Teatro

Etiquetas:
12/03/2022

O 26 de marzo ás 20:30 horas Jouse García e Marcos Orsi da compañía teatral Malasombra Producións representarán o espectáculo para público adulto "SÓS" na Casa da Cultura de Burela. 

Trátase dunha reflexión, por veces cómica e por veces máis dramática, sobre a vellez, sobre a convivencia e sobre a soidade que sofren moitas persoas maiores nos seus últimos anos de vida.

“SÓS” conta a historia de Rodrigo e Marcelino, dous homes octoxenarios que se ven obrigados polas circunstancias a compartir piso. Os dous anciáns non se coñecen previamente, os dous teñen un carácter totalmente diferente, levaron vidas diferentes e teñen costumes e hábitos absolutamente diferentes polo que a súa convivencia non vai ser fácil. Aínda que non lles vai quedar máis remedio que aprender a tolerarse porque a pesar de que hai moitas cousas...

leer más
Etiquetas:
10/03/2022

O musical De ellos aprendí chega este domingo, 13 de marzo, ao auditorio municipal de Burela.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “este domingo, 13 de marzo, a las seis de la tarde vamos a tener en el auditorio municipal de Burela un nuevo musical infantil, destinado a los más pequeños y a las familias, por supuesto. Se llama De ellos aprendí  y es una especie de homenaje a muchos de los personajes Disney, todos fusionados en un musical con un argumento que los une a todos y que hace recordar a estos personajes que niños y otros que no son tan niños, e incluso papás, tienen en su memoria porque son personajes de La Sirenita, El Rey León, Frozen, Aladdín, Rapunzel o La Bella y la Bestia; todos van apareciendo en escena”.

O edil burelés engadiu: “yo tuve la oportunidad de verlo antes de traerlo aquí, a...

leer más
Etiquetas:
08/03/2022

Pedras de Cartón representa Quixote este sábado, 12 de marzo, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. A función, dirixida ao público infantil de máis de 4 anos, dará comezo ás 18:00 horas.

Esta obra recibiu o Premio Barroco Infantil no XLIV Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro 2021.

Trátase dun xogo cómico inspirado na coñecida obra de Cervantes. Un espectáculo para achegar os clásicos a toda a familia con humor e case sen palabras, no que don Quixote viaxa polas terras de Castela co seu velocípedo, acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas.

Dirixido por Laura Sarasola e interpretado por Juan Rodríguez e Pablo Sánchez, conta coa banda sonora orixinal de Davide González e un coidado vestiario realizado por Diego Valeiras.

 

Etiquetas:
03/03/2022

"As que limpan" fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis para conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. Na súa fronte, a avaricia dos propietarios das cadeas hoteleiras. Neste espectáculo as artistas formulan 3 preguntas: É posible revalorizar este traballo e desligalo do xénero? Existe o turismo sostible? Quen limpa na casa da limpadora?

"As que limpan" non só fala de traballadoras da limpeza, fala de mulleres e do chan mollado sobre o que camiñamos cada día.

A obra está prevista para as 19:30 horas do vindeiro domingo, día 6, na Casa da Cultura de San Ciprián. 

 

Etiquetas:
02/03/2022

O grupo A Panadaría Teatro porá en escena As que limpan este sábado, 5 de marzo, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

A obra fala, en ton de comedia, da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos.

O elenco artístico está composto por Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.

Etiquetas:
01/03/2022

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo levará a obra teatral “Libre coma os paxaros” de Teatro do Atlántico a Sarria, A Pobra do Brollón, Chantada, Ribadeo e Meira durante os meses de marzo e abril. A xira polas comarcas desta obra, artellada en base a textos da propia Rosalía de Castro, forma parte do programa posto en marcha pola área de Cultura o pasado 23 de febreiro, co que puxo a disposición de concellos e asociacións diversas propostas culturais sobre a figura e obra da poeta.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, sinalou “o gran interese que concellos e asociacións amosaron por acoller as propostas formuladas desde a área de Cultura arredor de Rosalía e especialmente por esta obra teatral que nos guía pola súa literatura e pensamento, constatando a súa vixencia ” e explicou que “configuramos o calendario...

leer más
Etiquetas:
27/02/2022

O vindeiro sábado, 5 de marzo, ás 18:00 horas será representada na Casa da Cultura de Burela “A nena que vivía nunha caixa de mistos”, a nova proposta de Caramuxo Teatro inspirada no conto “A vendedora de mistos”, de Hans Cristian Andersen. Trátase da terceira parte da triloxía sobre contos populares que comezou con “As fabas máxicas”, continuou con “Feo” (Premio María Casares a mellor espectáculo infantil) e rematará con este espectáculo.

Trátase dunha peza cunha coidada posta en escena e cunha linguaxe contemporánea, utilizando como temática a pobreza infantil.

Unha nena camiña pola rúa dun lugar a outro coa súa caixiña de mistos, a casa onde pasa a noite. Pola mañá sae pola vila para vender mistos a quen os necesite, no día a día coñece unha morea de personaxes e dous pequenos amigos, un vello can e un paxariño...

leer más
Etiquetas:
19/02/2022

A compañía De Ste Xeito representará "Feminíssimas" na Casa da Cultura de Burela o 18 de Marzo ás 21:00 horas.

Un congreso feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que hai anos que non se ven. Tres maneiras moi distintas de entender o “feminismo". Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer. Este é o punto de partida da creación de Esther F. Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira.

Trátase dunha peza teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -desde a comedia- de...

leer más
Etiquetas:
17/02/2022

A Concellaría de Cultura de Ribadeo continúa desenvolvendo o seu programa Cultura nas Parroquias 2022.

No marco desas actividades esta fin de semana actuará a contacontos Paula Carballeira.

O sábado, 19 de febreiro, estará na Escola de Ove e o domingo 20 na Escola de Vilaframil.

As dúas actuacións darán comezo ás 17:30 horas.

Esta actriz e escritora galega conta cunha nutrida obra de relatos infantís e xuvenís dende hai tres décadas que comezou a súa carreira. 

 

Etiquetas:
17/02/2022

Os Náufragos porá en escena "Onde viven os monstros" este sábado, 19 de febreiro, ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

A obra, dirixida a nenos e nenas de 4 a 9 anos, é unha adaptación do coñecido álbum ilustrado de Maurice Sendak na que se exploran a fantasía e a realidade por partes iguais. Narra a historia de Max quen pasa o día facendo trasnadas. A súa nai, cansa desta situación, decide castigalo. Enfadado, Max viaxará ao marabilloso mundo onde viven os monstros, no que vivirá aventuras extraordinarias até converterse en rei. Unha tarefa máis difícil do que el pensaba.

Trátase dun clásico vixente hoxe en día que plasma con grande expresividade os temores e desexos da máis tenra infancia, os monstros que asexan, os incomprendidos enfados e o medo ao abandono e a que os nosos país deixen de querernos...

leer más