Cervo

Etiquetas:
12/01/2016
O Concello de Cervo organiza campionatos de tute e de parchís para celebrar o día da muller traballadora.
 
A Delegación de Igualdade do Concello de Cervo organiza campionatos de tute e de parchís para celebrar o Día da Muller Traballadora. O prazo de inscrición para participar empezou onte, luns, e remata este venres, día 15. Hai que apuntarse por parellas na Casa do Mar de San Ciprián en horario de 09:30 a 14:30 e de 16:00 a 20:00 horas ou chamando ao teléfono 982.87.95.83.
As partidas dos dous campionatos celebraranse durante o vindeiro mes de febreiro na Casa do Mar de San Ciprián e os premios entregaranse durante unha cea, que é unha das actividades que está organizando o Concello de Cervo para conmemorar o Día da Muller Traballadora durante unha xornada na que haberá outros actos e cuxa data está sen decidir polo de agora.
A...
leer más
Etiquetas:
11/01/2016
Concello de Cervo e Escola de Buceo Centro de Actividades Subacuáticas Costa de Lugo firmaron un convenio de colaboración para promover a práctica do submarinismo.
 
O Concello de Cervo e a Escola de Buceo Centro de Actividades Subacuáticas Costa de Lugo acaban de firmar un convenio de colaboración entre ambas entidades cuxos fins son non lucrativos e teñen por finalidade sociodeportiva e cultural dar a coñecer as técnicas de mergullo con escafandra autónoma, salvamento e socorrismo. A principal actividade é a promoción do deporte, a actividade física e o coñecemento do fondo mariño. Así o explicou o concelleiro de Deportes cervense, José Ramón Soto Martínez, que se reuniu co presidente do club, Julio Vázquez Pérez, na piscina olímpica de San Ciprián.
José Ramón Soto manifestou que “como non pode ser doutro xeito, o Concello de Cervo segue apostando polas actividades sociodeportivas e firmou este convenio coa Escola de Buceo Centro de...
leer más
Etiquetas:
16/12/2015
A programación de Nadal no Concello de Cervo inclúe 23 actividades, que se desenvolverán ata o vindeiro 5 de xaneiro.
 
A programación de Nadal no municipio de Cervo inclúe 23 actividades, que se desenvolverán dende onte, martes, ata o 5 de xaneiro. Foron presentadas polos concelleiros Dolores García Caramés, Manuela Méndez Álvarez, José Ramón Soto Martínez e Plácido Pérez Otero.
Dende hoxe, martes, ata o vindeiro luns, día 21, farase en diferentes puntos do municipio unha campaña de recollida de xoguetes para destinar a familias con escasos recursos. Nesta iniciativa colaboran o Concello de Cervo, a asociación Arroutados e a Cruz Vermella.
O 19 de decembro ás 17 horas no pavillón da Veiga, en san Ciprián, haberá un campionato de kárate, concretamente da especialidade de katas nihon taijitsu, organizado pola Federación Galega de Kárate. Ese mesmo día...
leer más
07/12/2015
O Concello de Cervo e a sección de baloncesto do CD San Ciprián organizan unha recollida de alimentos e xoguetes para familias necesitadas. Será o 13 de decembro e coincidirá con diversas actividades.
 
O Concello de Cervo e a sección de baloncesto do Club Deportivo San Ciprián organizan unha recollida de alimentos e xoguetes para os máis necesitados durante un evento que se denomina Unha canasta solidaria. Será este domingo, día 13, a partir das catro e media da tarde no pavillón municipal de A Veiga, en San Ciprián. Na presentación das actividades participaron o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, e os responsables da sección de baloncesto do CD San Ciprián Nacho Mota e Kevin.
O edil delegado de Deportes en Cervo explicou que para este evento contan con colaboración de Cruz Roja e do Club de Baloncesto Terra Cha e comentou que “nestas datas tan entrañables nas que a solidariedade emerxe dunha forma especial o equipo de baloncesto de San Ciprián e o Concello de...
leer más
Etiquetas:
04/12/2015
A Casa do Concello, en Cervo, e a Casa da Cultura, en San Ciprián, expoñerán os beléns de plastilina que farán @s nen@s o 7 de decembro. E a partir do día 21 haberá "Enredos de Nadal".
 
A Casa do Concello, en Cervo, e a Casa da Cultura, en San Ciprián, expoñerán os beléns de plastilina que farán nenos e nenas o vindeiro luns, día 7. Ademais os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 deste mes haberá as actividades denominadas Enredos de Nadal. 
A concelleira de Cultura e Educación, Dolores García Caramés, anunciou hoxe que “o Concello de Cervo estrea as actividades de Nadal cos tradicionais beléns de plastilina que serán elaborados este vindeiro luns, 7 de decembro, polos nenos e nenas en San Ciprián en horario de mañá, a partir das 11:30 horas, e en Cervo en horario de tarde, a partir das 17:00 horas. Estarán expostos na Casa do Concello e na Casa de Cultura durante estas datas. Estes peculiares nacementos elaborados con masa plástica son unha das actividades...
leer más
Etiquetas:
13/11/2015
O prazo para participar no certame de postais de Nadal organizado polo Concello de Cervo está aberto ata o 23 de novembro. Está dirixido a nenos de Infantil e Primaria.
 
