Eventos

Etiquetas:
29/10/2020

 A Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes do Concello de Xove abre o prazo para solicitar árbores froiteiras, árbores forestais autóctonas e plantas ornamentais.  Trátase dunha iniciativa que a Concellería ven desenvolvendo dende hai anos co fin de mellorar o medio natural e o entorno das vivendas. A esta iniciativa poden acudir todas as persoas que estean censadas en Xove.

Como novidade este ano, tamén se abre esta solicitude a tódolos propietarios de parcelas ubicadas no termino municipal que non estean censados en Xove, cuxas parcelas estean afectadas pola faixa de protección de incendios de núcleos rurais, vivendas, etc. Neste caso, estes propietarios só poderán solicitar árbores  forestais autóctonas.

O prazo  de solicitude será do 3 de novembro ao 30 de decembro, ámbolos dous días incluídos. As...

leer más
Etiquetas:
26/10/2020

O Concello de Foz mantivo unha reunión telemática con representantes dos distintos grupos e comparsas do Entroido de Foz para preparar unha celebración que será diferente a dos anos anteriores debido á pandemia de COVID-19. 

O alcalde focense, Fran Cajoto, explica que “nun contexto complicado de pandemia coincidimos en que hai que manter o espírito do Entroido vivo, polo que saíron a colación na reunión distintas alternativas, como potenciar a revista do Carnaval ou promover mediante o audiovisual distintas accións. Nun ano no que as actividades multitudinarias non son posibles, é de agradecer o entusiasmo e a dedicación que lle seguen poñendo as distintas peñas, valor que debemos potenciar xa que o compañeirismo e o tecido social e asociativo que existe en Foz é unha das nosas principais sinais de identidade e un orgullo para todos os...

leer más
Etiquetas:
23/10/2020

Katia Puga Gonzalez é a afortunada do segundo sorteo de panchas que Acisa realizou hoxe, venres, dentro da campaña Domingueo en Ribadeo.

Desde a asociación lembran que “poderá pasar a recoller as súas 40 panchas polas oficinas de Acisa Ribadeo, sitas na rúa San Roque, de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas  e de 16:00 a 19:00 horas”.

Os vindeiros sorteos de panchas serán o 30 de outubro e o 6 de novembro entre os usuarios rexistrados na app de Ribadeo Cerca de Ti. 

 

Etiquetas:
22/10/2020

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación das XIII Xornadas Abrindo Camiño que se celebran esta fin de semana en Mondoñedo para promocionar a ruta xacobea do Norte. Están organizadas pola asociación do mesmo nome (Abrindo Camiño), coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Mondoñedo. No acto participaron o delegado territorial, Javier Arias; Luís Fernández Ansedes, presidente da entidade organizadora, e a concelleira Patricia Otero.

O Goberno galego patrocina as xornadas, que serven para poñer de manifesto a riqueza cultural, patrimonial e gastronómica da ruta, mediante charlas, visitas guiadas, exposicións ou concertos.

A programación desenvolverase entre o venres 23 e o domingo 25 de outubro. Inclúe exposicións de fotografía, do Museo das Zocas e da artesanía do barrio dos...

leer más
Etiquetas:
17/10/2020

Desde o Concello explican que “este ano por mor da pandemia que estamos a sufrir, debemos mudar a programación que víñamos facendo arredor do Samaín e que contribuía a conciliación familiar. Para non perder a vinculación con esta festividade, desde o Concello de Barreiros propoñemos un Samaín participativo desde os fogares e con dúas modalidades: decoración e relato”. 

MODALIDADE DECORACIÓN.
OBXECTO: decora cabazas, espazos, comidas, xardíns… con temática de medo ou referente ao Samaín. Fomenta a túa creatividade!
CATEGORÍAS:
- De 3 a 6 anos.
- De 7 a 11 anos.
PRESENTACIÓN: enviar foto da decoración realizada por whatsapp ao número 666-87-59-46 desde o 15 de outubro ata o 29 de outubro do 2020; acompañando texto con título, nome e apelidos, teléfono de contacto e idade.
DETALLE: 1 por categoría para a...

leer más
Etiquetas:
07/10/2020
A Concellaría de Cultura ven de presentar a axenda para o último trimestre do ano na que haberá teatro, jazz, danza, concertos da Banda de Música Municipal de Ribadeo e espectáculos para os máis pequenos e pequenas. Este domingo, 11 de outubro, ás 20:00 horas no auditorio municipal, terá lugar a representación de Juguetes rotos, protagonizada por Kike Güaza e o televisivo Nacho Guerreros.
 
