Charlas
Nordés, a asociación polo desenvolvemento das Terras da Faladora, fiel ao seu compromiso coa recuperación da Memoria Histórica, organiza unha nova edición das Xornadas “Memoria dun Tempo” que incorpora algunhas novidades.
A primeira delas é que se incorpora Loiba, parroquia do concello de Ortigueira, como sede das Xornadas acompañando a O Vicedo e ao Barqueiro, onde se teñen celebrado a dúcia de edicións anteriores, sendo o local do Centro Social desa localidade o espazo escollido para acoller os actos que se celebrarán mércores 23 e venres 25 do corrente mes.
Para o primeiro destes días, é dicir, mércores 23 e ás 19:30 hras, contaremos coa presenza de Jesús Manuel García Díaz, Historiador e Director da UNED de Ourense, quen nos achegará no seu relatorio o que foi o proceso de “depuración” que o franquismo levou a...
leer másOrganizadas pola agrupación cultural Francisco Lanza as XXI Xornadas de Historia Local terán lugar os días 27 e 28 de xullo ás 20:30 horas no salón de actos da Casa da Música.
Xoves 27, ás 20,30
Charla informativa: Os usos do monte ao longo do s.XX
Xosé Antonio Meixide Fernández. Funcionario da Consellaría de Medio Rural.
Foi asesor na Dirección Xeral de Montes cando o goberno bipartito.
Venres 28, ás 20,30
Mesa redonda: Presente e futuro dos usos do monte.
Ana Cabana. Profesora de Historia no Campus de Lugo da USC.
Usos do monte e conflitividade social.
David Soto Fernández: Profesor de Historia Económica na USC.
Novas perspectivas nos usos do monte: o caso do Barbanza.
Anxo Martíns Pérez. Foi profesor de Administración de empresas no IES Porta da Auga....
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza na Casa da Cultura Poeta Manuel María, de Foz, unha nova edición das xornadas de historia de Foz. As conferencias celébranse entre 31 de xullo e 3 de agosto a partir de 20:30 horas.
O 31 de xullo ás 20:30 Antón Niñe falará do escultor Xosé Rivas e a súa relación con Foz e A Mariña.
O 1 de agosto ás 20:30 Alexandre Vigo falará de San Martiño, Mailoc e o mosteiro Maximum.
O 2 de agosto ás 20:30 Xavier Rivera disertará sobre a II Guerra Mundial na comarca da Mariña.
E o 3 de agosto ás 20:30 Alba Díaz falará de motíns e as revoltas na Mariña do século XIX.
Vivemar convida a tódolos colectivos da Mariña que teñan algún tipo de relación co mar e interese polo seu patrimonio a asistir ao encontro de traballo que terá lugar o vindeiro 22 de xullo en Foz.
O obxectivo fixado no anterior encontro foi avanzar na definición e realización dun Catálogo de recursos da Cultura marítima da Mariña e o Cantábrico galego, para o que se artellan tres mesas de traballo segundo a temática, unha para embarcacións, outra para o patrimonio construído e a outra para o inmaterial, é dicir, a memoria das persoas vivas que viviron do e para o mar.
Quen desexe inscribirse deberá cumplimentar o seguinte formulario
https://docs.google.com/forms/d/e/...
leer másO Foro Social da Mariña organiza unha mesa redonda sobre feminismo e inmigración en Viveiro. Será o 13 de xullo ás 20 horas na sala multiusos do Concello de Viveiro.
Nesta ocasión contarán coa presenza de con Lucía Oca González, antropóloga, docente e investigadora na USC, como moderadora da mesa redonda. Tamén, terá relatadoras especialistas en ambos temas como son Uxía Treitas Barrio, graduada en Belas Artes, do Observatorio da Mariña e Josehanna Ledesma, técnica de Accem no proxecto SINRACXEN (programa de sensibilización contra o racismo, a xenofobia e outras formas de intolerancia asociadas).
“Nestes tempos de medranza dos discursos de odio, do maniqueísmo e do populismo, no que se están a cuestionar de xeito despectivo e agresivo valores e dereitos”, declaran dende o Foro Social da Mariña. E insisten en que...
leer másO Foro Social da Mariña quere ser un lugar de encontro, de intercambio de experiencias e de debate sobre as necesidades sociais. É unha entidade cívica que traballa a prol dos valores democráticos e dos dereitos sociais.
A asociación constituíuse o 25 de novembro de 2022 e ficou inscrita no rexistro de asociacións o 15 de decembro. A partir desta data comezan as reunións e encontros destinados a programar actividades e actos acordes aos seus fins.
A directiva a integran desde o 25 de novembro as seguintes persoas: Xusto Fernández Haro ( Presidente ), Isabel Vilalba Seivane ( Vicepresidenta ), Manuel Parga Núñez ( Secretario ), Xosé Luís Fernández Rivera ( Tesoureiro ), e Carlos Nuevo Cal, Xosé Lois López Rábade, Antonio Villarino Rego e Xoel Geada Geada como vogais.
Na actualidade integran o Foro unhas 50...
leer másA agrupación Francisco Lanza, de Ribadeo, está a preparar unha charla coloquio sobre os medios de comunicación públicos galegos “e a súa necesaria neutralidade e profesionalidade. Convidamos ao Comité Intercentros da CRTVG para poder realizar tal charla coloquio e acordaron enviar uns representantes do mesmo para informarnos da situación das radio e televisión públicas galegas”, explican desde a organización.
O acto vaise realizar o vindeiro 5 de maio, na Casa do Viejo Pancho, ás 20:30 horas.
Con Francisco Lanza colabora o Concello de Ribadeo.
A Area de Igualdade do Concello de Ribadeo organiza un obradoiro gratuíto de Muller e Saúde en colaboración coa Escola Galega de Saúde. Será o 26 de abril.
A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, explica que “este obradoiro está dirixido especialmente ás mulleres para abordar o seu benestar específico ofrecendo información que permita mellorar e manter a súa saúde. O obradoiro terá lugar na Casa do Viejo Pancho o 26 de abril en horario de 16.30 a 20.30 horas”.
A edil ribadense indica que “os obxectivos do obradoiro pasan por mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller e previr enfermidades propias do colectivo feminino. Durante a xornada falarase de menopausia e osteoporose, prevención xinecolóxica, factores de risco, fisiopatoloxía, alimentación e exercicio”.
... leer másVaise desenvolver o venres, 24 de marzo, Ás 19.30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico. A charla vaina impartir María González Cociña.
María González Cociña, matrona burelense, formada en Barcelona no ano 2014. Acompaña ás mulleres ao longo da súa vida, dende a adolescencia á menopausia e é unha gran apaixonada so seu traballo.
Está formada en solo pelviano e coa súa charla pretende transmitir a importancia do coidado do mesmo, no día a día, para evitar e mellorar posibles molestias do presente ou do futuro, mellorando moito a calidade de vida.
Ela transmite que, ter perdas de ouriña, dor nas relacións sexuais ou infeccións recurrentes non é normal e ten solución.
A charla está aberta a todo o mundo en xeral que essté interesado neste tema.












