Foz

Etiquetas:
21/02/2025

Foz celebra ata este domingo, día 23 de febreiro, as xornadas gastronómicas das albóndegas, que organiza AciaFozCCA e nas que participan 10 locais hostaleiros.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, sinalou que “durante estes 3 días os dez negocios participantes servirán pinchos, tapas e racións de albóndegas en diversas elaboracións”.

Nas xornadas gastronómicas da albóndegas danse cita: Augas Santas, Bar 78, Bar Campos, Cafetería Anduriña, Casa Damián, Dandy, Marexada, O Muelle Bar, Tangarte e Xoyma.

E tamén ata este domingo desenvólvese en Foz a campaña especial denominada O teu café ten premio, que está enmarcada no Campionato Internacional de Baristas e de Cata de Cafés que se celebra no IES de Foz.

Aquelas persoas que estes días tomen o café...

leer más
Etiquetas:
20/02/2025

Os focenses Ana Pena e David Val organizan este domingo 23 unha visita novidosa no municipio de Foz.

A mañá comezará cun paseo guiado polo río Centiño da man da guía turística Ana Pena (Guía tu día) no que se falará de historia, fauna e flora. Deseguido visitarase as Casiñas A Comarca, un poboado Hobbit feito a man polo seu ártifice David Val, que conta que "vivín toda a miña vida no campo e iso permitiume coñecerme ben. Sempre me guiei polo meu instinto e iso levoume por camiños singulares, como dar a volta ao mundo en bicicleta en solitario, escribir un libro contándoo ou agora emprender a creación dun poboado Hobbit". 

"O lugar é unha marabilla, todo está feito a man e con moito mimo, empregando diversos materiais naturais e recuperando oficios. Un punto de encontro de oficios e saberes de proximidade que está...

leer más
Etiquetas:
20/02/2025

Os Sendeiros de Foz continuarán así a realizar o Camiño dos Faros coa ruta prevista para o 9 de marzo. Segundo explican haberá unha ruta curta de 4 quilómetros e fácil de facer e 12 quilómetros de dificultade media. O xantar será en Corme.

A saída será ás 7 da mañá desde Foz e ás 7:15 horas desde Ferreira. O prezo para os socios federados é de 50 euros, para os non federados de 55 euros e para os socios temporais 60 euros. O xantar está incluído.

O último día para anotarse é o 4 de marzo. Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo. 

Etiquetas:
18/02/2025

Do 21 ao 23 de febreiro terán lugar as xornadas gastronómicas das albóndegas, que organiza AciaFozCCA e nas que participan 10 locais hostaleiros. 

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, sinalou que “durante os 3 días os dez negocios participantes servirán pinchos, tapas e racións de albóndegas en diversas elaboracións”. 

Nas xornadas gastronómicas da albóndegas danse cita: Augas Santas, Bar 78, Bar Campos, Cafetería Anduriña, Casa Damián, Dandy, Marexada, O Muelle Bar, Tangarte e Xoyma.

Paleo indicou que “con esta proposta gastronómica queremos animar este tempo de Entroido na fin de semana anterior ao grande desfile de Foz”.

Colaboran con AciaFozCCA a Xunta de Galicia e o Concello de Foz. Na presentación da campaña participaron o alcalde de Foz, Fran...

leer más
Etiquetas:
17/02/2025

Foz celebrará o Xoves de Comadres o día 27 de febreiro cunha cea na Sala Bahía ás 21:30 horas. O evento está organizado polas asociacións Afammer e de Amas de Casa.

O prezo para as socias dos colectivos organizadores é de 25 euros e as que non o son terán que pagar 28 euros. O prazo para anotarse está aberto ata o día 25 de febreiro.

Etiquetas:
17/02/2025

AciaFozCCA sorteou hoxe 500 euros en vales de compra na súa campaña de San Valentín, que se desenvolveu do 1 ao 14 de febreiro. 