A concelleira de Cultura en Ribadeo, Pilar Otero, dixo que “como noutras ocasións, desde que vivimos esta situación sanitaria, volvemos falar do seguros que están a ser os espazos culturais, e que se buscamos facer unha vida o máis normal posible, ir ao teatro, ao cine ou a un concerto, ou levar aos nenos e ás nenas aos espectáculos pode formar parte perfectamente desa nova vida que agora temos. Iso si, cumprindo...
leer más
Etiquetas:
06/10/2020

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia, organiza as II Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía, que se desenvolverán as fins de semana do 9 ao 18 de outubro. Nesta ocasión estarán destinadas aos profesionais do turismo, da hostalería e do comercio da comarca, das axencias de viaxes e dos centros educativos de Galicia.  

Desde a Mancomunidade o seu presidente, Fran Cajoto, lembra que “se trata de xornadas con actividades gratuítas que o ano pasado estiveron dirixidas ao público en xeral e que este ano o ente supramunicipal xunto aos artesáns decidiu dedicar especialmente aos profesionais do turismo, hostalaría e comercio locais, axencias de viaxes e centros educativos. Co obxectivo por un lado, de que os profesionais do territorio e en contacto co turista podan...

leer más
Etiquetas:
06/10/2020

A Concellería de Cultura programa varias actuacións musicais e representacións de teatro para as fins de semana deste mes de outubro.

O vindeiro sábado, día 10, ofrecerá un concerto en Burela Roi Casal. O intérprete galego presentará o espectáculo titulado Son galego, son cubano. Trátase dun show con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ámbolos dous países. A actuación terá lugar no auditorio municipal, dará comezo ás 21:00 horas e a entrada será de balde.

O domingo, día 11, Luis Vallecillo presentará o musical Cantamos?. Será no auditorio municipal a partires das 18:30 horas, con entrada de balde e está dirixido ao público familiar.

O 17 de outubro a compañía Malasombra Teatro representará a obra Bernarda. Terá lugar no auditorio municipal ás 20:30 horas e o...

leer más
Etiquetas:
01/10/2020

O Concello de Barreiros organiza en outubro o Mes das Letras coa obra de Carvalho Calero como fío condutor, o escritor ao que se homenaxea este ano polas Letras Galegas.

O domingo, 4 de outubro, ás 12:00 horas no centro sociocultural haberá bibliodiscoteca con María Faltri Picadiscos.

O domingo 11 ás 19:00 horas no centro sociocultural terá lugar un festival de maxia cos magos Owy, Martín Camiña e Manuel Lamas.

O domingo 18 ás 12:00 horas no centro sociocultural desenvolverase a actividade infantil Aquelando as nosas letras, a cargo de A Run Run.

O sábado 24 de outubro na Biblioteca Municipal celebrarase o Dia da Biblioteca coa presentación do libro de H.M. Rabunhal titulado Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra.

O domingo 25 ás 12:00...

leer más
Etiquetas:
29/09/2020

Un ano máis o Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente que dirixe Mali Méndez, súmase ao Proxecto Libera, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, participando na campaña de ciencia cidadá "1m2 polas praias e os mares".

Trátase dun proxecto que se desenvolverá en ata 115 puntos costeiros e fondos mariños entre o 26 de setembro e o 4 de outubro co obxectivo de obter datos sobre a "basuraleza" que inunda a costa española.

O proxecto Libera chega a Cervo o 1 de outubro ás 17:00 horas. O punto de encontró será na praia da Caosa, onde dará comezo unha limpeza das praias ao mesmo tempo que se recollerán datos sobre o tipo e a cantidade de lixo presente nestes espazos naturais. A actuación será tamén no areal de Portelo. 

Subministrarase no punto de encontro todo o material...

leer más