Letras Galegas

12/04/2022

Un ano máis convócase o concurso de narración e debuxo da Letras Galegas 2022 co tema "O que pasa ao meu arredor". Ata o día 10 de maio poderanse entregar os traballos na Biblioteca Pública de Alfoz, das 3 categorías establecidas: categoría A ata 8 anos, categoría B de 9 a 11 anos e categoría C de 12 a 16 anos. Os premiados na fase local participarán no certame da Biblioteca Pública de Lugo. 

Bases e inscrición: pincha no seguinte enlace para acceder 
https://drive.google.com/.../16kC6wfA6qWOcS.../view...

 

07/04/2022

A presentación de traballos remata o 27 de abril. As bases son as seguintes: 

1ª/ Poden participar todas as nenas e nenos con: 

-A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara sobre o tema proposto a continuación: “O QUE PASA AO MEU ARREDOR”: Observa o mundo. Non precisas subir nun foguete nin nun avión. Mira ao teu arredor. Que ves? Que pasa? Como te sentes Podes contalo. O que ves, o que sentes, o que pensas é importante. É a túa visión do mundo. E para nós, é valiosa. 

-B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4 (folio), sobre o tema: “O QUE PASA AO MEU ARREDOR)”: Observa o mundo. Non precisas subir nun foguete nin nun avión. Mira ao teu arredor. Que ves? Que pasa? Como te sentes. Podes debuxalo. O que ves, o que sentes, o que pensas...

leer más
20/05/2021

Este domingo, día 23, ás 13:30 horas no quiosco da música do Cantón laurentino o Concello de Lourenzá celebrará o Día das Letras Galegas coa colaboración da Banda de Música da localidade. Haberá música, recital e a entrega de premios do certame de poesía.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “o programa consistirá nun recital poético onde se lerán poesías de Xela Arias e as premiadas no certame de poesía convocado pola Concellería de Cultura. A Banda de Música interpretará a Marcha do Antigo Reino de Galicia, Negra Sombra e o Himno Galego, que pechará o acto”.

Manuel Arango destacou que “dado o gran número de participantes e a calidade das obras presentadas ao certame de poesía o xurado decidiu conceder, ademais dos premios previstos, un accésit en cada categoría. Os gañadores recibirán 50...

leer más
19/05/2021

A Banda Municipal de Música de Ribadeo trasladou o seu tradicional concerto das Letras Galegas, que a semana pasada foi aprazado polo mal tempo, para este sábado, día 22, ás 20:00 horas no campo de herba artificial do colexio Gregorio Sanz. Será a súa primeira actuación neste ano, se as condicións meteorolóxicas o permiten.

O director da Banda ribadense, David Ballester, adiantou que no concerto deste sábado, para celebrar o Día das Letras Galegas, “a gran maioría das pezas que se interpretarán son obras galegas ou de temática galega”.

Ballester remata invitando á xente a que se achegue ao campo de herba artificial do colexio Gregorio Sanz este sábado, día 22 ás oito da tarde. Pero destaca que “polo ben de todos deben gardarse as distancias de seguridade, usar a máscara e todo o que faga falta para que isto acabe...

leer más
13/05/2021

A Biblioteca de O Vicedo celebra o día 14 de maio o Día das Letras Galegas ademais do Día do Libro Infantil e o Día das Bibliotecas.

Este venres, 14 de maio, ao longo da tarde, na Biblioteca do Vicedo expedirase o carné de biblioteca gratuíto que servirá tamén para calquera biblioteca da comarca e do resto de Galicia.

Ademais entregarase un pequeno agasallo para cada neno e nena que ese día se pase pola Biblioteca do Vicedo.

Esta actividade está organizada coa colaboración do Concello de O Vicedo e a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

 

12/05/2021

O Concello de Cervo programa unha serie de actividades culturais para conmemorar o Día das Letras Galegas que este ano están dedicadas á escritora, poeta, profesora e tradutora, Xela Arias.