O sorteo tivo lugar esta mañá en Radio Foz con asistencia da concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e da xerente de AciaFozCCA, Ana Segade. A cita foi conducida por Anxo Rivas. 

Os números premiados foron o 7148 (entregado en Ferretería Fuente); o 4527 (entregado en Centro Dietético Alba Vila); o 246 (entregado en Hola Ola); o 20782 (entregado en Pastelería Anduriña); e o 22368 (entregado en Librería A Rapadoira). 

As persoas afortunadas deben poñerse en contacto con AciaFozCCA para solicitar os seus premios. Trátase de 5 vales de compra por importe de 100 euros cada un. “Deste xeito contribuiremos a dinamizar as compras nos negocios de Foz as vindeiras semanas...

leer más
Etiquetas:
14/02/2025

AciaFozCCA sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais hostaleiros. Esta campaña especial denominada O teu café ten premio enmárcase no Campionato Internacional de Baristas e de Cata de Cafés que se vai celebrar no IES de Foz a vindeira semana. 

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “aquelas persoas que tomen o café en Anduriña, Bar 78, Dandy, Los Dulces de Delphine, Marexada, O Muelle Bar, Tangarte, Coffee Urban Roasters Foz, Xoíña Pizzería e Xoyma entre os días 17 e 23 de febreiro participarán no sorteo dunha cesta especial composta por produtos relacionados co mundo do café”. O sorteo terá lugar en Radio Foz o 26 de febreiro. 

Paleo indica que “O teu café ten premio tivo unha boa acollida o ano pasado e neste 2025 agardamos repetir. Os amantes do café teñen unha boa...

leer más
Etiquetas:
13/02/2025

Foz acollerá o décimo aniversario da Festa dos Pepes o día 22 de marzo, sábado.

As actividades comezarán ás 13:45 horas cunha recepción do alcalde a tódolos participantes diante da Casa do Concello de Foz. Ás 14:00 farán unha foto de familia e despois haberá un ruta polos bares de Foz. E ás 15:00 horas empezará a comida de confraternidade no restaurante As Brasas.

O prezo é de 40 euros e as reservas poden facerse a través dos teléfonos 628.429.737 (Cobos) ou 609.983.695 (Vila).

Etiquetas:
12/02/2025

O Concello de Foz, a través da Área de Servizos Sociais, organiza un ano máis a xuntanza dos maiores do municipio. Será o día 23 de febreiro, domingo.

A concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, anuncia que “esta nova xuntanza celebrarase o día 23 de febreiro na carpa instalada na rúa Atalaia (carpa do Carnaval), habilitada con baños e calefacción. Como novidade este ano, haberá sesión vermú, con música en directo, amenizada polo trío Latino a partir das 13:30 horas. Os asistentes poderán degustar unha comida totalmente gratuíta, cun menú a base de cecina, callos, codillo ó forno con patacas fritidas con guarnición, pan, bebidas variadas, café, chupito, e un doce elaborado polo obradoiro de pastelería Bahía. Servido polo cátering Chao de Brea. Haberá sorteo de agasallos para os participantes, ademais de sorpresas para a dona e o cabaleiro...

leer más
Etiquetas:
12/02/2025

A Concellaría de Educación, en colaboración coa Concellaría de Muller e Igualdade do Concello de Foz, anuncia a convocatoria do primeiro concurso de carteis co obxectivo de conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Esta iniciativa está dirixida ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria dos seis centros educativos de Foz e busca promover a reflexión e a sensibilización sobre a igualdade de xénero. O prazo límite para a entrega será o martes 25 de febreiro e haberá un cartel gañador por cada etapa educativa. A entrega de premios terá lugar o 7 de marzo durante a concentración que se celebrará na praza do Concello.

O concelleira de Educación, Elena Martínez Pena, explica que “os rapaces e rapazas da nosa vila están convidados a participar creando carteis orixinais e inéditos, que reflictan toda a...

leer más