Foz

16/07/2025

A asociación folclórica e cultural A Subela, de Foz, organiza o XXIV Festival Aires do Masma na vila focega este sábado, día 19 de xullo. Será ás 21:00 horas na Praza Conde de Fontao. Ademais do colectivo anfitrión actuará o grupo Axeigo, formación lucense de música tradicional galega.

“O cartel deste ano é moi especial xa que na imaxe empregada podemos ver ás bailadoras da Subela. A imaxe é un cadro pintado por Mariangel Leal a partir dunha foto tomada polo seu irmán, José Ramón Leal. Queremos darlles as grazas por deixarnos empregar esta fermosa imaxe que tanto nos gusta”, explica A Subela.

Etiquetas:
16/07/2025

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará este sábado, día 19 de xullo, a ruta Fazouro-Trasmonte. A saída desde a área recreativa Ponte de Ferro ás 09:00 horas.

O prazo para anotarse remata o venres 18 e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, con dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.

14/07/2025

A parroquia de San Martiño, no concello de Foz, celebrará as festas do Carme desde este venres, 18 de xullo, ata o domingo 20.

As actividades comezarán o venres as 20:30 horas cunha actuación de Batucada Kombarullo; ás 21:00 horas haberá pancetada e ás 22:30 horas empezará a verbena, que amenizarán o grupo Fénix e a orquestra New York.

O sábado celebrarase misa ás 13:30 horas e despois haberá procesión e sesión vermú, co grupo JB SON, que tamén amenizará  a verbena xunto ao Grupo Beatriz.

E o domingo celebrarase misa ás 13:30 horas e a continuación haberá procesión e sesión vermú co grupo Toxo Guayaba.

10/07/2025

Os colectivos do Entroido focego Peña Ñasss e Farangullas organizan unha sardiñada en Foz este sábado, día 12 de xullo. Será no Paseo da Ribeira, ao lado de Portochico, desde as 19:00 horas.

Haberá sardiñas, cachelos e bolos preñados. E o bar estará a cargo da comparsa As Farangullas.

09/07/2025

A parroquia de Santa Cilla, no concello de Foz, celebra as festas na honra á Virxe do Carme desde o venres 11 ata o domingo 13 de xullo

As actividades comezarán o venres ás 21:00 horas  con churrascada e chourizada amenizada pola orquestra Los Satélites e Disco Móvil Conxuro.

O sábado ás 13:30 horas haberá sesión vermú a cargo do grupo Lume, que tamén amenizará a verbena co grupo Claxxon.

E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne; e despois, procesión e sesión vermú no campo da festa a cargo do dúo Belinda, que tamén amenizará a sesión de tarde, a partir 19:00 horas. Haberá ademais inchables gratis para os nenos e nenas

A organización destaca que o recinto da festa estará cuberto con carpa e disporá de amplos aparcamentos.

Etiquetas:
09/07/2025

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 20 de xullo, domingo, un descenso en piragua polo río Sella desde Arriondas (Asturias). A saída desde a vila focega será ás 07:30 horas.

Os prezos desta actividade son 90 euros para os socios e 95 euros para as persoas que non o son.

O prazo para anotarse remata este venres, 11 de xullo, e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta actividade a organización recomenda levar roupa e calzado adecuado para meterse no río.

Etiquetas:
08/07/2025

A asociación socio cultural A Pomba do Arco, de Foz, organiza a vixésimo oitava edición das Xornadas de Historia Local, que se desenvolverán do 28 ao 31 de xullo con catro charlas. Todas elas serán na Casa da Cultura focega ás 20:30 horas.

O luns 28 Ugia Pedreira ofrecerá a charla titulada Achegamento á musica de tradición oral na Mariña; o martes 29 Vidal Martínez-Sierra falará de Os maragatos na Mariña; o mércores 30 haberá unha intervención de Antonio Reigosa sobre A literatura de tradición oral na Mariña; e o xoves 31 Manuel Miranda ofrecerá a conferencia titulada O patrimonio arqueolóxico de Foz.

Etiquetas:
08/07/2025

A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza, a Andaina Contra o Cancro este domingo, día 13 de xullo, na vila focega. A saída será as 10:00 horas desde diante da Casa do Concello.

“El próximo, domingo 13 de julio, tendremos un año más la Andaina Contra o Cancro; al terminar la ruta en el puerto habrá una mesa de la AECC para recaudar fondos. Participa, colabora se solidario”, anuncia Os Sendeiros.

O prazo para inscribirse está aberto ata este venres, 11 de xullo.

Etiquetas:
05/07/2025

O Concello de Foz presentou a programación das festas do Carme, que se celebrarán na vila focega do 11 ao 17 de xullo.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia: “achéganse as datas máis emotivas no calendario do verán de Foz, as festas do Carme. A devoción á Virxe do Carme é un sentimento máis que palpable no pobo de Foz, que vivirá nos vindeiros días un non parar de actividades. A foto do cartaz da festa deste ano pertence ao arquivo do Concello e é do fondo de Antonio Ares”.

O venres 11 de xullo ás 21.00 horas na Praza do Concello segue o programa Sons na Rúa coa actuación da Coral Polifónica de Foz. O sábado 12 a partir das 19.00 horas no Paseo da Ribeira a Peña Ñasss e As Farangullas organizan a tradicional sardiñada. O domingo 13 é a quenda do festival Coa Nosa Fala, que emprazado no Campo da...

leer más
04/07/2025

O Concello de Foz anuncia que o verán no municipio “concentra actividades de todo tipo e este ano as noites tamén terán contido para que rapaces e rapazas teñan alternativas para desfrutar. Estas actividades do programa Noites Alternativas desenvólvense a partir das dez da noite para mozos de 10 anos en diante”.

As Noites comezarán a vindeira semana, co fútbol sala 3x3 no Campo da Cabana, os días 7, 9 e 10 de xullo. O 28 e 29 será a quenda do lasertag. O wipeout será o 4, 6 e 7 de agosto. As seguintes actividades trasladaranse á praia da Rapadoira: os días 11, 12 e 13 de agosto haberá volei praia e o 18, 20 e 21 de agosto, fútbol praia; para rematar o 25, 27 e 28 co baloncesto 3x3 de novo no polideportivo do Campo da Cabana.

“Son deportes moi demandados e este ano incluímos como novidade o lasertag, un xogo moi...

leer más