Música

Etiquetas:
11/12/2020

A charanga Mekánika animará coa súa música as rúas de Burela mañá, sábado, pola tarde entre as 17:30 e as 20:30 horas, segundo acaba de confirmar o concelleiro de Cultura, José Díaz. A súa actuación estaba prevista para a pasada fin de semana, pero tivo que aprazarse debido ás intensas chuvias caídas durante a o pasado 5 de decembro. 

Díaz subliña que “mañá teremos a oportunidade de disfrutar en Burela coa mellor charanga de Galicia, que inundará co seu ritmo as rúas de Burela. Quixemos aproveitar para facer coincidir esta actuación co Black Friday, que se celebra no comercio local esta fin de semana, e así apoiar o movemento comercial da nosa vila”. 

O edil burelés engadiu: “parécenos importante botar unha man e darlle alegría ás nosas rúas, seguindo os protocolos de seguridade e con orden”. 

 

04/12/2020

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias presentou xunto ao presidente da asociación Abrindo Camiño, Luís Fernández Ansedes, o cartel anunciador do concerto que A Quenlla dará no auditorio municipal de Mondoñedo o vindeiro martes, 8 de decembro, ás 19.45 horas, e que conta co patrocinio íntegro da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

A través deste concerto didáctico, o grupo de música tradicional galega interpretará as dez cantigas de Martín de Padrozelos, que foron musicadas por membros deste grupo no marco do proxecto Trobador no camiño. Andares pola lírica de Martín de Padrozelos.
 
O delegado territorial subliñou que este tipo de eventos “axudan á dinamización social, cultural e económica das vilas e cidades e á difusión do fenómeno Xacobeo”. O Goberno galego, engadiu, “traballa co...

leer más
Etiquetas:
26/11/2020

Ribadeo recupera neste vindeiro mes de decembro o seu festival de jazz e blues despois de tres anos sen celebrarse. No auditorio municipal Hernán Naval haberá concertos de Travellin´ Brothers, Summrá e Zenet, para os que as entradas xa están á venda en www.ataquilla.com. Ademais o programa inclúe unha exposición fotográfica de Cris Andina na oficina de turismo ribadense.

O VI Festival de Jazz & Blues de Ribadeo foi presentado na tarde de hoxe, xoves, na Casa do Concello ribadense pola concelleira de Cultura, Pilar Otero, e o director artístico do evento, Rafael Monteavaro, de Game Over Productions, que é a empresa organizadora.

Travellin´ Brothers, Summrá e Zenet actuarán os días 6, 8 e 12 de decembro e os tres concertos serán ás 20:00 horas con entradas numeradas...

leer más
Etiquetas:
17/11/2020

O Concello de Foz organiza esta semana un acto de conmemoración de Santa Icía. Será cun concerto de trompas a cargo do cuarteto Catro Cores o sábado, día 21, ás 19 horas na Sala Bahía e para acudir é necesario reservar. O teléfono habilitado é o 982.140.027, extensión 3, do departamento de Cultura. A entrada a este evento será gratuíta.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “o concerto segue a liña deste mes, relativa á difusión e empoderamento feminino, xa que o 25 de novembro é o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. O venres pasado a compañía Ítaca Teatro levaba á escena a obra Cinco minutos sen respirar, que mostraba ao público o sufrimento das mulleres vítimas de violencia por parte das súas parellas. Neste sábado sairán ao escenario catro mulleres que forman o grupo Catro cores, un...

leer más
Etiquetas:
15/10/2020

A Concellaría de Cultura de Ribadeo organiza Dúas Noites de Jazz, que se celebrarán este venres, 16 de outubro, e este sábado, día 17.

O venres 16 ás 20:00 horas no Teatro actuará Pablo Sanmamed Trío. Este grupo está formado por Pablo Sanmamed ao contrabaixo, Iago Mouriño ao piano e Bruno Couceiro á batería. A formación presentará un repertorio integrado por unha maioría de composicións propias e tamén revisitacións de compositores no que mesturan jazz con outras músicas.

