Cervo

Etiquetas:
15/02/2015
Trinta mulleres participan no curso de palillar que ofrece o Concello de Cervo como antesala do Encontro que haberá en abril.
 
O curso de palillar arrincou este mes de febreiro con 30 mulleres inscritas, que se xuntan os luns e mércores de 16 a 18 horas na Casa da Cultura para practicar esta arte tradicional guiadas pola profesora de encaixe Modesta Lombardero. Unha actividade que se vén desenvolvendo nos últimos anos como complemento ao Encontro de Palilleiras e no que as alumnas melloran as súas destrezas. 
Polo tanto, trátase dun curso de continuidade, “que todos os anos ten moi boa acollida e no que as participantes contribúen a manter viva esta tradición artesanal”, tal e como asegura a edil de Igualdade, Pilar Armada. Así, “ímonos adiantando ao Encontro, experimentando a sensación de palillar e preparándonos para ese grande evento”.
En canto ao Encontro, Armada asegura que o...
leer más
Etiquetas:
11/02/2015
Airiños do Xunco e o Concello de Cervo ultiman os actos do Entroido que arrincará o sábado co playback infantil.
 
Airiños do Xunco e o Concello traballan nos últimos detalles dos Entroidos de Cervo e San Ciprián respectivamente, nos que se mesturan as actividades infantís cos desfiles e concursos de disfraces. No caso dos actos para os nenos e nenas, en Cervo teñen preparado o tradicional playback infantil (sábado, 18:30 h., Casa do Concello), mentres en San Ciprián poderán participar nun baile de disfraces (luns, 18 h. Casa do Mar). 
En canto aos desfiles, o primeiro será o de Cervo durante o Domingo de Entroido (18 h.) que partirá do pavillón do CEIP e discorrerá polas rúas da vila rematando na praza do Souto, onde se entregarán os premios. En San Ciprián celebrarase o Martes de Entroido (18 h.) con saída e remate na praza dos Campos. Ademais, ese mesmo día haberá música coa...
leer más
Etiquetas:
06/02/2015
Os actos do Entroido protagonizan a programación do Concello de Cervo para febreiro, que inclúe tamén actividades musicais e formativas.
 
Os actos de Entroido protagonizan a programación do Concello de Cervo para este mes de febreiro, na que inclúen tamén actividades musicais e formativas, entre outras.
Haberá actos de Entroido en Cervo, os días 14 en 16; en San Cibrao, os días 16 e 17; e en San Román, o día 21. Ademais o 13, venres, actuará o Big Band de Foz no auditorio da Casa da Cultura ás 20 horas.
A programación inclúe tamén un encontro de autocaravanas, que terá lugar en San Cibrao do 20 ao 22 deste mes, e un bautismo de buceo, que levará a cabo o día 21 a partir das 10 horas na piscina de Lieiro.