Foz

Etiquetas:
29/09/2021

Este xoves, día 30 de setembro, e o  sábado, día 2 de outubro, celebraranse as primeiras xornadas San Martiño no Camiño, organizadas polo Concello de Foz. Serán as oito da tarde no centro de interpretación da Basílica de San Martiño. Haberá aforo limitado polo que se roga reservar previamente no teléfono 982.14.00.27 extensión 3.

O primeiro día o historiador e recentemente nomeado cronista oficial de Foz Xoan Ramón Férnández Pacios falará do Camiño do Mar, que “é unha nova vía de peregrinación xacobea, que sae de Ribadeo e percorre os concellos costeiros da provincia de Lugo e Coruña ata enlazar con Camiño Inglés. Este estudo do propio historiador demostra a existencia dunha nova rede hospitalaria xunto ao citado camiño e a presenza continuada de peregrinos dende o século XVI ata finais do século XVIII”, explica o concelleiro de Turismo...

leer más
Etiquetas:
25/09/2021

A Casa da Cultura de Foz acollerá a actividade Outubro Literario, que organiza a Librería Bahía, os días 14 e 21 dese mes, que son xoves, ás 20:30 horas.

O 14 de outubro  Xurxo Mariño e Luísa Martínez falarán de divulgación científica e literatura. E o día 21 Manuel Gago e Susana Sánchez Aríns conversarán sobre memoria e literatura. A filóloga María Liñeira será a moderadora das dúas charlas.

Etiquetas:
24/09/2021

Finalizados os traballos na pintura mural realizada polo artista Daniel Carreira, e promovida pola iniciativa Movart- A Mariña e polo Concello de Foz. Cómprense con ela tres obxectivos:

- A expresión artística en si mesma.
- A Acción solidaria.
- A recuperación de espazos públicos degradados.

Na tarde de mañá celebrarase o evento artístico e solidario “MOVEMENTO ARTÍSTICO POLA PAZ”, no que participarán o pintor Daniel Carreira, a agrupación O Feitizo, o músico Felipe Sánchez, o poeta Javier Agrelo e o grupo “Toxo Guayaba”; ademais renderase unha pequena homenaxe á poeta Angelina Gatell facendo un recitado do “Poema del Soldado”. 

Os actos celebraranse na Praza Salgado Toimil (fronte á Casa da Cultura) ou, no caso de que chova, no salón de actos da propia Casa da Cultura.

... leer más
Etiquetas:
21/09/2021

A programación cultural de outono do Concello de Foz inclúe unha nova cita para as/os máis pequenas/os, este sábado, 25 de setembro, con Tres por Catro e os seus Musicreques: contacontos musicais. Será ás 18:30 horas na biblioteca pública Salgado Toimil.

Este espectáculo, para público de 3 a 12 anos, consiste en música ao piano acompañada de rimas, cantos e monicreques.

As entradas son gratuítas e poden reservarse no teléfono 982.140.027 - Extensión 3.

Etiquetas:
21/09/2021

A directiva do Club de Atletismo Ría de Foz xa trazou o camiño para a nova tempada: a 2021/2022. Terán grupos de adestramento adaptados a todos os niveis: categorías inferiores (de 7 a 16 anos) e absoluta (maiores de 16 anos) en Foz e Cangas. E animan a probar e coñecer o mundo do atletismo sen compromiso durante o mes de outubro.

Para dar a coñecer máis detalles sobre a planificación da tempada convocan unha reunión informativa aberta para o día 1 de outubro, venres, ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Foz. 

Etiquetas:
19/09/2021

Onte, sábado, tivo lugar no Cenima a presentación do primeiro banco de fotos oficial de Foz cunha pequena representación do mesmo.

