A Área de Cultura da Deputación de Lugo colabora co "Mondoñedo é poesía 2016". Do 30 de abril ao 1 de maio haberá obradoiros de regueifas, de debuxo e de poesía.

A Área de Cultura da Deputación de Lugo colabora co "Mondoñedo é poesía 2016". Do 30 de abril ao 1 de maio haberá obradoiros de regueifas, de debuxo e de poesía.
 
O Delegado de Cultura presentou esta mañá no Museo de Lugo as actividades do “Mondoñedo é poesía 2016”. Xunto a el estiveron tamén María José Fernández, poeta da Pontenova e representante do colectivo A porta verde do sétimo andar, Antonio Reigosa, representante do colectivo “Mondoñedo é…” e cronista oficial do Concello de Mondoñedo, Miguel Souto, Presidente da Asociación Cultural As San Lucas, e Elena Candia, Alcaldesa de Mondoñedo.
 
“Mondoñedo é poesía”, que terá lugar os vindeiros 30 de abril e 1 de maio, é unha actividade cultural enmarcada na programación das tradicionais Feiras e Festas das Quendas, que se celebran desde 1541 (hai 475 anos) en Mondoñedo, cidade creativa e cultural, capital galega da poesía.
 
Nesta terceira edición convoca, como nas anteriores, a numerosos autores e autoras (escritores, músicos, debuxantes, libreiros, críticos …) que en diferentes rúas, prazas e espazos culturais da cidade de Mondoñedo ofrecerán as súas creacións ao longo das xornadas 30 de abril e 1 de maio.
 
“Mondoñedo é poesía 2016” incrementa nesta edición as actividades complementarias, nesta ocasión coa celebración dunha Expo-libro, exposicións, e obradoiros que culminarán o domingo, 1 de maio, cun recital poético-musical.
 
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
 
OBRADOIRO DE REGUEIFAS, a cargo de Josiño da Teixeira. En colaboración coa Área de Cultura da Deputación de Lugo e a Tradescola de Lugo.
O luns, 25 de abril desenvolveranse dúas sesións, unha no IES “San Rosendo” e outra no CEIP “Álvaro Cunqueiro”
 
DEBUXANDO MONDOÑEDO (SKETCHCRAWL GALICIA, 2ª edición). Sábado, 30 de abril (de 11:00 a 19.00 h.)
Debuxantes e pintores cítanse nunha quedada en Mondoñedo. Percorreran as rúas tomando apuntes da cidade e das xentes ao vivo e que se difundirán a través das redes sociais. Ás 19:00 h. debuxantes escritores reuniranse na Escola da Música para unha posta en común das diferentes experiencias.
Lugar de cita ás 11:00 h. na Praza da Catedral.
 
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: “Mondoñedo sentimental (Vidas e paisaxes)”.
Fotografías evocadoras do pasado mindoniense.
Sábado, 30 de abril e domingo, 1 de maio, no Auditorio Municipal “Pascual Veiga” (visitas de 11:00 a 14.00 h., e de 16:00 a 21:30 h.)
 
EXPO-LIBRO MONDOÑEDO
Feira de libros. Sábado, 30 de abril e domingo, 1 de maio, na Praza Jaime Cabot (de 11:00 a 14.00 h. e de 16:00 a 20:30 h.)
No marco da Expo-Libro terán lugar numerosas presentacións de libros que comezarán o sábado cun pregón homenaxe á imprenta, a cargo de Antonio Reigosa.
A xornada do sábado dedicarase á presentación de títulos e autores mindonienses e mariñaos (Armando Requeixo, Maka Ledo, Pepe Peinó, Rita Morrigán, José Díaz, Paco Rivas, E. Cal Pardo, X. Ramón Fernández Pacios, Andrés García Doural e Isidro Fernández Villalba) e a do domingo a novidades 2016 coa presentación de títulos do colectivo “O sétimo andar da porta verde” con Mª José Fernández, Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro, Mª Xosé Lamas, Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa.
 
TENDAL DE POESÍA no Auditorio “Pascual Veiga”.
Instalación de traballos con poemas do alumnado dos centros escolares mindonienses.
Sábado, 30 de abril e domingo, 1 de maio, no Auditorio Municipal “Pascual Veiga” (visitas de 11:00 a 14.00 h., e de 16:00 a 21:30 h.)
 
MONDOÑEDO É POESÍA 2016
 
Domingo, 1 de maio
Nas rúas e prazas coa seguinte orde e horarios:
18:00 h.: Praza da Catedral, 18:30 h.: Praza da Concello e 19:00 h.: Praza Jaime Cabot.
Interveñen: Margarita Bermúdez, Mateo Buján, Martiño Maseda, Moncho García, Mª José Fernández, Raúl Costas, Xosé Ruíz Leivas, Antía Juncal e Coro “Mestre Pacheco”.
 
No Auditorio Municipal “Pascual Veiga
De 20:00 a 21.30 h.- Recital “Mondoñedo é poesía” no Auditorio Municipal “Pascual Veiga”. Interveñen músicos (César Morán, Carmen Rodríguez Lage e Coro “Mestre Pacheco”), e poetas (Darío Xohán Cabana, Antonio García Teijeiro, María Lado, Lucía Aldao, Martiño Maseda, Mª José Fernández, Mateo Buján, Raúl Costas, Antía Juncal e Xosé Artiaga).
Colofón: Homenaxe a Manuel Fernández de Castro, bispo de Mondoeñdo entre 1890 e 1905, e figura do rexurdimento da llingua asturiana ao cumprírense 110 anos do seu pasamento. Este acto contará co intervención do académico da Academia de la LLingu Asturiana. Xosé Ramón Iglesias Cueva.