Foz
A Asociación de Veciños O Torques de Marzán, en Foz, celebra a súa XXVI Cea Baile de Irmandade este sábado, día 28 de marzo. Será ás 22:00 no restaurante O Rincón do Mis e estará amenizada polo dúo Epo-K.
“Reunímonos para a nosa tradicional cea de irmandade, que se leva celebrando durante 26 anos”, anuncia o colectivo veciñal de Marzán.
As prazas son limitadas e o último día de venda é este luns, 23 de marzo.
Acia Foz-CCA sorteou hoxe as cinco sesións fotográficas da súa campaña do Día do Pai, que tivo lugar entre o 2 e o 22 de marzo.
As papeletas afortunadas son: 17293, que foi entregada en Carnicería Salai Campo; 18440, en Masssaúde; 4100, en Decoraciones Pura; 23822, en Infotec; e 12380 en Ofifoz.
O sorteo, que tivo lugar en Radio Foz, contou coa presenza da concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e da xerente de Acia Foz-CCA, Ana Segade. A cita foi conducida por Anxo Rivas.
Acia Foz-CCA organizou a campaña do día do pai coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e Concello de Foz.
O Cenima de Foz acollerá o día 2 de abril, xoves, desde as 10:00 horas unha xornada para conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
Esta actividade está organizada por dúas nais focenses, Eva Fernández Rivas e Eva Rubiños López, que queren dar visibilidade a dita condición e explican: “formamos parte dunha sociedade cada vez máis plural, onde todos somos importantes e válidos e buscamos darlle visibilidade a unha parte da poboación que se esforza cada día por encaixar. Como non hai nada máis valioso que o coñecemento e a información veraz e coa finalidade de facer accesible a todo o mundo as estratexias necesarias para abordar, axudar e entender esta neurodiverxencia, nace esta iniciativa que se desenvolverá o xoves día 2 de abril as 10:00 da mañá no salón de actos do edificio do Cenima e que terá as 12:30 horas unha...
leer másO Concello de Foz vén de publicar as bases para inscribirse no V Certame de Teatro Afeccionado José Luis López Lorenzo O Poto, que se celebrará en xuño.
As inscricións poderán facerse a través da sede electrónica municipal, onde existe un trámite específico para a mesma. As bases poderán consultarse no departamento de Cultura ou na sede electrónica do concello. O prazo para anotarse remata o día 11 de abril.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que o certame de teatro afeccionado “é unha cita xa consolidada en Foz, onde se xuntan actrices e actores afeccionados e un público amante do teatro. As datas do certame son no vindeiro mes de xuño: os días 5, 6, 7, 12, 13 e 14, na Casa da Cultura”.
Inés López engade: “agardamos que coma nos últimos anos as compañías se animen a...
leer másFoz acogerá una masterclass de viento metal y banda a cargo de Xabi Doural los días 14 y 15 de marzo
Foz acogerá los días 14 y 15 de marzo, sábado y domingo, una masterclass de viento metal y banda a cargo del músico Xabi Doural.
La Banda de Música de Foz anuncia que “los días 14 y 15 de marzo de 2026 tienes una oportunidad única de aprender, crecer y perfeccionar tu técnica con uno de los grandes referentes del viento metal. Si eres alumno, músico de banda o simplemente amante de la música, esta masterclass te permitirá: mejorar tu sonido y control técnico; trabajar repertorio y musicalidad; aprender de la experiencia profesional de Xabi Doural; compartir y disfrutar con otros músicos”.
Será en las instalaciones de la Banda de Música de Foz. Para participar hay que inscribirse previamente y las plazas son limitadas.
O día 21 de marzo, sábado, ás 14:30 horas celebrarase a décimo primeira edición da Xuntanza de Pepes e Pepas en Foz. Nesta ocasión ocúpanse da organización María José Fega e María José Villarino.