O Concello de Cervo convoca un ano máis o certame de postais de Nadal, que este ano chega á súa 16ª edición, dirixido a nenos e nenas alumnos de Infantil e Primaria do municipio. Os traballos poden achegaranse á Casa do Mar de San Ciprián ou á Casa do Concello de Cervo ata o 23 de novembro e terán que presentar unha temática de Nadal, con técnica libre en cartolina tamaño folio.
Haberá tres modalidades en función da idade dos participantes: de 3 a 5 anos, de 6 a 9 e de 10 a 12. Entre os tres finalistas o Concello escollerá a que felicite o Nadal oficialmente a outros concellos e institucións, sempre e cando cumpra as condicións para unha boa reprodución na imprenta. O fallo do xurado farase público o día 30 este mes.
A concelleira de Educación, Cultura e...
leer más
Etiquetas:
12/11/2015
O Concello de Cervo organiza a 4ª Larpeirada de ourizo de outono o 21 de novembro. Haberá magosto, concursos de postres e de debuxo infantil.
 
O Concello de Cervo organiza para o día 21 deste mes, sábado, a cuarta edición da Larpeirada de ourizo de outono, que terá lugar en San Ciprián. Este evento inclúe magosto popular, concurso de postres elaborados con castañas e a entrega de premios do certame de debuxo infantil sobre a castaña para nenos e nenas de 3 a 11 anos, que poden presentar os seus traballos ata o día 20 na Casa da Cultura ou na Casa do Concello.
O día 21 as actividades comezarán ás 16:30 horas coa recepción na sala de exposicións da Casa da Cultura dos pratos elaborados con castañas participantes no concurso gastronómico. Ás cinco da tarde empezará na Prazoleta de San Ciprián o magosto popular amenizado polo grupo de gaitas A Rebolaxe. E ás 18 horas entregaranse os premios do certame gastronómico e...
leer más
Etiquetas:
09/11/2015
A asociación de veciños do Burgo de Trasbar, en Cervo, organiza para este sábado, 14 de novembro, unha nova edición do magosto. Tamén haberá teatro.
 
Os actos terán lugar no local social e comezarán a partir das 19.00 h, con unha obra de teatro, a cargo do grupo Falcatrueiros coa obra “Clownvento”, unha obra incluída no programa Buxiganga da Deputación de Lugo, con entrada libre.
 
De seguido, poderán degustar castañas (1 €/ración) acompañadas dun bocata de panceta (1,50 € socios e 2,50 € non socios).
 
Aínda que a programación é similar á de outros anos… este ano será diferente!!! E ata aí podemos ler… Dende a Asociación de veciños do burgo de Trasbar animan a toda a xente a participar deste magosto.
 
O colectivo tamén...
leer más
Etiquetas:
28/10/2015
O Concello de Cervo organiza talleres de manualidades e de cociña, festa e cine para celebrar o Samaín.
 
A Delegación de Educación e Cultura do Concello de Cervo, que dirixe a concelleira Dolores García Caramés, organiza talleres de manualidades e de cociña, festa e cine, entre outras actividades, para que os nenos e nenas do municipio celebren o Samaín.
 
Dolores García anunciou hoxe que o alumnado do punto de atención á infancia (PAI) celebrará este venres, día 30, a súa festa temática con xogos e merenda no salón de actos da Casa do Mar de San Ciprián a partir das 17:30 horas. Tamén este venres haberá un taller de manualidades de Samaín na Casa do Mar de 11 a 12:30 horas para alumnos de Infantil e de 12:30 a 14 horas para os de Primaria.    
O sábado, día 31, tamén na Casa do Mar,...
leer más
Etiquetas:
26/10/2015
A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Cervo organiza tres obradoiros, que darán comezo o 3 de novembro. O prazo para inscribirse está aberto.
 
AA Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade de Cervo organiza tres obradoiros que botarán a andar o 3 de novembro e que traballarán aspectos como a memoria, as manualidades ou a conciliación familiar, entre outros. O prazo para anotarse está aberto e debe facerse polas mañás na Casa do Mar de San Ciprián. 
O primeiro dos obradoiros leva o nome de Lembranzas e está dedicado á memoria. É o sexto ano que se realiza con esta denominación aínda que existe dende hai unha década. Desenvolverase polas tardes nas localidades de Cervo, San Ciprián, Rúa, San Román, Castelo e Trasbar e vai destinado a persoas de todas as idades. 
O obradoiro Agarimos, pola súa parte, comeza tamén o 3 de novembro e é a súa segunda edición. Neste caso vai...
leer más