Eventos

Etiquetas:
05/08/2020

O Concello de Foz programa 16 actuacións de Cultura na rúa desde este venres ata o luns, día de San Lourenzo, que é festivo local.

Este venres, día 7, na avenida da Mariña ás 12:00 e ás 18:00 horas actuará o DJ Poppy García. Ás 21:00 horas na praza Conde de Fontao haberá un concerto do coro Tempus Fugit, de Viveiro. E ás 22:30 horas proxectarase a película Superlópez na parroquia de Cangas, concretamente na pista da festa.

O sábado 8 o grupo Muddy Doll actuará na praia da Rapadoira ás 13:00 horas e na praza Conde de Fontao ás 21:30 horas. E o DJ Poppy García estará na avenida da Mariña ás 12:00 e ás 18:00 horas.

O domingo, día 9, haberá dous concertos do grupo Música de sofá: ás 13:00 horas na praia da Rapadoira e ás 21:30 na praza Conde de Fontao. E ás 20:00 horas actuará a Banda de...

leer más
Etiquetas:
05/08/2020

A vindeira edición da Feira Náutico Pesqueira Expomar 2021 celebrarase do 19 ao 22 de maio. Será por primeira vez de mércores a sábado, por cuestións organizativas e prácticas, segundo explicou este mediodía o presidente da Fundación organizadora e alcalde de Burela, Alfredo Llano. 

Llano explicou que “tivemos unha reunión os responsables de Expomar porque hai que ir organizando xa a feira que corresponde ter para o ano que ven. Hai que ir dando os pasos para que iso sexa unha realidade e para procurar que todos os eventos que se fan en Galicia se complementen”.

O rexedor burelés e presidente da Fundación Expomar subliñou que “a proposta que fixemos hoxe para celebrar a Feira Náutico Pesqueira é os días 19, 20, 21 e 22 de maio de 2021, e paralelamente haberás as xornadas técnicas e o encontro empresarial”.

... leer más
Etiquetas:
04/08/2020

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango, presentaron o cartel anunciador da XXX edición da Festa da Faba, que se celebrará do 1 ao 3 de outubro de 2021.

O cartel é obra de Javier Antonio Marinas Garcia, veciño de Corvera (Asturias) que foi o gañador do concurso convocado polo Concello de Lourenzá para a edición deste ano 2020. Pero debido a que se suspendeu por mor da pandemia do Covid19, o Concello decidiu que este cartel quedase escollido xa para a edición do ano 2021.

 

Etiquetas:
03/08/2020
Hasta final de verano, los visitantes a la planta de producción de Cervo pueden completar las recién estrenadas Experiencias SARGADELOS con sendas visitas guiadas al Museo y a la Planta de Producción.
 
El pasado 18 de Julio arrancaban las Experiencias SARGADELOS, tras el éxito de estos días y ante la demanda del público, se retoman las visitas guiadas a la planta de producción, de esta manera el visitante hace un completo recorrido por  las entrañas de la firma .
 
Las Experiencias SARGADELOS tienen cuatro etapas:
Primera Etapa: Museo SARGADELOS
Segunda Etapa: Planta de Producción
Tercera Etapa: Galería SARGADELOS
Cuarta Etapa...
leer más
Etiquetas:
01/08/2020

O Concello de Viveiro, a través da Delegación de Cultura, presenta para este mes de agosto “De Ruada”. Trátase dun novo proxecto que aposta pola cultura e a música nas rúas e polo factor sorpresa como forma de evitar aglomeracións. 

Este proxecto pioneiro, cuxo slogan é “Cultura de rúa para a xente das rúas”, tivo que aprazarse no mes de xullo polo rebrote de coronavirus na comarca da Mariña. Agora, Viveiro retoma De Ruada durante os sábados de agosto, recorrendo as vías de Viveiro, Celeiro e Covas. Con este novo formato de pasarrúas,  preténdese que os veciños se atopen coa música por sorpresa nas rúas, garantindo así a distancia social. 

Desde a Concellería de Cultura víronse na obriga de facer un novo calendario e aprazar os espectáculos de gran formato, como a Romaría de Naseiro, para o ano que ven, pero...

leer más
Etiquetas:
31/07/2020

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense organiza unha serie de rutas en agosto e setembro para completar e diversificar a oferta do xeodestino ademais de axudar na reactivación da actividade turística. A Mariña en Ruta desenvolverase nunha primeira quenda os días 5, 10 e 12 de agosto. A iniciativa foi presentada este mediodía no Cenima en Foz. 

