Música

08/07/2021

Desde la organización del Resurrection Fest señalan: Por segunda vez, queremos agradecer vuestra paciencia tras dos años de esfuerzo y sufrimiento para salir adelante en esta situación tan dura para todo el mundo. Sois el mejor público posible. Y es por eso que, como ya sabéis, el Resurrection Fest Estrella Galicia 2022 contará con un día completo extra que será gratis para todo el mundo que tenía un abono de 3 o 4 días como premio por guardar sus entradas tanto tiempo y confiar en nosotros. 

Además, hoy os traemos el cartel del festival para 2022. La mayoría de bandas siguen en el cartel, y disfrutaremos de una cabecera increíble: Avenged Sevenfold (fecha única en España y una de las pocas actuaciones en Europa el año que viene), KoRn (único festival en España), Judas Priest - 50 years (celebrando sus 50 años como uno de los referentes...

leer más
Etiquetas:
06/07/2021

Xacarandaina actuará en Burela o vindeiro sábado, 10 de xullo. Será ás oito da tarde na praza da Mariña. A cita chegará da man do Xacobeo 21-22 e do Concello. 

Danza 3 Xacobeo 21-21 así se denomina o espectáculo de baile e música tradicional que ofrecerá Xacarandaina, que asegura no seu facebook que “a través da Federación XOC e cos nosos compañeiros de O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos, seguimos traballando para dar visibilidade ao folclore galego e pola recuperación do noso Patrimonio Inmaterial”. 

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anima “a asistir e a disfrutar desta actuación de Xacarandaina, un grupo con máis de 40 anos de vida, que nos deleitará con baile e música tradicional galega. O espectáculo desenvolverase respectando o protocolo covid e as normativas sanitarias en vigor”. 

 

Etiquetas:
27/06/2021

O festival Aturuxo, de Bravos (Ourol), celebrará a súa novena edición o 10 de xullo, sábado, con aforo limitado.

Ás 12:00 horas Circo Chosco ofrecerá o espectáculo Forzu2, só para socios. E ás 21:00 horas actuarán Ce Orquestra Pantasma, Tanxugueiras e Os d´abaixo.

Os organizadores explican que nesta edición o festival ten “un cartel adaptado ás circunstancias, pero coa mesma enerxía de sempre. 
Este ano o aforo será limitado, polo que o acceso ao recinto só será posible con entrada (impresa ou en código QR), que se poderá reservar gratuitamente online en: https://www.woutick.es/.../entradas-festival-aturuxo-2021. No recinto serán de obrigado cumprimento as normas covid (máscara, hixiene e distancia), así como atender e respectar as...

leer más
Etiquetas:
25/06/2021

A Escola Municipal de Música de Burela organiza o XI Curso de Verán que se desenvolverá do 30 de xuño ao 16 de xullo. Os primeiros días os rapaces e rapazas participarán no xogo musical Na búsqueda do Torques e do 12 ao 16 de xullo terán lugar os Cursos de Banda e de Jazz. A programación da Escola de Música de Burela foi presentada esta mañá e ao acto asistiron, entre outros, o alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de Cultura, José Díaz, e o director da Escola, Xan Carballal. 

O director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal, anunciou que “as actividades para este verán se van desenvolver na primeira quincena do mes de xullo e están divididas en dúas partes. A primeira parte será do 30 de xuño ao 4 de xullo e consistirá nun xogo baseado nun traballo que desenvolvemos fai anos A viaxe de Brandán. Agora démoslle unha volta a...

leer más
Etiquetas:
22/06/2021

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo retoma este curso o programa Musiqueando polas parroquias, que dera comezo antes da pandemia. Esta semana chegará ao Círculo Habanero de A Devesa. Será o xoves, 24 de xuño, ás 20:00 horas. 

O responsable da EMMeD, Hugo García, explica que “continuando cun dos principais obxectivos do centro, que é ser motor sociocultural do concello, a escola vén de programar unha pequena actuación na Devesa, para que as persoas que non residen no casco ribadense, e lles poida resultar máis complicado asistir ás actividades que a EMMeD habitualmente programa, as poidan coñecer máis de cerca. Será unha mostra do traballo que leva feito ao longo do curso unha parte do alumnado do centro”. 

García sinala que “nos vindeiros cursos escolares faremos outras quendas de actuacións nas...

leer más
14/06/2021

A Deputación de Lugo impulsa a terceira edición do festival Mindomúsica de Mondoñedo. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, xunto a Raquel Maseda, director artística do certame, presentou este luns no Pazo de San Marcos a cita coa música de cámara, que terá lugar entre o sábado 26 de xuño e o domingo 4 de xullo en lugares emblemáticos do municipio mindoniense, como a Catedral ou a Casa dos Coengos.

“Esta é unha iniciativa musical e cultural ideal para a promoción turística de Mondoñedo, da comarca da Mariña e do conxunto provincia”, explicou García Porto. A Deputada destacou o formato do festival, que achega a música clásica á xente por medio de concertos, encontros e entrevistas cos diferentes intérpretes. “Este festival ofrece a oportunidade de escoitar a mellor música de cámara en...

leer más
Etiquetas:
07/06/2021

Este mércores, 9 de xuño, a Escola Municipal de Música de Burela, continuando coas actividades de aula, ofrecerá un concerto de alumnos nas especialidades de metal e percusión, “onde se interpretarán obras de diferentes estilos e apropiadas para os niveis do alumnado do centro”, segundo explica o director da escola, Xan Carballal.

A audición de vento, metal e percusión terá lugar ás 19 horas. 

Etiquetas:
04/06/2021

Ata o 30 de xuño está aberto o prazo de matrícula na Escola de Música de Burela para as persoas que xa son alumnas e alumnos do centro, segundo informa a Concellería de Cultura. 

E do 1 ao 15 de xullo será o prazo para o novo alumnado. Ademais do 1 ao 15 de setembro ábrese un período para as prazas libres que puidesen quedar. 

Desde a Concellería de Cultura indican que “os prazos e as taxas de pago seguirán sendo os mesmos que ata o de agora, polo que no caso de renuncia poderá facela efectiva, coma en anos pasados, ata o 30 de setembro, anulando deste xeito o proceso de pago”.

José Díaz, o concelleiro de Cultura, anima “á xente a matricularse na nosa Escola de Música, dado o nivel altísimo que está acadar ano tras ano, e que se vai consolidando co paso do tempo. É moi importante a...

leer más
03/06/2021

La praza do Concello de Mondoñedo acogerá, el día 19 de junio, el espectáculo musical titulado En alas de la canción. El concierto comenzará a las 20:00 horas.

Actuarán el barítono Leopoldo Rojas-O¨Donnell y el pianista Juan Rezzuto con un repertorio que hace un recorrido por la música vocal culta y popular desde Alemania hasta Argentina.

 

Etiquetas:
01/06/2021

Este xoves, 3 de xuño, ás 19:30 horas, na Escola Municipal de Música de Burela, celebrarase unha audición da Aula de Cordas Fretadas.

O repertorio incluirá pezas interpretadas ao violín, viola, violonchelo e contrabaixo.

O aforo será limitado, seguindo as recomendacións sanitarias do protocolo covid.