Teatro

Etiquetas:
11/12/2024
A compañía de teatro establecida en Vigo, TropoNonTroppo, presenta A noite xusto antes dos bosques, unha reinterpretación en galego do monólogo de Bernard-Marie Koltès, que terá lugar o 20 de decembrode 2024, ás 20:30 horas, na Sala Bahía de Foz. Esta innovadora proposta combina teatro, música e proxeccións audiovisuais para mergullar ao espectador nunha experiencia multisensorial única da man de Víctor Díaz e Sandra Moya.
 
Unha visión universal e contemporánea
A obra aborda as fendas sociais do noso tempo: xenofobia, homofobia, illamento, perda de vínculos humanos e desarraigo. Nun mundo que constrúe máis barreiras ca pontes, A noite xusto antes dos bosques convida a revisar os nosos prexuízos e recoñecer a humanidade compartida.
 
... leer más
Etiquetas:
10/12/2024

A representación terá lugar ás 19:00 horas na Casa da Cultura do Valadouro, segundo informa a Delegación de Cultura.

Castelao é unha figura capital da historia das artes en Galicia e a figura central desta proposta escénica para a infancia, con texto de Paula Carballeira, coa dirección de Fina Calleja e con Mónica Camaño e Cris Collazo en escena.
 
Sinopse
A obra presenta a un Castelao de 8 anos e na súa vila natal, divertido, feliz, alegre e aventureiro, buscando en todo momento a identificación da audiencia co protagonista da nosa trama. Culturactiva Producións propón unha montaxe de ritmo trepidante. A tensión dramática desta peza cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida cara a Arxentina de Castelao e a súa nai.

Etiquetas:
10/12/2024

A representación desta comedia terá lugar o 14 de decembro, sábado, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. 

A venda de entradas está aberta ata o xoves no teléfono 982560162,en horario de 9 a 14,00 horas e no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es ou na billeteira unha hora antes da función.

Sipnose: O director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous subdirectores. Un é muller, home o outro. Que influirá nesa decisión?: a capacidade?, o sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?, a trampa?..Testosterona fala de desigualdade laboral; un home e unha muller optan a un posto de máxima responsabilidade nun medio de comunicación de ámbito nacional; cal dos dous será o elixido e por que? 

A autora...

leer más
05/12/2024

O Concello de Barreiros anuncia que o domingo 15 de decembro ás 19:00 horas “chega ao centro sociocultural de San Cosme una obra de luxo, Castelao”. Con entrada de balde ata completar aforo.

“Castelao é unha figura capital da historia das artes en Galicia e con esta proposta escénica coñeceremos un Castelao de oito anos, feliz, alegre e aventureiro, que pasa en Rianxo as súas últimas horas antes de embarcar cara a Arxentina coa súa nai. Esta obra, que está dirixida a un público familiar, conta cun gran equipo: texto de Paula Carballeira, dirección de Fina Calleja e con Mónica Camaño e Cris Collazo en escena”, destaca o Concello de Barreiros.

Etiquetas:
04/12/2024

Trátase dun espectáculo didáctico dirixido ao público familiar. Dará comezo ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro. A duración será de 50 minutos. 

Instrumentos do mundo da percusión contemporánea, elementos de nova creación, comicidade nas olladas e xogar co efecto sorpresa son as claves deste espectáculo.

Catro son os elementos que definen este concerto didáctico e familiarque busca que o enxeño se retroalimente e evolucione, e quea senda da creación continúe a medrar.

 

04/12/2024

Continúa o circuíto de teatro afeccionado 2024 en Trabada. A próxima cita é coa obra 'Rosalía Café', interpretada polo grupo teatral A Adala Futura. Será este sábado, día 7 de decembro, ás 21:00 horas na Casa da Cultura.

É unha actividade organizada polo Concello de Trabada coa colaboración da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

 

03/12/2024

O Concello de Cervo anuncia: “esta ponte festiva temos teatro da man de Tarabela Creativa”. Representará a obra titulada Vaites, rapariga!. Será este sábado, día 7 de decembro, na Casa da Cultura, en San Ciprián, ás 19:00 horas.

É unha representación teatral para maiores de 16 anos.

 

29/11/2024

O grupo teatral O Centiño, da parroquia focega de San Martiño, organiza a oitava edición da súa gala solidaria o día 7 de decembro, sábado, ás 19:00 horas na Sala Bahía de Foz. Neste acto representarán a súa comedia titulada A morte morrida.

“No grupo teatral O Centiño, de San Martiño, levamos xa moitos anos celebrando pola época do Nadal unha gala solidaria co gallo de recadar fondos para as persoas máis necesitadas. Representamos algunha das nosas obras ou ben convidamos a amigos doutros grupos teatrais para que participen connosco. A entrada a esta Gala é libre e no descanso da mesma pasamos unha cesta para recadar os donativos que os asistentes estimen oportuno dar. Deste xeito queremos demostrar que o teatro, ademais de ser unha arte, é unha forma de facer feliz á xente, tanto aos espectadores, que poden desfrutar dun bo rato...

leer más
28/11/2024

O Concello de Burela informa de que as entradas para as dúas funcións de 'Somos criminais e punto final' están case esgotadas. O novo espectáculo de Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán chegará á Casa da Cultura de Burela este sábado, día 30 de novembro, ás 20:30 e ás 23:00 horas.

As derradeiras entradas dispoñibles poden ser adquiridas na web ataquilla.com.

Etiquetas:
27/11/2024

Será no Teatro Pastor Díaz a partir das 20:30 horas. O elenco artístico está formado por: Daniel Otero, María Roja, Rebeca Vecino, Jimmi Nuñez e Sete Eiroa

Sipnose: Nicolás reúne a súa familia para despedirse do espazo que os viu crecer, a casa da infancia cun vello ultramarinos bar que rexentaban os seus pais e no que agora vive con María, a súa parella. A expropiación dese lugar, por causa da construción dun parque eólico, é o motivo desta xuntanza. Olivia acode con Rubén despois de moitos anos sen contacto familiar. As lembranzas do pasado, unha visita non esperada, as relacións entres irmáns, a necesidade de mirar o futuro e a importancia do pasado farán visible un conflito xeracional e de pertenza ao lugar de onde vimos.

Noso é a nova peza teatral para adultas de Os Náufragos Teatro, unha dramedia familiar...

leer más