Foz

Etiquetas:
21/10/2023

O venres 27 de outubro estará na Libraría Bahía, ás 20:30 horas, Celia Recarey.

Celia Recarey, ademais de tradutora, é editora de Irmás Cartoné, que  publica traducións ao galego de novelas de distintas tradicións literarias e de distintas épocas.

As súas traducións son exquisitas así como a propia edición das mesmas. Conta entre as súas autoras con nomes como Virginia Wolf, Silvia Plath ou Margaret Atwood.

Desde a Libraría Bahía explican que “falaremos con Celia sobre a vida dunha pequena editorial, a tradución literaria nos tempos da intelixencia artificial, a selección de títulos a editar, e moitos outros temas ben interesantes para calquera que ame a literatura”.

 

Etiquetas:
18/10/2023

O evento para elixir a raíña ou rei do Entroido de Foz 2024, que fora aprazado polos incendios forestais da pasada semana, será este sábado, 21 de outubro, na Sala Bahía, a partir das 19:30 horas.

A asociación O Noso Foz anuncia que “o prezo da entrada, recurso indispensable para poder votar, é de 2 euros. Os menores de 14 anos entran gratis. Haberá servizo de barra. A noite estará amenizada por DJ Alejandro Martínez. A cea quedará en mans de Espacio Machete e haberá moitas sorpresas. Non te esquezas do teu disfrace. Non volo podedes perder! Esperámosvos! Desexámoslles a maior das sortes a todos os candidatos/as! Estamos seguros de que todos serán dignos representantes do noso queridísimo Entroido”.

Etiquetas:
17/10/2023

A Aula Universitaria de Foz, da UNED Lugo, ten aberto ata este sábado, 21 de outubro, o prazo de matrícula para o curso de acceso a maiores de 25 e 45 anos. E o luns, día 23, rematará para calquera dos seus 30 graos e 21 graos combinados sen límite de prazas, aos que se pode acceder sen nota de corte e con prezos públicos. Anunciouno hoxe, luns, a concelleira de Aula Universitaria, Elena Martínez Pena.

Uned Lugo continúa a implantación no curso académico 2023-24 do Grao en Educación Infantil, que completa a oferta da súa Facultade de Educación, preparando futuros graduados dedicados á formación de nenos durante a primeira infancia de 0 a 6 anos; e do Grao en Enxeñaría da Enerxía, que se engade á ampla oferta da súa Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais e que fai fronte aos retos tecnolóxicos para formar profesionais capaces de...

leer más
Etiquetas:
17/10/2023

As dúas vindeiras semanas o cine será o protagonista. Volve o Ciclo Mestre Mateo en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A concelleira de Xuventude, Zoraida Coira, presentou a programación completa na que se poderá gozar das mellores películas e documentais deste ano, no que ademais haberá dous filmes para as/os máis pequenas/os.

Mércores, xoves e venres ás 20 horas para os documentais e películas e os domingos ás 17:30h para a animación infantil. A entrada é de balde.

 

Etiquetas:
13/10/2023

A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz veñen de anunciar o aprazamento do acto de elección do rei ou raíña do Entroido de Foz 2024, que estaba programado para mañá, sábado 14 de outubro, na Sala Bahía de Foz, por mor dos incendios que seguen activos nas parroquias de Santa Cilla e San Acisclo.

“Por fortuna non hai que lamentar danos persoais nin tampouco hai vivendas afectadas, pero vémonos na obriga de aprazar o acto que se ía celebrar mañá á espera de como poida evolucionar a situación”, sinalan desde a organización, que engade: “desexamos que se extingan o máis rápido posible e queremos agradecerlle o seu traballo aos corpos e forzas de seguridade, bombeiros, traballadores de Medio Rural, Protección Civil, GES de Cervo e á veciñanza da zona, que levan traballando arreo desde esta madrugada para parar esta barbarie”.

