención de poder mellorar os prazos de traballo”.
Nas bases explícase: “convócase o concurso en dúas categorías, concursantes até 14 anos (incluídos) e concursantes maiores de 14 anos; poden participar tódalas persoas que o desexen, con un ou varios traballos que se entregarán sen asinar e acompañados dun sobre pechado cos seus datos no interior indicando no exterior a categoría...
leer másA Casa da Xuventude de Burela converterase nun espazo de creatividade musical os vindeiros 15 e 16 de abril cun Obradoiro de Produción Musical dirixido a mozos e mozas de 15 a 30 anos. A actividade, organizada pola Área de Mocidade do Concello de Burela, desenvolverase de forma gratuíta en horario de 10:00 a 13:00 horas.
O obradoiro estará impartido por Nuno Pico, coñecido artisticamente como Grande Amore, quen traballará coa mocidade para dar forma a un tema musical inspirado nos textos creados durante os Obradoiros de Escrita Creativa con Antía Yáñez.
“Nos Obradoiros de Escrita Creativa con Antía Yáñez saíu un texto no que os rapaces e as rapazas se expresaron acerca da nosa vila e agora Nuno Pico de Grande Amore recolle esa mensaxe e vai traballar nesas letras coa nosa mocidade para producir un tema que poida...
leer másA asociación comarcal Camiña organiza a Primeira Andaina Solidaria Camiñando Xuntos este domingo, día 6 de abril, en Burela. A saída será ás 11:00 horas desde a Praza do Concello e o percorrido irá ata a praia de Ril, ida e volta.
O prezo da inscrición é de 5 euros (destinados á Camiña) e pode facerse previamente en...
leer másA compañía Teatro do Noroeste representará a obra titulada Gloria Nacional en Burela o día 4 de abril, venres.
Está incluída dentro da programación cultural do Concello de Burela, que anuncia: “Teatro do Noroeste trae a historia dun escultor en crise creativa, reflexionando sobre arte, identidade e política. Un espectáculo cheo de humor e crítica social, interpretado polas actrices Luma Gómez e Manuela Varela e o actor Miguel Pernas”.
Esta representación, para público adulto, será na Casa da Cultura de Burela e o prezo das entradas é de 5 euros.
O Concello de Burela anuncia que durante a Semana Santa, os días 17 e 18 de abril, celebraranse bautizos de surf gratuítos na praia da Marosa, dentro do proxecto Ondas Limpas, financiado pola UE a través do FEMPA e xestionado polo GALP A Mariña - Ortegal. “Unha oportunidade para iniciarse no surf e concienciarse sobre o coidado do noso mar”, destacan.
As inscricións presenciais poderán facerse os días 1, 2 e 3 de abril na oficina de GAIA, que está Praza de Abastos de Burela.
A Sociedade Cultural Ledicia, de Burela, ten organizado para este domingo, día 30 de marzo, ás seis da tarde un festival infantil de baile e música tradicional, que se desenvolverá no auditorio da Casa da Cultura, aberto ao público e sen custe para as persoas asistentes.
Participarán grupos destes colectivos: Asociación Cultural Amado Lar, de Ferreira do Valadouro; Asociación Cultural Osorio Gutiérrez, de Lourenzá; e Sociedade Cultural Ledicia,de Burela.
A entidade organizadora explica que “este festival é o resultado do traballo de todo o outono inverno; e así como a natureza florece en primavera nós queremos aproveitar o momento e disfrutar do entusiasmo das novas xeracións que fan que mereza a pena cumprir 50 anos e máis, pois este futuro que xa é presente dá sentido a todo o noso pasado. Convidamos á veciñanza...
leer más