O sábado 17 ás 20:00 horas no Teatro Rafa Fernández presentará A cara bonita da pedra. É un traballo homoxéneo e ambiental no que, a través de pequenas composicións, sons acústicos e eléctricos converxen describindo unha paisaxe sonora que cautiva ao público dende o primeiro minuto. 

 

Etiquetas:
14/10/2020

Este sábado, 17 de outubro, ás 18:30 horas o dúo Metamorphoses ofrecerá un concerto de violín e piano na igrexa parroquial de Vilanova de Lourenzá.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “interpretarán obras de Bach, Brahms e Lizst, entre outros. Este concerto enmárcase no programa Concertos polo Camiño do Norte de O Teu Xacobeo polos Camiños de Santiago, que teñen lugar en localidades do Camiño que son final de etapa”.

 

Etiquetas:
03/10/2020

O artista galego Roi Casal presentará o seu espectáculo As Músicas do Camiño o vindeiro sábado, día 10, ás 21:00 horas no auditorio municipal de Burela. Este concerto está incluído na programación O Teu Xacobeo e a entrada será de balde.

Esta actuación está promovida pola comisión organizadora das festas patronais de Burela e conta coa colaboración do Concello e da Xunta de Galicia.

Será un espectáculo inesquecible con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ambos países. 

O concerto desenrolarase aplicando as medidas sanitarias da normativa vixente que recolle o protocolo de prevención do covid-19 e o aforo estará limitado a 300 persoas. A entrada será libre.

Toñi Eijo, presidenta da comisións de festas, e José Díaz, concelleiro de...

leer más
Etiquetas:
29/09/2020

O Concello de Xove decidiu ampliar o prazo para inscribirse na Escola Municipal de Música. Inicialmente remataba o 30 de setembro, pero agora non se fixou data de peche co fin de que todos os nenos e nenas e rapaces e rapazas poidan anotarse facilitándolle tamén ás familias as tarefas de inscrición.

Todos os alumnos e alumnas que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal, en horario normal de oficinas. Tamén poden realizar esa preinscrición online, a través da páxina web do Concello: www.xove.es.  Unha vez que o alumno ou alumna se preinscriba terá que presentar, nos tres días seguintes, no Rexistro Municipal, a seguinte documentación: o DNI do alumn@ e da persoa que realice a inscrición e o comprobante de ter feita a transferencia bancaria de 50 euros, en concepto de matrícula por...

leer más
Etiquetas:
28/09/2020

A Banda de Música de Foz ofrecerá un concerto en Alfoz o vindeiro domingo, 4 de outubro.
A actuación terá lugar a partires das 12:00 horas no campo da festa de San Pedro de Mor.

En caso de mal tempo trasladarase ao pavillón municipal.

O evento está organizado polo Concello de Alfoz e pola Deputación de Lugo, a través de Vicepresidencia e Cultura.

 

Etiquetas:
13/09/2020

A Concellaría de Cultura organiza un ciclo musical que se celebrará no Forte de San Damián, se o tempo o permite, os días 18, 19, 25 e 26 de setembro. Soa Forte ofrecerá varias actuacións musicais de diversos estilos desde a tradición das cantareiras ata o hip hop.

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, declarou que “temos dito varias veces, ao longo destes meses, que a cultura non pode parar e que quedou demostrado no tempo de confinamento o importante papel que pode ter nas nosas vidas a actividade cultural. Por iso desde o Concello de Ribadeo continuamos a apostar pola arte e pola vida cultural, aproveitando todos os espazos que temos e poñendo en valor o noso patrimonio tamén en territorios rurais”. 

A edil nacionalista dixo que “neste caso nun dos lugares emblemáticos de Ribadeo, nunha construción defensiva,...

leer más