... leer más
Etiquetas:
11/10/2023

Do 12 ao 14 de outubro celebrarase en Foz a October Fest, que organiza AciaFozCCA. 
Na cita participarán sete locais hostaleiros: Augas Santas, Bar 78, Dandy Restaurante, Marexada, Namarinos, O Muelle Bar e O Tangarte.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “a cervexa vai ser a protagonista desas tres xornadas de festa que temos por diante. Nos negocios participantes poderemos atopar moitas posibilidades desde as clásicas ata as artesás e de autor”.

Paleo subliñou que “o obxectivo é dinamizar esta ponte festiva na que a Foz e á comarca da Mariña se achegará moita xente aproveitando o inicio do outono e o bo tempo que seguimos a ter”.

O presidente de AciaFozCCA lembrou que “a nosa asociación participa na campaña do Bono Activa Comercio da Xunta, que xa poderá...

leer más
Etiquetas:
09/10/2023

A localidade focega de A Espiñeira celebra as festas na honra da Virxe do Pilar os días 11 e 12 de outubro, mércores e xoves.

O mércores a partir das 22:30 horas haberá verbena amenizada pola orquestra Saudade e a disco móbil Eventec co DJ Cosme. Sortearase un agasallo valorado en 150 euros.

E o xoves a partir das 12:00 celebrarase misa solemne e procesión amenizada pola Banda Municipal de Música de Foz. E a continuación, sesión vermú prolongada a cargo do grupo Kalima 3.0.

No recinto da festa haberá carpa.

Etiquetas:
09/10/2023

A partir do 17 de outubro desenvolverase no Concello de Foz o programa de formación Galegas Dixitais, para a dixitalización de mulleres do rural. Impartirase na Aula CeMIT, sita na Casa da Xuventude.

A concelleira de Muller e Igualdade, Elena Martínez Pena, explica que “o programa, que consta de tres cursos, levarase a cabo nos meses de outubro e novembro e vai orientado a mulleres demandantes de emprego ou inscritas en solicitude de mellora do mesmo. Cada módulo consta de 40 horas máis 5 horas de formación en igualdade e van desde o curso de Competencias Dixitais Básicas (do 17 ao 30 de outubro), o curso de Competencias Dixitais Avanzadas (do 31 de outubro ao 14 de novembro) ata o último, que será o curso de Iniciación en Competencias Básicas para o Emprendemento (do 15 ao 28 de novembro). Unha vez rematada a formación entregarase aos...

leer más
Etiquetas:
06/10/2023

Do 12 ao 14 de outubro celebrarase en Foz a October Fest, que organiza AciaFozCCA. 

Na cita participarán sete locais hostaleiros: Augas Santas, Bar 78, Dandy Restaurante, Marexada, Namarinos, O Muelle Bar e O Tangarte.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “a cervexa vai ser a protagonista desas tres xornadas de festa, que se desenvolverán durante a ponte de outubro. Nos negocios participantes poderemos atopar moitas posibilidades desde as clásicas ata as artesás e de autor”.

Paleo subliñou que “o obxectivo é dinamizar esa ponte na que a Foz e á comarca da Mariña se achegará moita xente aproveitando o inicio do outono e o bo tempo do que seguimos a gozar”.

O presidente de AciaFozCCA dixo que “a nosa asociación participa na campaña do Bono...

leer más
Etiquetas:
05/10/2023

A preocupación polo cambio climático é un dos motores do programa Onda ODS, que o vindeiro luns, 9 de outubro, comezará a emitir Radio Foz, conxuntamente con outros 240 medios locais do Estado. 

A emisora municipal de Foz explica que “os contidos pretenden achegar ao local os Obxectivos de Desenvolvementno Sustentables (ODS) definidos pola ONU en 2015. Poñerase especial atención á igualdade de xénero, turismo sustentable, promoción da agricultura ecolóxica e da pesca, redución de residuos plásticos e á loita por unha educación de calidade. Ademais dos programas -con formato reportaxe e duns dez minutos de duración- a iniciativa Onda ODS Empeza por ti tamén propoñerá aos oíntes de Radio Foz a formulación de retos individuais que vaian na liña dos obxectivos marcados. Ademais do espazo radiofónico e dos podcast, os retos individuais irán...

leer más