Atletismo

Etiquetas:
26/11/2019

La primera prueba popular de orientación a pie Concello de Lourenzá se celebrará el 22 de diciembre, domingo. Está organizada por el Club Atletismo Lourenzá y el Club Fluvial, de Lugo, con la colaboración del Concello de Lourenzá y de las Escolas Deportivas Lourenzá.

Habrá tres recorridos: iniciación corta (para niñ@s con edades comprendidas entre los 6 y los 10 años, que deberán ir acompañados por adultos si nunca realizaron una actividad de este tipo), iniciación larga (para adultos y niñ@s con experiencia en este deporte) y avanzado/ entrenamiento federados. Las salidas serán desde el Campo da Feira, de Vilanova de Lourenzá, a partir de las 10:30 horas.

Se aceptarán inscripciones de participantes hasta el 18 de diciembre, miércoles, a las 20:00 horas.

 

Etiquetas:
10/07/2018

Este domingo, día 15, a partir das 20:00 horas celebrarase en Foz a segunda edición da milla urbana Campo da Cabana. Foi presentada hoxe, martes, polo alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e polo presidente do Club de Atletismo Ría de Foz, Manuel Eiras.

Desde a organización explicaron: “presentamos a II Milla Campo da Cabana, que terá lugar este domingo, 15 de xullo, antes de poñernos a engalanar as rúas para a procesión do Carme.

As persoas interesadas aínda están a tempo de inscribirse na web championchipnorte.com. Esta segunda edición da Milla Campo da Cabana puntúa no Circuíto Tour Mariña 2018, que é un circuíto de verán de carreiras populares polas praias lucenses. Haberá carreiras para todos/as, desde pícaros/as á absoluta”.

Etiquetas:
14/12/2017

Foi presentada a segunda edición da Run Foz Run Nadal, que terá lugar o día 24 deste mes. Participaron no acto  Manuel Eiras e Marcos Loureiro, do Club Atletismo Ría de Foz, e o alcalde, Javier Jorge Castiñeira.

Na presentación explicaron que “na proba haberá diferentes categorías para que todas as persoas que o desexen poidan participar, desde pícaros ata veteranos C. Tanto a saída como a meta será a Praza Rosalía de Castro e a distancia para a carreira absoluta será de 5 quilómetros. A primeira saída será ás 16:30 horas para a categoría dos/as máis pequenos/as e a absoluta iniciarase ás 17 horas”.

Tamén comentaron que “o ano pasado a participación superou todas as expectativas e agardamos que este ano se sumen máis a esta tarde de deporte con gran ambiente festivo, antes de sentarse á mesa coa familia”.
 ...

leer más
Etiquetas:
11/05/2017

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, asistiu esta mañá en Vigo á presentación da carreira de atletismo Desafío 15K Series, que patrocina o Banco Mediolanum, e que chegará á Mariña o 29 de outubro. Esa será a xornada na que os asistentes realicen o percorrido comprendido entre Burela e Foz. 

O Desafío 15K Series dará comezo o 21 de maio en Ourense, seguirá o 11 de xuño en Arousa Norte, o 1 de outubro os participantes farán o percorrido denominado Atlántico, o 29 de outubro será a quenda para A Mariña e rematará nunha data por concretar en Vigo. 
Fernández Rey subliñou que “seguimos a apostar por este tipo de probas polo que supoñen para o deporte, pero tamén para a promoción turística de Burela. Haberá un grande ambiente eses días na zona e consideramos que a nosa participación é positiva para A Mariña e para Burela”....

leer más