Teatro

Etiquetas:
12/05/2022

Miña casa, meu lar é o título dos contacontos de medio ambiente que contará Caxoto o domingo 22 de maio ás 19:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz. Ao remate farase a entrega dos premios do concurso de narración e debuxo das Letras Galegas da Biblioteca Municipal.

Caxoto é un experto en xestión de residuos: un barrendeiro municipal. A pesar de que parece un traballo rutinario e aburrido as beirarrúas están cheas de sorpresas e aventuras. A través das súas experiencias aprenderanse as claves para protexer o noso medio ambiente pero con moito humor.

Este espectáculo está subvencionado a través do programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.

11/05/2022

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle dúas representacións teatrais esta semana: venres 13 e sábado 14 de maio. Serán ás 20:30 horas

O venres 13 Náufratos teatro presenta Karelu, incluída no programa de dinamización lingüística FalaRedes. É unha representación de teatro contemporáneo para adultos cunha duración de 70 minutos. Os autores son Ismael G. Candal e Gustavo del Río, que tamén é o director. Os actores son Denis Gómez e Santi Cuquejo.

Karelu fala da educación na contorna familiar, da violencia e da crise de valores na sociedade actual.

E o sábado 14 Condetrespés en coprodución co Centro Dramático Galego presenta Rastros, de Roberto Vidal Bolaño. É unha obra de teatro contemporáneo para adultos cunha duración de 90 minutos. O director é Lois Blanco e o elenco artístico está...

leer más
Etiquetas:
03/05/2022

Este sábado, 7 de maio, no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, Deste Xeito Producións porá en escena a obra Feminíssimas. A representación dará comezo ás 20:30 horas.

A historia discorre nun congreso feminista na cidade de Vigo onde se atopan tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven e que teñen tres maneiras ben distintas de entender o feminismo. A peza presenta altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres se analiza, dende a comedia, de que maneira as mulleres conviven neste novo mundo feminista. Baixo a dirección de Xavier Castiñeira e dramaturxia de Esther Carrodeguas, o elenco está composto por Stephy Llaryora, Esther Carrodeguas e Noelia Blanco.

 

Etiquetas:
03/05/2022

O grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa a súa obra Cousas de bares este sábado, 7 de maio, ás 20.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz. 

A representación trata dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre e nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados.

Esta actividade está subvencionada a través do Plan Único da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
03/05/2022

Será este venres, 6 de maio, ás nove da noite no auditorio municipal. O prezo das entradas, que están á venda en ataquilla.com é de 9 euros. 

SINOPSE:
Un salón. Dúas persoas. Unha actriz. Un director. Moito alcohol. Deus. O diaño. Unha proposta… Todo Nunha noite é a nova montaxe teatral de Abismo Caracol dirixida por Darío Autrán (Salamandra, Relatos Negros, El cuarto de Mona) escrita por Manuel Manquiña e interpretada por el mesmo e Ángela Andrada. Sesenta minutos de risas, emoción e reflexión sobre a sociedade e as súas contradicións.

Etiquetas:
27/04/2022

Teatro do Atlántico representa este sábado, 30 de abril, no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, a obra Libre coma os paxaros. A función dará comezo ás 20:30 horas.

Trátase dunha adaptación de Xulio Lago, quen dirixe a obra, de textos de Rosalía de Castro engarzados con outros materiais que contextualizan unha vía pola que transita o pensamento da nosa autora, ademais do seu compromiso diante dos acontecementos e conflitos protagonistas na sociedade do seu tempo e que son sorprendente reflexo dos que hoxe nos acucian. Unha muller, interpretada por María Barcala, toma a palabra e proclámase posuidora da súa liberdade, declara o seu amor pola literatura e lingua do seu país e a súa admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo, e denuncia o espolio do patrimonio forestal e a traxedia da emigración. 

 

Etiquetas:
16/04/2022

Con máis de 1 millón de seguidores nas redes sociais e con vídeos que superaron os 10 millóns de reproducións, o humorista José Luis Calero aterrará o 24 de Abril ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Burela para facerlles alcanzar aos asistentes un gran orgasmo humorístico en directo, sen pantallas de móbiles polo medio nin nada.

Un espectáculo no que o humor e a risa farán esquecer dos problemas e vivir entre todos, como diría Raphael: Unha gran noite de humor!

Entradas xa á venda en https://bit.ly/3J9MHqM

 

Etiquetas:
14/04/2022

Un salón. Dúas persoas. Unha actriz. Un director. Moito alcohol. Deus. O diaño. Unha proposta. "Todo nunha noite" é a nova montaxe de Abismo Caracol Teatro/Cine dirixida por Darío Autrán ("Salamandra", "Relatos negros", "El cuarto de Mona), que será interpretada por Manuel Manquiña e Angela Andrada o 6 de maio ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Burela.

Sesenta minutos de risas, emoción e reflexión sobre a sociedade e as súas contradicións. Entradas xa á venda en https://entradas.ataquilla.com/.

 

Etiquetas:
11/04/2022

Ás 20:00h no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Alfoz do 23 de abril a Asociación Cultural Abrente, das Nogais, presenta a súa comedia "As tres solteironas". 

Esta comedia, ambientada nos anos 50, caricaturiza a ansia de dúas familias por amañar as súas herdanzas pactando casamentos. Cunha trama argumental que se complica por certos intereses económicos, algún namoramento imprevisto, un cura de armas tomar, envexas, malas linguas e ata unha maga e un enxame de abellas...

Financiada co Plan Único da Deputación Provincial: Área de Cultura, Xornadas de teatro 2022

 

Etiquetas:
08/04/2022

O colectivo cultural ribadense As Vacas Fracas representa Ay, Carmela. A actuación terá lugar o venres 15 de abril, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval. O prezo da entrada é de 3 euros. A historia, baseada no texto de Sanchís Sinisterra, conta como uns cómicos republicanos vense obrigados a traballar no bando franquista.

Tamén o 15 de abril, ás 13:00 horas, no quiosco da música ou no Teatro en caso de choiva, actuará Mabel Flores en concerto. A artista fusiona raíces mediterráneas e sudamericanas con pinceladas electrourbanas.

O sábado 16 de abril, ás 20:00 horas, no Auditorio Hernán Naval, presentarase o espectáculo Fala-me!. Trátase dunha fusión de cabaré con música, danza e cultura tradicional coa lingua e o apoderamento como fío condutor da man de Nelson Quinteiro e un magnífico elenco de...

leer más