Foz
A asociación cultural A Pomba do Arco celebrará o domingo 15 de febreiro ás 20:30 horas no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz unha nova edición do Touporroutou, un dos espectáculos clásicos do Entroido focego. A representación correrá a cargo do grupo Touporroutou Teatro e das pandeireteiras de A Subela.
A entidade organizadora anima a toda a veciñanza a colaborar coa actividade, achegando as súas coplas ás caixas distribuídas en diversos establecementos de Foz. Segundo indica a asociación, estas caixas están dispoñibles en: Eskina, Anduriña, Urban, Muelle Bar, Cervexaría Augas Santas, Funcional, Happy Days, Pachán, Chapela, A Bolera, Casa Damián, “Dandy” e “Xoiña”. Como novidade, A Pomba do Arco habilita tamén o correo electrónico apombadoarco@gmail.com para que quen o desexe poida...
leer másA asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza para o día 21 de febreiro, sábado, unha ruta con comida de cocido no municipio lucense de Baamonde. A saída desde Foz será ás 11:45 horas e ás 12:00 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 53 euros para socios federados e 55 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o sábado 7 de febreiro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta actividade a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
Os campionatos de baristas e cata de cafés do IES de Foz celébranse dende o mércores 25 ata o venres 27 de febreiro de 2026 no IES de Foz. “Estamos na décimo oitava edición do campionato de baristas e décimo terceira do campionato de cata. Un ano máis superámonos e participan 26 centros de hostalería de 14 comunidades autónomas, tamén do estranxeiro, con participantes de Portugal e Italia. Nesta edición contamos co Centro de Hostalería de Viana do Castelo, en Portugal, e a Escola Giuseppe Zanardeli, de Brescia (Italia)”, anuncia o IES de Foz.
O centro de Secundaria focego explica que “todo isto non é traballo dun só día nin dunha soa persoa; dende o IES de Foz sentímonos especialmente orgullosos da estreita colaboración que establecemos con toda a contorna na que traballamos, contando con máis de cincuenta e catro patrocinadores e...
leer másA Escola Municipal de Música Arcadio Mon, de Foz, ofrecerá audicións os días 6, 10, 11 e 12 de febreiro. Todas elas serán ás 20:00 horas.
Este venres, día 6, haberá audición de piano na Casa da Cultura. E as seguintes serán no Cenima: o martes 10, guitarra e vento metal; o mércores 11, percusión e violín; e o xoves 12, vento madeira.
Todo está listo en Foz para a celebración de San Valentín. O Centro Comercial Aberto celebrará esta data sorteando 400 euros en vales de compra e unha escapada romántica. A campaña desenvólvese entre os días 2 e 18 de febreiro.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, conta que “aquelas persoas que fagan as súas compras por importes superiores a 10 euros no noso comercio entre os días 2 e o 18 de febreiro poderán entrar no sorteo de 4 vales de compra de 100 euros cada un e dunha escapada romántica. O sorteo farémolo en Radio Foz o día 19 de febreiro”.
Paleo anima “a apostar unha vez máis polos negocios locais nos que podemos atopar todo o que precisamos par sorprender ás nosas parellas. Na hostalería de Foz tamén haberá propostas gastronómicas para celebrar o día de San Valentín”.
... leer másA Aula Universitaria da UNED de Foz presenta a súa programación formativa para o mes de febreiro, cunha oferta de cursos dirixidos a opositores, estudantes e público en xeral, que combina formación xurídica, lingüística, ambiental e de benestar persoal.
“Entre as actividades programadas destaca o Curso para opositores: Nocións fundamentais sobre a Constitución Española de 1978 e a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, que será impartido pola docente Inés García Balseiro, avogada e formadora. O curso desenvolverase do 9 ao 12 de febreiro, cunha duración total de 30 horas. Tamén dará comezo o Curso de Inglés A2, impartido pola profesora e habitual colaboradora da Aula Universitaria da UNED de Foz, Leticia Veiga Lestegás, cunha duración de 30 horas online, desde o 9 de...
leer másA asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o día 15 de febreiro, domingo, a ruta Acantilados de Vidio, no municipio asturiano de Cudillero. A saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:15 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o luns 9 de febreiro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo e anuncia que é unha ruta por “una bonita ruta costera, desde el Cabo de Vidio hasta la playa...
leer másO Concello de Foz presentou a programación completa do Entroido, que inclúe actividades desde o día 31 de xaneiro ata o 20 de febreiro.
“O Entroido é para Foz unha das épocas de máis actividade e emoción. Para grupos e peñas son meses de traballo nos que confeccionan vistosos traxes, artiluxios e carrozas que fan as delicias de xente de tódalas idades”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que anuncia: “a partir da próxima semana estará habilitado o formulario na sede electrónica do Concello para a inscrición no desfile de Foz. Estará aberto ata o xoves 12 ás 14.00horas. Non se permitirán inscricións o mesmo día do desfile. Tamén poderán inscribirse no rexistro do Concello. Os grupos, comparsas e carrozas que queiran participar no sorteo de postos deberán anotarse antes do luns 9 ás 14.00 horas. O sorteo será na Casa da...
leer másVilaxoane, en Foz, celebrará as festas na honra a San Blas os días 3, 6, 7 e 8 de febreiro.
As actividades comezarán o martes 3 de febreiro, día do patrón. Ás 13:00 horas celebrarase misa solemne, procesión e bendición do tradicional Pan de San Blas. Ás 18:30 horas haberá outra misa solemne e farase a imposición do santo todo o día.
Para o venres 6 febreiro está programada unha verbena amenizada polo dúo Belinda e a orquestra Gran Parada.
O sábado 7 haberá sesión vermú co grupo D'Kris, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Principal.
E o domingo 8 febreiro celebrarase a Festa dos Callos San Blas 2026, organizada pola Peña Fálame Sempre e para a cal poderán reservarse anticipadamente os tickets ata o día 03 de febreiro na librería A Rapadoira. Tamén...
leer másEste venres, día 16 de xaneiro, ás 18.00 horas abrirase o prazo para reservar entradas para a cea de coroación do Rei do Entroido 2026: Dérek Pérez González e as súas damas, Laura Fanego Fernández e Cristina Otero Rodríguez. Será o día 31 de xaneiro.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “este ano, como novidade, substitúese o correo electrónico por un formulario habilitado na web para este evento. O representante de cada mesa cubrirá os seus datos e enviará o listado cos membros da mesa. Buscamos que sexa unha forma sinxela para anotarse e reservar as entradas, sen as longas colas que ser formaban antes”.
O evento, que será de novo na carpa situada na rúa Atalaia, na que xa se está colocando todo, será o sábado 31 de xaneiro. O menú consta de empanada, sopa de cocido, costela asada, postre con...
leer más












