Fotos

Etiquetas:
08/02/2017

Ata o 14 de marzo pódese visita no Complexo RegalXunqueira, en Viveiro, a exposición de de fotografías de Naza Meijide, titulada “Amienatta”. 

“-¡Amienatta!, ¡Amienatta!-Gritan as voces das nenas que baixan, correndo descalzas, polo enlodado camiño que atravesa a aldea e polo que, cada día, todos voltavamos camiñando a casa de voluntarios. Sorrisos sinceros que enchían as pupilas e ensanchaban o corazón, sons titilantes no calor intoxicante  e húmedo de Lamin ó mediodía”.

Amienatta é un traballo fotográfico sobre a aldea de Lamin (Gambia), os arredores e as súas xentes. Unha viaxe introspectiva a unha experiencia inolvidable na que vivín, integrada, nesa remota aldea do país africano, convivindo, aprendendo, crecendo e querendo as súas xentes. Porque como di a costume gambiana “is nice to be nice”.

... leer más
Etiquetas:
18/12/2016
Ata o 31 de xaneiro pódese visitar na sala de exposicións de RegalXunqueira, en Viveiro, a exposición "Homes e Bestas", de José Mª Álvez e Sergio López.
 
Ata o 31 de xaneiro pode visitarse na sala de exposicións de Regalxunqueira, en Viveiro,  a exposición titulada "Homes e Bestas. Tradición cabalar en Mondoñedo",  de José Mª Álvez e Sergio López Maseda.
 
A mostra consta de 39 fotografías que recollen impactantes imaxes da rapa das bestas de Campo de Oso en Mondoñedo nos anos 70 e dende 1998 á actualidade. Tamén reflicten instantáneas da feira cabalar das San Lucas e da baixada dos cabalos do monte para as populares feiras mindonienses nos últimos anos. As fotografías recollen o traballo fotoxornalístico de José María Álvez Marciel dende a súa chegada á comarca da Mariña para traballar no diario El Progreso. Ademais a mostra tamén presenta instantáneas tomadas polo fotógrafo burelés Sergio López da rapa nos anos 70.
 
... leer más
Etiquetas:
28/11/2016
O 3 de decembro chegará a Ourol o obradoiro da Fundación TIC "O móbil e o banco de recordos".
 
O obradoiro "O móbil e o banco de recordos" estará en Ourol o 3 de decembro. Esta actividade está organizada pola Fundación TIC da Deputación Provincial de Lugo, que invita a participar ás persoas maiores de 55 anos. Os asistentes deberán levar as súas fotos máis apreciadas para que se lles ensine a dixitalizalas co seu móbil e realizar posteriormente un álbum moi especial.
 
Os interesados poden anotarse no número de teléfono 982 559019. A Fundación TIC fai un chamamento á participación para que a memoria dos nosos maiores perdure na rede.
 
Este obradoiro "O móbil e o banco de recordos" terá lugar o 3 de decembro ás 16:00 horas na Casa da Cultura de Ourol.
 
Etiquetas:
22/11/2016
A Unidade de Drogodependencias de Burela mantén aberto ata o 25 de novembro o prazo para participar no I Concurso de Fotografía, convocado para conmemorar o Día Mundial da Sida.
 
A Unidade de Drogodependencias mantén aberto o prazo para participar no I Concurso de Fotografía, convocado con motivo da celebración do Día Mundial da Sida, que terá lugar o vindeiro 1 de decembro. Os traballos poderán presentarse ata o próximo venres, 25 de novembro. 
 
O concelleiro de Sanidade, José Díaz, lembrou que “a Unidade de Drogodependencias de Burela ha convocado un concurso de fotografía que es algo novedoso, siempre celebraban el Día Mundial del Sida, que es el próximo 1 de diciembre, con una mesa informativa y demás, pero este año tuvieron la iniciativa de convocar este concurso de fotografía que es muy interesante de cara a esa concienciación de la gente”.
 
José Díaz considera necesario que “no se olvide el tema y el...
leer más
Etiquetas:
16/11/2016
Burela acollerá o 23 de novembro o obradoiro denominado "O móbil e o banco de recordos". A inscrición para participar está aberta.
 
A Delegación de Servizos Sociais colabora na organización dun obradoiro titulado O móbil e o banco de recordos, que terá lugar o vindeiro mércores, 23 de novembro. Desenvolverase no Centro de Formación Ocupacional de Burela en horario de 16:00 a 19:00 horas. Este obradoiro está organizado pola Deputación de Lugo coa que colabora o Concello burelés, a través da súa Concellería de Servizos Sociais.
 
