Foz

Etiquetas:
23/06/2026

Este venres, día 26 de xuño, ás 20:30 horas terá lugar na librería Bahía, de Foz, a presentación do libro titulado Mazarelos, escrito por Manuel Portas e editado por Galaxia.

Acompañando ó autor estará o filólogo e escritor Ramón Reimunde.

20/06/2026

A parroquia de Cordido, no municipio de Foz, organiza diferentes actividades o día 23 de xuño, martes, con motivo da fogueira de San Xoán.

Os actos, organizados pola asociación de veciños San Xulián de Cordido, comezarán ás 16:00 horas con colchonetas gratuítas, animación e música e actividades para os máis pequenos a cargo de Puzzle Animación. Ás 20:00 horas haberá un concerto de Acordeonistas da Mariña e desde as 21:00 horas repartirán racións de churrasco, panceta, chourizo, pan e viño ou auga a 10 euros.

As actividades continuarán ás 22:00 horas con animación a cargo de Puzzle e ás 00:00 horas será o acendido da fogueira de San Xoán.

Etiquetas:
19/06/2026

A Aula Universitaria da UNED de Foz celebrará do 22 ao 26 de xuño unha semana de portas abertas co obxectivo de dar a coñecer a súa oferta formativa, instalacións e servizos á cidadanía.

A iniciativa está dirixida a estudantes potenciais, familias e persoas interesadas en continuar ou retomar os seus estudos a través da educación a distancia.

Durante estes días ofrecerá sesións informativas sobre os cursos de acceso, graos, idiomas e posgrao, así como orientación personalizada por parte do persoal da aula. As persoas asistentes tamén poderán visitar as instalacións e coñecer os recursos dispoñibles. Non é necesaria inscrición previa, xa que se trata de visitas libres dentro do horario de 9:00 a 13:00 horas.

A coordinadora da aula, Marta Muiña, destaca que “estas xornadas son unha...

leer más
Etiquetas:
16/06/2026

O Foro Social da Mariña organiza unha conferencia coloquio titulada Transporte, Mobilidade e Accesibilidade na Mariña: Situación e alternativas. Celebrarase este venres, día 19 de xuño, ás 20 horas no salón de actos do CENIMA de Foz e terá como ponente a Miguel Pazos Otón, profesor titular de xeografía humana da Universidade de Santiago de Compostela, integrante do grupo de investigación ANTE (análise territorial) e do IDEGA.

O Foro Social da Mariña anuncia que a conferencia versará sobre  cuestións como “A Mariña funciona como unha cidade lineal de 70.000 habitantes repartidos pola costa, con ramificacións cara o interior; na actualidade existen importantes carencias no eido do transporte, mobilidade e accesibilidade; estas eivas afectan á mobilidade tanto cara e desde o resto do territorio galego como á propia vertebración...

leer más
Etiquetas:
16/06/2026

O Concello de Foz organiza este domingo, día 21 de xuño, unha nova edición da histórica Feira da Espiñeira (Vilaronte) este ano en colaboración con Flor do Toxo.

O Concello de Foz anuncia que “a feira dará comezo ás 10 da mañá e contará con pulpería e sesión vermú a cargo a Puzzle animación. Xa a tarde, a partir das 17.00 horas, a emoción virá coas carreiras de cabalos en categoría de serrada e chapeada (+1,5 e -1,5) e tamén sub16. Haberá trofeos para os participantes deseñados pola ceramista focega Chus Lage”.

“Agradecemos a boa disposición de Teresa (Flor do Toxo) para levar a cabo a organización desta feira. Sen a implicación de xente nova moitas tradicións esmorecen, polo que debemos recoñecer as ganas e o traballo de quen se pon a disposición para que as actividades saian adiante”, explica a concelleira de...

leer más
Etiquetas:
13/06/2026

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo anuncia que colabora, un ano máis, na organización do San Xoán, do barrio das Corporacións, en Foz. O deputado provincial de Mocidade, Daniel García, participou na presentación desta celebración popular, organizada pola asociación Pe do Molete, que se celebrará o 23 de xuño. O evento comezará ás 13:30 horas co pregón de José Antonio Neira (Chichita) e manterase durante toda a tarde e noite até o encendido da fogueira, cunha representación do colectivo cultural focense O Feitizo arredor do simbolismo desta data e coa actuación da charanga ourensá Los Támega.

Daniel García valorou “o traballo da asociación organizadora, que con esta xornada festiva reúne a veciñanza nunha data como o San Xoán, con ritos e tradicións que forman parte da nosa tradición e patrimonio cultural”.

A participación no programa do San Xoán...

leer más
12/06/2026

O analista internacional e escritor Duarte Correa ofrecerá unha charla en Foz sobre a guerra en Oriente Medio. Será o día 19 de xuño, venres, ás 20:30 horas na Casa da Cultura focega.

Este acto público, titulado A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán, está organizado pola asociación sociocultural A Pomba do Arco, de Foz.

12/06/2026

A parroquia de Vilaronte, no municipio de Foz, celebrará as festas de San Xoán os días 13, 23 e 24 de xuño.

Estes festexos están organizados pola asociación cultural O Atrio de Vilaronte e as actividades comezarán este sábado, 13 de xuño, ás 19:30 horas co pregón a cargo de Pablo Cid Gómez (O Moucho); ás 20:00 horas actuará a A.C. Saíñas, de Xove; a partir das 21:00 horas haberá churrascada; e desde as 22:30 horas amenizará o evento o dúo Epok.

As festas continuarán o día 23 de xuño, martes, a partir das 22:30 horas cunha verbena amenizada polo grupo DKris e a orquestra Gran Parada.

E o mércores 24 de xuño ás 13:00 horas celebrarase misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Foz e despois haberá procesión e sesión vermú coa orquestra Principal, que tamén amenizará un tardeo. 

... leer más
10/06/2026

A membro da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual, Lucía Regueiro, e a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro, presentaron esta mañá unha nova edición do Ciclo Mestre Mateo na provincia, o circuíto de cinema galego que “achega as producións máis destacadas do audiovisual galego a concellos sen salas comerciais”, anuncia a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O concello de Foz acollerá as proxeccións desta nova edición do ciclo, que “continúa achegando o audiovisual galego a vilas sen salas comerciais e reforzando a rede cultural da provincia”.

Nesta edición o público poderá ver un total de oito títulos: Sirât, As liñas descontinuas, Antes de nós, San Simón, 360 curvas, O son da nova regueifa, Deuses de pedra e O silencio herdado.

O apoio da Deputación “foi clave para o éxito da...

leer más
Etiquetas:
08/06/2026

O río Centiño e as Casiñas de Conto protagonizan unha xornada de natureza e sustentabilidade en Foz

O vindeiro domingo, 14 de xuño, celebrarase en Foz unha actividade organizada por Guía Tu Día para coñecer dous espazos singulares do municipio a través dunha experiencia guiada e participativa.

A xornada dará comezo ás 10:30 horas cun roteiro polo río Centiño conducido pola guía mariñá Ana, que permitirá ás persoas participantes descubrir a riqueza natural, paisaxística e histórica deste enclave.

Posteriormente, o grupo visitará as Casiñas de Conto, onde David presentará o seu proxecto, un espazo inspirado na fantasía e na creatividade, convertido xa nun lugar de referencia para quen busca experiencias diferentes en contacto coa natureza.

A programación...

leer más