O concelleiro de Turismo, Chema Linares, comentou que “parece mentira, cando son moitas as fotografías que diariamente veciños e turistas colgamos nas redes, que o Concello de Foz ata agora non contara cun banco de fotos, moitas veces solicitado dende a oficina de turismo. Son moitas as revistas, publicacións, semanarios, xornais ou particulares que continuamente nos piden fotos dos diferentes recursos turísticos ou recunchos do noso concello; como recentemente para elaborar un libro sobre os castelos e fortalezas de España, da fortaleza do mariscal Pardo de Cela na Frouxeira, ou para un traballo sobre os paseos marítimos en Galicia, da Sociedad Estatal para la Gestión de la Innovación y las Tecnologías...

leer más
Etiquetas:
17/09/2021

O Concello de Foz segue traballando na mellora dos seus recursos electrónicos e na atracción de poboación fixa. Mañá, sábado, ás 20 horas no salón de actos do Cenima farase unha presentación de dous novos proxectos que se prepararon durante os últimos meses: un novo banco de fotos municipal e un vídeo para unha campaña promocional que busca atraer poboación que escolla Foz como a súa residencia definitiva e o seu lugar de traballo.

O concelleiro de Turismo, José María Linares, explica que “o banco de fotos créase con intención de que o Concello teña recursos gráficos para a promoción turística, xa que non se contaba con imaxes para a creación de carteis, difusión de recursos e outros traballos. Ademais este é o primeiro paso para a nova web de turismo de Foz, na que se está a traballar”.

A edil de Emprego e...

leer más
Etiquetas:
16/09/2021

O Concello de Foz organiza unha homenaxe aos profesionais esenciais durante a pandemia. Será mañá, venres, ás oito da tarde no Campo da Cabana, concretamente na praza Rosalía de Castro.

O acto, promovido pola Concellería de Relacións Institucionais e Axenda2030, consistirá no descubrimento dun monólito en tributo aos profesionais esenciais na pandemia. Estarán sanitarios, persoal de asistencias, membros das forzas e corpos de seguridade do Estado, Policía Local, Protección Civil e traballadores de supermercados e de industrias esenciais.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, pronunciará unhas palabras e haberá tamén unha peza musical interpretada con gaita galega “para recordar o importante que foi pasar xuntos e unidos como sociedade esa época tan complicada e que vai marcar un antes e un despois nas vivencias da Mariña...

leer más
Etiquetas:
13/09/2021

Este domingo, 19 de setembro, celebrarase en Foz o Día da Bici. Está organizado polo Concello, a través da Delegación de Xuventude e Deportes, que explica: “a pesar da situación epidemiolóxica queremos volver gozar dunha xornada familiar na que pais e nais pasean en bici cos nenos e nenas. Non poderemos realizar algunhas actividades clásicas deste día, pero adaptámonos ás circunstancias actuais”.
 
A inscrición previa é obrigatoria e pode realizarse mediante o correo electrónico: bici@concellodefoz.es ou a través dos perfís do Concello nas redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram). Tan só deben remitirse os seguintes datos ata o 18 de setembro: nome e apelidos, data de nacemento e teléfono.

A saída será ás 11:30h desde a explanada do porto, a onde volverán os participantes despois...

leer más
Etiquetas:
08/09/2021

Este sábado, 11 de setembro, ás 18.30 horas os nenos de Foz teñen unha cita co espectáculo de Troula Animación Circo Krasnovarak na praza Conde de Fontao.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “enormes animais chegarán este sábado a Foz para facer desfrutar aos nenos. É unha representación dun circo no que os animais escapan por Foz e haberá que buscalos. A compañía Troula Animación tráenos este espectáculo para animar a volta as aulas e comezar setembro con diversión. Animamos a todos as nenas e nenos a ir a desfrutar dunha representación diferente”.

Inés López Couto engade que “ademais desta actividade este sábado ás 19.30 horas na Casa da Cultura a Federación Galega de Espeleoloxía ofrecerá unha charla para divulgar o seu traballo e explicar a evolución das furnas na nosa costa. E tamén está...

leer más