A Mariña Lucense é un enclave único, cunha ampla e diversa riqueza cultural e natural con 114 quilómetros de costa e 18 áreas protexidas. É o caso da Reserva da Biosfera Terras do Miño ou a do río Eo, Oscos e Terras de Burón que abarcan varios concellos da nosa comarca. Así como os Monumentos Naturais de As Catedrais e o Souto da Retorta, varias ZEC (Zonas de Especial Conservación), ZEPA (Zonas de Especial Protección para as Aves), Humedais de Importancia Internacional RAMSAR, espazos Rede...

leer más
Etiquetas:
31/07/2020

A Concellaría de Economía, Turismo e Desenvolvemento Local organiza seis percorridos guiados polo seu patrimonio natural e cultural, que se desenvolverán durante os meses de agosto e setembro.

Segundo explican desde Turismo: “dende o punto de vista natural darase unha ampla visión do importante patrimonio xeolóxico presente ao longo de todo o litoral, que vai dende o conxunto de arcos rochosos máis importantes da península ata a maior estrutura xeolóxica da Mariña lucense”. 

Deste xeito organízase a Xeoruta dos Pregues para descubrir o gran pregue que se estende dende a Ría de Foz á de Ribadeo e que terá lugar os días 11, 18 e 25 de agosto, e 1 e 10 de setembro, sendo o punto de encontro a área recreativa da Areosa (Piñeira). Trátase dunha das maiores estruturas xeolóxicas da Mariña lucense

... leer más
31/07/2020

Donapubli, agencia ribadense con más de 20 años de experiencia, ha presentado esta mañana Turisgalicia, la primera app de turismo, guía de ocio e información de A Mariña. 
Un proyecto muy ambicioso y con un amplio trabajo a sus espaldas, que surge tras detectar la necesidad de ofrecer una app integral que facilite y acerque a los usuarios los innumerables recursos que se encuentran en A Mariña. 

Turisgalicia recoge todos los elementos que se pueden esperar de una app turística de primer nivel: 
- los lugares de interés, playas y rutas de A Mariña. 
- una guía de ocio en un apartado específico de agenda de constante actualización que incluye todas las actividades de interés. 
- una selección de experiencias de turismo, deportes y ocio 
- una oficina virtual de turismo. 
- un apartado específico sobre el...

leer más
Etiquetas:
29/07/2020

O Concello de Burela reanuda o vindeiro martes, 4 de agosto, as súas Rutas Xeolóxicas e as visitas ao barco museo Reina del Carmen, que foron suspendidas cando se produciu o brote de COVID na comarca. E volven con límite de aforo: 20 persoas como máximo para as rutas e 8 para as visitas ao barco museo. 

O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, explicou que  “desde a Delegación de Turismo queremos anunciar que vamos a reactivar as actividades turísticas que tíñamos suspendidas polo rebrote que tivemos aquí na Mariña e máis concretamente en Burela. Con isto anunciamos que volvemos a retomar o que son as Rutas Xeolóxicas. Vaise empezar a facer a primeira deste ano o martes, 4 de agosto, e vai ser a ruta de O Perdouro. E teremos tamén rutas o dia 6 e o dia 8. O dia 6 temos a do Cantiño e o día 8 o da Marosa.”

...

leer más
Etiquetas:
29/07/2020

O Concello de Viveiro, xunto coa Comisión de Festas, adoptaron a decisión de suspender a celebración da Romaría do Naseiro considerando que é o mellor e o máis axeitado tendo en conta a situación orixinada polo COVID-19.

O Concello de Viveiro, ao non ser o organizador da festa, non podía suspender a súa celebración directamente, pero si tiña competencias para non autorizar a súa celebración. Polo momento non había nada tramitado, porque estaba todo falado e consensuado coa Comisión, á espera de valorar a evolución da situación e adoptar unha decisión ao respecto. 

O Concello de Viveiro presentará proximamente a programación alternativa que se deseñou para o mes de agosto, de acordo coas medidas e limitacións establecidas polas autoridades competentes e a nova normalidade. 

O Concello...

leer más