Cervo

Etiquetas:
09/02/2022

O Concello de Cervo recupera a celebración do entroido, que terá lugar na última semana de febreiro, cos desfiles de Cervo e San Ciprián como pratos principais. O cartel completo con todas as actividades programadas será anunciado nos vindeiros días.

O Desfile de Entroido de Cervo, organizado pola asociación Airiños do Xunco, levarase a cabo o domingo 27 de febreiro, mentres que o Desfile de Entroido de San Ciprián celebrarase, como sempre, o martes 1 de marzo. Os dous desfiles realizaranse respectando os protocolos e medidas que as autoridades establezan para esas datas.

A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés celebra que se podan retomar este tipo de eventos e aclarou que “os desfiles desenvolveranse respectando, sempre, as medidas de distancia social e seguridade establecidas na data na que se...

leer más
Etiquetas:
06/02/2022

O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, celebra un ano máis o Día dos Namorados co VIII certame de amor na rede.

Tal e como puntualizou a edil, Dolores García Caramés, “o tema xenérico deste concurso é o amor, pero o amor en calquera das súas versións, como pode ser a amizade, a familia, a parella, o amor polas mascotas…; ou calquera idea que se lle poida ocorrer a calquera dos participantes.”.

Todos aqueles interesados poderán presentar o seu traballo en tres formatos diferentes: unha carta que non supere o espazo dun DIN-A4, un vídeo que non supere a duración de un minuto, ou unha foto. Estableceranse dúas categorías en función da idade: unha para maiores e outra para menores de 18 anos.

O prazo de presentación para a entrega dos traballos remata o domingo 13 de...

leer más
Etiquetas:
01/02/2022

A.C.R. Fervenza de Sargadelos organiza a VI edición da Foliada de Cervo que se celebrará o día 7 de maio, se as condicións sanitarias o permiten.

A organización comunica que aqueles grupos que desexen participar deben inscribirse no seguinte formulario: https://forms.gle/33p1DLw7ZomMfpTjB.

Colaboran na organización deste evento: Asociación Fol do Raxal, Marmeladas a Morena e Concello de Cervo.

A Foliada de Cervo volve celebrarse despois de dous anos de parón debido á pandemia. En edicións anteriores desenvolvéronse obradoiros e actividades musicais para a xente miúda. Ademais o programa complétase cun festival folklórico, cantos de taberna e foliada libre.

Etiquetas:
16/01/2022

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, xunto coa concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, e o edil de Turismo, David Rodríguez, quixeron felicitar de primeira man no ao emprendedor local Telmo Cao, que ven de ser seleccionado pola Michelangelo Foundation para formar parte da Homo Faber Guide, un proxecto que distingue aos mellores artesáns do mundo no referente á conservación do patrimonio cultural.

A Homo Faber Guide é un plan integrado na Michelangelo Foundation que pretende preservar e enaltecer a artesanía e potenciar as súas comunicacións a nivel internacional.

Cao ten o seu taller de forxa artística e escultura de metal na antiga nave de fundición de Sargadelos, que data do século XVII. Este espazo, que foi restaurado no ano 2017, foi cedido polo Concello de Cervo no ano 2020. 
A nave forma parte...

leer más
Etiquetas:
12/01/2022

A Piscina Municipal de Lieiro acollerá esta fin de semana un novo curso de esquimotaxe organizado polo Club de Piragüismo Cidade de Lugo e a Federación Galega de Piragüismo, coa colaboración da sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián e do Concello de Cervo.
 
O curso celebrarase o domingo, 16 de xaneiro, en horario de mañá e tarde de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.

 

Etiquetas:
11/01/2022

A parroquia cervense de Rúa celebrará as festas da Candelaria os días 2, 4, 5 e 6 de febreiro baixo carpa e adaptadas ás medidas sanitarias vixentes nese momento.

O programa de actividades empezará o mércores 2 ás 13:30 horas con misa cantada por Toñito e procesión. O venres 4 haberá verbena amenizada polas orquestras Los Satélites e Finisterre.

A festa seguirá o sábado 5 ás 13:00 horas con misa cantada polo Coro Parroquial de Cervo e procesión. Despois haberá sesión vermú coa orquestra Miramar, que tamén amenizará a verbena xunto con Fania Blanco Show.

E rematarán os festexos o domingo 6, xornada na que ás 13:00 horas celebrarase misa cantada polo Coro Parroquial de Cervo e procesión. E a continuación haberá sesión vermú co grupo Fénix, que tamén amenizará a verbena.

 

03/01/2022

Desde o Concello indican que “tendo en conta o aumento de contaxios nos últimos días, desde o Concello de Cervo tomouse a precaución de suspender as actividades previstas para a tarde de hoxe e para mañá. Cancélanse a Festa Infantil, prevista para a tarde de hoxe, e a Festa Acuática de mañá, martes 4 de xaneiro”.

Etiquetas:
28/12/2021

O Concello de Cervo felicita á veciñanza do municipio co seu tradicional calendario de Nadal.

En total editáronse 2.200 exemplares que xa se están a repartir fogar por fogar.

Tal e como explicou o rexedor Alfonso Villares, “este calendario é xa é todo un clásico do Concello de Cervo por estas datas, e cremos que é unha ferramenta moi útil para os nosos veciños porque recolle todas as datas importantes que terán lugar ao longo de todo o ano en Cervo, e tamén as festividades e días importantes que se conmemoran e celebran a nivel nacional; ademais da táboa de mareas e os teléfonos de interese do noso Concello”.

Toda esa información vai incluída nun deseño moi especial, xa que cada mes vén ilustrado cunha fotografía de grupos de amigos, familias, de paisaxes, de xuntanzas ou de celebracións...

leer más
Etiquetas:
26/12/2021
A Apalpadora pasará este luns por San Román de Vilaestrofe, en Cervo, e Viveiro da man da Vicepresidencia da Deputación. As visitas forman parte da programación organizada pola área de Cultura co obxectivo de promover a presenza de tradicións propias na representación do Nadal, que inclúe 15 encontros nas distintas comarcas.
 
As citas serán no pavillón polideportivo de San Román de Vilaestrofe, en Cervo, ás 17.00 horas, coa colaboración da asociación veciñal da parroquia, e na sala da Biblioteca Municipal de Viveiro, ás 20.00 horas, coa colaboración da Asociación Centro Comercial Histórico.
 
A narradora Antía Vázquez, acompañada polo músico André Espiñeira, será a encargada de presentar as crianzas esta personaxe e as lendas que perviviron na...
leer más
Etiquetas:
20/12/2021

O Concello de Cervo programa un concerto de Nadal que se celebrará este martes, 21 de decembro.

Este concerto correrá a cargo da Orquestra de Corda do Conservatorio de Viveiro e terá lugar no auditorio da Casa da Cultura, a partir das 20:30 horas.

A actuación inclúese no ciclo A Caixa de Música, organizado pola delegación de Cultura do Concello de Cervo, que se iniciaba o pasado mes de outubro e que ofrece diversos concertos de música clásica e de bandas en diferentes puntos do municipio.