Burela

Etiquetas:
14/11/2019

La Compañía Nacional de Danza de Ucrania presentará en Burela el 25 de diciembre, Virsky. Se trata de un espectáculo lleno de virtuosismo, alegría y colorido, según explica Leonor Gago, la directora general de Concerlírica. Encima del escenario, en el pabellón Vista Alegre, estarán a partir de las siete de la tarde 60 bailarines. Más de 10 millones de personas han visto Virsky en todo el mundo desde su creación en el año 1937.

Leonor Gago cuenta que “ellos son el número uno. En España es la segunda vez que se presentan, la anterior fue hace quince años. Es danza, baile, folklore, virtuosismo, mucha alegría, mucho colorido, hay danzas muy espectaculares, con mucha precisión. Son sesenta bailarines y bailarinas con una particularidad que les distingue que es su maestría, su manera de ejecutar cada uno de los bailes que representan cada una...

leer más
13/11/2019

O teatro será o protagonista a vindeira fin de semana en Burela. O sábado 16 ás 20:30 horas o grupo Metátese Teatro, de Palas de Rei, porá en escena a obra Na procura dun traballo. O domingo 17 ás 18:00 horas Talía Teatro presentará en Burela o espectáculo para o público infantil e familiar Rosa, caramelo e outras historias. A entrada será libre e gratuíta en ambos casos.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “para este fin de semana en Burela temos, tanto o sábado como o domingo, dous eventos culturais neste caso de teatro. Un deles vai ser o sábado 16, que sería teatro para adultos. A partir das oito e media o grupo Metátese Teatro, que xa estivo noutras ocasións aquí en Burela, un grupo de  Palas de Rei e que representará a obra Na procura dun traballo. É dentro do programa Buxiganga, proxecto teatral afeccionado do ano 2019...

leer más
Etiquetas:
07/11/2019

Mañá, 8 de novembro, celebrarase a V Festa da Castaña organizada pola Concellería de Cultura e a asociación Asadores de Burela. A cita terá lugar na praza de abastos a partir das 19:00 horas.

O edil José Díaz explicou que “aínda que estaba previsto que a festa tivese lugar na praza da Mariña, debido á previsión de mal tempo que dan para mañá trasladamos a celebración á praza de abastos”. 

O programa dará comezo ás 17:00 horas cun obradoiro de confección de zonchos (colares de castañas) que se celebrará ata as 20:00 horas. A actividade estará dirixida para os máis pequenos e pequenas por monitoras do Centro Medioambiental Gaia.

Ás 19:00 horas comezará o reparto dos cornetes de castañas acompañadas de viño e bolos preñaos, ao prezo de 2 euros. A festa estará amenizada no apartado musical...

leer más
Etiquetas:
05/11/2019

O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz, asistiron onte á tarde  á apertura da XXVII exposición de fotografías do Club Imaxe de Burela na sala de arte da Casa da Cultura. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 27 de novembro. 

 

Etiquetas:
31/10/2019

Burela estará presente na vindeira Feira de Abril en Sevilla. Alí fará promoción turística. O Concello foi elixido para acudir a esta cita polo Lar Gallego da capital andaluza, segundo deu a coñecer hoxe o concelleiro Ramiro Fernández Rey. 

O edil de Turismo explicou que “fomos elixidos este ano para participar na Feira de Abril, de Sevilla, por unha invitación que nos fai o Lar Gallego de Sevilla para dedicar ao concello de Burela esta edición do evento no que se refire á súa caseta. A nosa participación vai consistir basicamente nunha promoción turística de Burela na Feira de Abril. A caseta do Lar Gallego vai estar decorada con fotos e pinturas de Burela”.