A edil Patricia Otero comentou que “este proxecto sobre a memoria dixital lucense é un banco de recordos audiovisual promovido pola Deputación de Lugo dentro do programa de promoción de autonomía dos maiores da provincia a través das novas tecnoloxías que xestiona a Fundación TIC”.
 
A responsable de Servizos Sociais en Burela explicou que “o Concello súmase a esta memoria...
leer más
Etiquetas:
28/10/2016
Ata o 13 de novembro pódese visitar na Casa da Cultura de Burela a exposición "Imaxes con fondo", do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
 
O Programa de Atención de Inmigrantes do Concello, como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, presenta unha exposición titulada Imaxes con Fondo. 
 
Segundo explica a concelleira de Inmigración e Cooperación, Angélica Gómez, “dita exposición promove a reflexión  e o pensamento crítico, así como o cambio de actitudes dentro da nosa sociedade por medio da palabra e da imaxe”. 
 
A mostra poderá verse na Casa  da Cultura ata o 13 de novembro e conta coas obras mais destacadas das presentadas ao concurso fotográfico Imaxes con fondo do 2012. “Nas fotografías quedan reflectidos aspectos sobre solidariedade interxeracional, aforro enerxético, respecto ao medio ambiente, consumismo occidental, prostitución,  explotación  laboral...
leer más
28/09/2016
Do 1 ao 31 de outubro poderase visitar en Mondoñedo unha exposición de fotografías sobre a tradición cabalar na cidade. Está promovida pola asociación As San Lucas.
 
Mondoñedo acollerá durante o mes de outubro, no Centro Comarcal, unha exposición de fotografías representativas da tradición cabalar que ten a cidade, a través de imaxes tomadas durante as feiras e festas das San Lucas e a rapa das bestas do Campo do Oso.
 
A mostra, que se desenvolve baixo o titular de Homes e Bestas. Tradición cabalar en Mondoñedo, conta cun total de 40 imaxes, seleccionadas entre as máis de 3.000 fotografías dos profesionais José María Álvez e Sergio López Maseda.
 
A inauguración da exposición, que os interesados poderán visitar entre o 1 e o 31 de outubro, será este sábado, ás 20.00 horas. A iniciativa está promovida pola Asociación As San Lucas, organizadora...
leer más
Etiquetas:
04/09/2016
A sala de exposicións da Oficina de Turismo, en Ribadeo, acolle ata o 18 de setembro unha mostra de fotos de José Ángel Docobo.
 
A sala de exposicións da Oficina Municipal de Turismo de Ribadeo acollerá desde mañá, sábado, ata o día 18 deste mes unha mostra de fotografías de José Ángel Docobo Durántez.
 
A exposición, titulada As cores da vida, foi dada a coñecer pola Delegación de Cultura do Concello de Ribadeo.
 
Etiquetas:
25/08/2016
El último sorteo del I Concurso Fotográfico "Mi Verano en Foz'16" será el próximo 1 de septiembre.
 
Sigue con éxito de participación el I Concurso Fotográfico Mi Verano en Foz’16, que organiza ACIA/CCA de Foz. Hoy tuvo lugar el sorteo de regalos de la tercera semana del concurso. 
 
La foto más votada en las redes sociales, que recibirá 50 euros en vales de compra, es la denominada Suelta que te vas a quemar, de José Manuel Juanco Uria. En el sorteo aleatorio realizado entre aquellas personas que enviaron fotos a lo largo de los últimos días la premiada es la imagen La estela de Foz, de José Vicente Niñez Lousas, que recibirá 100 euros en vales de compra. En el sorteo de zapato/joyero de Decoraciones Pura la imagen elegida fue Amplitud de la playa de Llas, de Daniel Méndez Fernández y en el sorteo de cafetería pastelería Anduriña,...
leer más
Etiquetas:
18/08/2016
Ata o 3 de setembro pódese visitar na Sala de Exposicións Centro Cívico de Xove, a novena edición de Xove 360º. A mostra está formada por 46 fotografías de 16 autores.
 
En Xove na Sala de Exposicións Centro Cívico, o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola concelleira de cultura e por fotógrafos presentes na mostra, inaugurou unha nova edición de XOVE 360º. Esta mostra que o Concello organiza cada ano, xunto co Colectivo de Fotógrafos de Xove, vai xa pola novena edición. O título escollido para edición deste ano foi “Cemiterios”, tema escollido para esta edición e sobre o cal cada autor puido presentar unha fotografía.
 
O resto da exposición  foi de tema libre, de aí a gran variedade existente nas obras presentadas: paisaxes, retratos, flora, fauna, composicións, etc.
 
En total a exposición está conformada por 46...
leer más