Tal e como anunciou a edil de Cultura, Dolores García Caramés, este mesmo sábado, 15 de maio, o salón de actos do Concello acollerá o primeiro evento. Diáspora Teatro representará a súa obra “O Peirao”, de 45 minutos de duración, e pensada para toda a familia.
A función artéllase sobre contos para mirar ao redor, a nós mesmos e á natureza, para coidala e coidarnos.

Xa o propio Día das Letras Galega, o luns, 17 de maio, Teatro dos Ghazafelhos representará a obra “Monstros no Camiño”; no auditorio da Casa da Cultura, ás 12:30 horas. A peza está pensada tamén para toda a familia.

Ese mesmo día 17,...

leer más
07/05/2021

O Concello de Viveiro presenta a súa programación para conmemorar o Día das Letras Galegas 2021, dedicado neste ano a Xela Arias. O programa impulsado polo goberno local pretende reivindicar a figura da escritora, así como a lingua galega, a través de actividades que involucran a todas as idades e adaptadas ás medidas sanitarias.  

“Con esta programación queremos destacar a figura de Xela Arias, unha muller adiantada aos seus tempos, falando de temas tabú na súa época e comprometida co feminismo, o medio ambiente, a maternidade e por suposto a lingua galega”, afirma Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura de Viveiro.  

O propio Día das Letras Galegas, o 17 de maio, o goberno local impulsa a acción colectiva “Orgullo de ser”, animando á veciñanza a saír á rúa cos seus traxes tradicionais galegos ou...

leer más
06/05/2021

Daniel García, concelleiro de dinamización, presentou as actividades que se levarán a cabo no Concello de Barreiros durante o mes de maio, adicado ás Letras Galegas. Na presentación estivo acompañado do narrador oral e poeta Lois Pérez, que será o coordinador do recital poético musical “Versos na Baixamar” que celebrará a súa primeira edición despois de ter sido adiado no pasado mes de Outubro.

Lois Pérez, Olalla Cociña, Paula dos Anjos e Daniel Irimia no Centro Sociocultural.
Versos na baixamar xuntará nesta primeira edición varias voces da Mariña que destacan pola frescura e a calidade da súa poesía, completando así unha xornada adicada á figura e a obra dunha das autoras fundamentais da nosa lingua e a nosa cultura. A poesía de Olalla Cociña, Paula dos Anjos e Daniel Irimia será a protagonista dunha tarde de música e versos,...

leer más
06/05/2021

O  16 de maio ás 19:00h no auditorio da Casa da Cultura de Burela será o primeiro día do Osa do Mar 2021. 

As entradas (10€ cos gastos de xestión incluidos) pódense mercar  xa na web www.entradium.com 

O 16 de maio terá lugar un especial #letrasgalegas co seguinte programa: 
- 19:00h: Coloquio sobre o estado do Galego na música. Con Emilio López (Skornabois e Safari Orquestra), Manolo Maseda (Diplomáticos de Monte Alto), Nuno Pico (Grande Amore, Oh! Ayatollah e Skolhma) e Antía Muiño (cantautora). 
- 20:00h: Antía Muíño
- 21:00h: Grande Amore

 

04/05/2021

A edil de Educación, Dolores García Caramés, fíxolle chegar ao alumnado do centros escolares do municipio -CEIP de Cervo, CEIP Península da Paz E IES Marqués de Sargadelos- as bases do concurso convocado pola biblioteca municipal ilustradas nun marcapáxinas  "co obxectivo tamén de incentivar o hábito da lectura".
 
1.- Poden participar todos os/as nenos/as con:
 
A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema que se propón a continuación:
"O dereito das nenas e nenos a
participar na vida cultural."
Art. 31 Convención sobre os Dereitos do Neno.
 
B. Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema que se propón a continuación:
"O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural."
Art. 31 Convención sobre os Dereitos do Neno...

leer más