Fernández Rey dixo: “entendemos que é unha maneira estupenda de promocionar Burela e desde logo estamos agradecidos ao Lar Gallego por elixir a Burela para...

leer más
Etiquetas:
30/10/2019

O concelleiro de Cultura en Burela, José Díaz, anunciou que xa están á venta en ataquilla.com as entradas para asistir aos tres espectáculos dos que gozarán bureleses e mariñáns en decembro. O día 20 será o musical infantil Vaya Santa Claus, o día 25 terá lugar a actuación da Compañía Nacional de Danza de Ucrania e o 27 Manuel Manquiña chegará a Burela con Relatos Negros. Xan Carballal, director da Escola de Música de Burela, subliña a importancia da presenza na localidade da Compañía Nacional de Danza de Ucrania, xa que se trata dun grande espectáculo de música e danza a cargo dun dos mellores elencos do mundo. Por este motivo Carballal recoméndalle ao seu alumnado que se achegue a disfrutalo.

O edil de Cultura contou que “temos á venta en ataquilla.com entradas dispoñibles para ver a Manuel Manquiña o 27 de decembro ás oito da tarde. É...

leer más
Etiquetas:
29/10/2019

A axenda cultural do Concello de Burela para o mes de novembro inclúe teatro afeccionado para adultos e nenos, unha charla sobre alimentación saudable centrada na dieta atlántica, unha exposición fotográfica do club Imaxe de Burela e a V Festa da Castaña, que terá lugar o día 8 a partir das sete da tarde. Ademais de castañas, bebida e bolos preñados haberá sorteo de vales de compra da Acia local, a actuación de Ledicia e un obradoiro para os máis pequenos da man de Gaia.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “xa temos preparada a programación do mes de novembro en Burela. Todos os eventos que hai este mes son gratuítos porque imos ter bastante teatro afeccionado con grupos que xa estiveron aquí e outros que debutan”.

O edil subliñou: “me gustaría destacar a presenza de Adala Infantil, o grupo de teatro...

leer más
Etiquetas:
28/10/2019

El combinado nacional que dirige Clàudia Pons ya tiene cerrados dos nuevos compromisos internacionales. La Selección Española Femenina de Fútbol Sala jugará contra Japón en tierras gallegas, en Marín y Burela.

Ambos partidos amistosos se han fijado para el 10 y el 11 de diciembre. El primero de ellos tendrá lugar en el pabellón A Raña de la localidad pontevedresa de Marín. Ya el miércoles el duelo hispano-nipón se trasladará hasta la provincia de Lugo. La pista de Vista Alegre, en Burela, acogerá el segundo de los enfrentamientos.

Las actuales campeonas de Europa se han enfrentado a la selección japonesa en varias ocasiones. La última vez que ambos equipos se cruzaron en la pista fue hace cuatro años en el Torneo Mundial de Guatemala. Aquel 25 de noviembre de 2015, España consiguió imponerse a las asiáticas 5-2....

leer más
Etiquetas:
25/10/2019

O Concello de Burela inaugurará o alumeado de Nadal o día 5 de decembro. O alcalde, Alfredo Llano, explica que aínda que a empresa encargada colocará as luces durante o mes de novembro, non será ata o 5 de Nadal cando se proceda ao seu acendido.

O rexedor explicou que “este ano, falando coas empresas de iluminación do Nadal, xa marcamos cunha pouca antelación como fixemos o ano pasado, por razóns de tempo e de ocupación xa que teñen que atender moitos sitios as empresas que colocan as luces, acordaron comezar moito antes que outros anos  a colocalas aquí en Burela. Así que si se ve poñendo as luces de Nadal  é por razóns da empresa para poder realizar en todos os sitios en prazo todo o que teñen que montar”.

Alfredo Llano dixo que “este ano vaise acender o alumeado de Nadal en Burela o día 5 de decembro. É un día...

leer más
Etiquetas:
23/10/2019

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta de O Cádavo a Castroverde o vindeiro domingo, 27 de outubro.

A saída será ás 8:30 horas da estación de autobuses de Burela.

As persoas interesadas poden anotarse ata o xoves 24 ás 14:00 horas en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504.

O prezo é 25 euros para os socios e 30 euros para os non socios e inclúe o seguro e a comida nunha caseta da feira de Castroverde.

A organización informa que a ruta de 8 quilómetros ten un nivel de dificultade baixo.