Teatro

Etiquetas:
29/10/2024

Elefante Elegante porá en escena este sábado, 2 de novembro, Kyoki. Será ás 18 horas no Teatro Pastor Díaz. 

Kyoki vai destinado ao público infantil e familiar a partir dos 3 anos. O espectáculo trata a temática da memoria, da vellez, da demencia, da soidade e da dura e esixente tarefa de coidar as persoas maiores e enfermas.

A través dunha linguaxe xestual impulsada pola interacción constante co dispositivo escénico, o espectáculo evoca múltiples situacións e personaxes que dun xeito ou doutro todas as persoas podemos recoñecer.

Kyoki significa “demencia” en xaponés e refírese a unha alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. É certo que adoita verificarse en persoas de idade avanzada, mais quen nunca esqueceu onde colocou a caixa das galletas? Ou por distracción...

leer más
Etiquetas:
28/10/2024

Será ás 20 horas na Casa da Cultura. Trátase de teatro con monicreques e música. É un espectáculo para todos os públicos (infantil e adulto). 

Desde  Concello de Alfoz explican: “queremos empezar este mes do teatro cunha proposta un tanto diferente, unha comedia representando unha farsa de títeres a catro mans. Catorce personaxes en catro mans e dúas gorxas, coa banda sonora en directo de dous músicos xeniais que nunca saben por onde terán que saír, improvisando e apoiando á representación d@s titiriteir@s en cada función de esta obra de guiñol viva e natural”.

E engaden: “catro historias entrelazadas forman este enredo, baseado en varias obras de Rafael Dieste ás que Trécola lles dá unha volta, engadindo escenas de colleita propia e actualizando o seu argumento con temáticas combativas e irreverentes, para...

leer más
27/10/2024

O Concello de Alfoz anuncia que “comeza o mes de novembro e con el os sábados de teatro no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz ás 20 horas, con entrada de balde. Desta volta con diferentes propostas de comedia para todos os públicos e para todos os gustos”.

O día 2 a obra que se representará é a titulada "Coa música a outra parte",  da compañía Trécola producións, de Pol. “Empezamos o mes do teatro cunha proposta un tanto diferente, unha comedia de monicreques con música en directo, apta para todos os públicos, que fará rir aos máis pequenos e aos non tan pequenos.

O sábado 9 representarase "Rosalía Café", da compañía A Adala Futura, de Foz. “Os de rapaces máis novos da asociación A Adala, de Fazouro, farannos rir con esta comedia na que unha rapaza de aldea decide marchar á capital para buscarse a vida”.

O día 16 a obra é "Era boa se...

leer más
24/10/2024

A compañía teatral Malasombra Producións presentará en Ribadeo este domingo, día 27 de outubro, o espectáculo titulado “Os fabulosos cleaners”, un show visual con pompas de xabón dirixido a persoas de todas as idades a cargo de Xoque Carbajal e Jouse García.

Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 17:30 horas e as entradas venderanse na billeteira do local desde media hora antes.

Etiquetas:
23/10/2024

Artica Teatro porá en escena “Pum, pum, quen hai?” ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro. É unha comedia destinada ao público infantil de máis de 3 anos

Sipnose: Dúas portas enfrontadas, un novo veciño no edificio, moito por descubrir e moito por aprender. Quen será e de onde virá? Que valores aprenderás véndonos rir e bailar?

Venda de entradas: De luns a xoves, no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es ou na taquilla unha hora antes da función.

 

Etiquetas:
23/10/2024

A localidade de Vilela, no concello de Ribadeo, acollerá unha representación teatral este domingo, día 27 de outubro. Será na Escola da Pena ás 18:00 horas.

A Compañía Solitaria do Doutor Monifate ofrecerá a obra titulada “Badman, un home malo”. É un monólogo de 50 minutos de duración para maiores de 16 anos.

Etiquetas:
22/10/2024

O Concello de Trabada acolle un novo ciclo de teatro no salón da actos da Casa da Cultura con oito obras de novembro a xuño.

‘Arte’, de Hipócrita Teatro, servirá para dar comezo o próximo 2 de novembro aos Ciclos Teatrais 2024/2025 do Concello de Trabada. O salón de actos da Casa da Cultura acollerá unha obra de teatro mensual, con entrada gratuíta e todas o primeiro sábado de cada mes ás 21:00 horas. En decembro, chegará a quenda de ‘Rosalía Café’, do grupo A Adala Futura.

“Unha nova edición dos nosos ciclos de teatro, que cada vez teñen unha mellor aceptación entre os nosos veciños e veciñas, enchendo nalgunha ocasión o salón de actos da Casa da Cultura”, asegura o alcalde de Trabada, Rubén García.

“Desta forma, damos continuidade a esta actividade, dentro dunha programación cultural ao longo do ano con propostas para todas as idades”, engade...

leer más
Etiquetas:
21/10/2024

A sexta edición de Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural a través das artes escénicas entre Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, chega este xoves 24, na Mariña lucense, ao seu fin. O Teatro Municipal Pastor Díaz de Viveiro acollerá a representación do espectáculo Ada Byron: la tejedora de números, unha proposta na que a compañía asturiana La Westia Producciones combina teatro e ciencia para dar conta da vida dunha das mulleres máis relevantes da historia da humanidade. 

A obra, dirixida a público adolescente e adulto, presenta a Ada Byron moi enferma, na cama, e que no seu delirio ve o seu pai morto (o poeta romántico lord Byron), con quen revisa a súa propia vida, na que as matemáticas adquiren un gran protagonismo. Nesa revisión vital, na que pai e filla se coñecen, xorden revelacións e reproches que fan...

leer más
Etiquetas:
21/10/2024

O Vicedo empeza as actividades dedicadas a celebrar o Samaín cun espectáculo de maxia este xoves, día 24 de outubro. Será na Casa da Cultura ás 17 horas.

O Concello do Vicedo anuncia: “esta semana, o xoves, teremos unha actividade que empezará a abrir boca para o Samaín.En Samaín toca...maxia é un espectáculo moi divertido, destinado principalmente ó público infantil e xuvenil, pero que todos poderemos desfrutar para pasar un bo rato na tarde. Animádevos a vir”.

Etiquetas:
21/10/2024

Grupos das catro provincias galegas participarán na sexta edición do certame de teatro Concello de Lourenzá, que comezará o venres 1 de novembro, Día de Tódolos Santos.

O grupo Pico do Castro, de Foz, coa obra Mal do miolo, será o encargado de abrir este certame que se desenvolverá entre o 1 de novembro e o 8 de decembro. Participan nesta edición tres grupos da provincia de Lugo (Pico do Castro, de Foz; Aturuxeiros, de Bravos (Ourol), e Ollomao, de Barreiros); dous das provincias de A Coruña (O Catre, de As Pontes, e Muiñeiras do vento, de Ferrol) e Pontevedra (Candelas, de Portas, e Avelaíña) e unha de Ourense (AT Coles).

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “as representacións serán todas ás 18 horas en domingos e festivos no multiusos Ponte de Cuñas. As entradas terán un custo de 4...

leer más