Este festexo, que foi creado por iniciativa de José Ramón Vila, celebrase en cada edición nun establecemento hostaleiro de Foz distinto e moitos dos participantes son Josés, Josefas, Pepes e Pepitas do municipio focego, pero habitualmente tamén conta con asistentes doutras localidades da Mariña. Nesta ocasión terá lugar no restaurante Xoíña e, ademais da comida, haberá sorpresas e agasallos, como anuncia a organización.
O prezo por persoa é de 45 euros por persoa e para participar hai que inscribirse previamente a través dos teléfonos 610.44.35.56 ou 699.314.409.
Ata o 22 de marzo se desenvolve a campaña do día do pai de Acia Foz-CCA, que arrincou o pasado día 2.
O presidente do colectivo empresarial, José Carlos Paleo, comentou que “as persoas que realicen as compras por un importe superior a 10 euros entre o 2 e o 22 de marzo terán a posibilidade de entrar no sorteo de cinco sesións fotográficas. Queremos que as persoas gañadoras teñan un bonito recordo desta data tan especial, o día do pai”.
Paleo anima “a mercar no comercio local todo o que precisamos para o día do pai, para os Pepes e as Pepitas e a celebralo na hostalería de Foz”.
A campaña foi presentada polo presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, que estivo acompañado polo alcalde, Fran Cajoto, e pola concelleira de Comercio, Kathy Navarro.
Acia Foz-CCA...
leer másO Concello de Foz conmemora o 8M con actividades que se desenvolverán os días 8, 9 e 11 de marzo.
A delegación de Muller e Igualdade do Concello de Foz conmemora o día 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, co lema Agora máis coeducación ca nunca, “apostando por unha convivencia en igualdade de todas as nenas e nenos, independentemente da súa identidade de sexo ou de xénero. Sendo necesario eliminar estereotipos ou calquera mecanismo discriminatorio nos centros educativos, para garantir un desenvolvemento integral e igualitario, fomentando a educación no sexista, o respecto e a prevención da violencia. A pretensión con esta transformación social é crear un cambio social, derivando nunha sociedade máis xusta e pacífica. É un día para a denuncia e a reivindicación por todo o que queda por facer, pero tamén para celebrar os avances acadados”, anuncia a concelleira...
leer másO Concello de Foz presenta a súa programación cultural de primavera, na que predominan o teatro e a música, pero inclúe tamén festas e máis actividades.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto anuncia que “a primavera en Foz chega con sol, flores e moitos eventos culturais. Esta semana, o venres, recibimos a obra Un deus salvaxe, da compañía Talía Teatro. É unha peza onde dúas parellas se atopan para discutir sobre o comportamento dun dos seus fillos, que golpea cun pau a outro”. Será ás 20.30 horas na Sala Bahía.
Inés López Couto engade: “non só teremos teatro para adultos, gozaremos de moita música, cos concertos da Banda de Música de Foz os días 28 de marzo, 25 de abril e 16 de maio. Tamén organizamos sesións escolares para os máis pequenos o día 9 de abril con Tanxarina teatro e o 30 de abril para...
leer másEste luns, día 2 de marzo, fíxose efectivo o traspaso da Librería Bahía, de Foz, que pasa a Cristina Lagares, nova propietaria e xestora do negocio. E por iso celebrarán un evento este venres, día 6 de marzo.
“Cremos que a continuidade e o cambio nunha librería emblemática e cunha traxectoria tan dilatada como a Librería Bahía merece unha celebración de despedida de Cielo, que se vai, e benvida de Cristina, que chega. Por iso queremos celebrar este acontecemento, cun acto que vai ter lugar na libraría o venres día 6 de marzo ás 20:30 horas e no que contaremos cunha sesión de narración oral a cargo de Charo Pita e co acompañamento de excelentes músicos focegos como son Javi Mañente, javi García, Juan Nécega e Inés Nécega”, anuncia Librería Bahía, que engade: “o acto é aberto para todo o público que nos queira acompañar”.












