Magosto
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes a participar no magosto organizado pola comisión de festas de Santa Isabel de Lieiro, que terá lugar este sábado, día 8 de novembro, a partir das 18:00 horas na Casa do Mar de San Ciprián.
Durante a celebración, que foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o concelleiro Adrián Arias, e por membros da asociación organizadora, poderanse degustar castañas asadas, bocadillos de panceta e chourizo, empanadillas, ademais de desfrutar do servizo de bar.
“A música e a animación estarán garantidas coa presenza do DJ Tomás, que será o encargado de poñer ritmo ao primeiro Guateque de Arruguiñas da tempada, que promete unha tardiña chea de diversión e bo ambiente”, anuncia o Concello de Cervo, que anima “a todos os veciños e visitantes a achegarse a San...
leer másA asociación de veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira (A Pontenova), organiza un magosto para este sábado, día 8 de novembro, desde as 14:00 horas.
Haberá empanada, costela ó forno, sobremesa, castañas, café, chupito e queimada popular.
Para participar nesta actividade hai que anotarse previamente e o prazo remata este mércores, 5 de novembro.
A asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza un magosto para o día 7 de novembro, venres. Será na Praza do Concello desde as 21:00 horas
“Non vos esquezades de mercar os vosos tickets de callos, pastelón e lacón ata o 4 de novembro en Librería Aenlle ou no Spar Express. Teremos música en directo a cargo de Luis Rey, e a continuación tocará Dj Billy. Contaremos tamén coa colaboración do Motoclube A Cadeira, que será o encargado de poñer a barra”, anuncia asociación cultural O Picato.
A asociación Amigos da Gaita Galega, de Ribadeo, organiza un magosto na rúa Rodríguez Murias da vila ribadense o día 5 de decembro, xoves, a partir das 18:00 horas. Haberá castañas, chocolate e música
“Chega o frío e o corpo pide quentura. Témosche a solución! Chocolate quente , castañas asadas e uns bailiños”, anuncia Amigos da Gaita Galega.
A asociación de veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira (A Pontenova), organiza un magosto para este sábado, día 30 de novembro, desde as 20:00 horas.
Para participar nesta actividade hai que anotarse previamente e o prazo remata este xoves, 28 de novembro.
A asociación de veciños Camiño de Galdo organiza un magosto nesta parroquia de Viveiro. Será este sábado, día 9 de novembro, dende as 21:30 horas.
Haberá degustación de castañas, arenques, xamón e chourizos. E actuación musical a cargo de Verónica Cambón.
Para os socios do colectivo organizador a participación é gratuíta e as persoas que non forman parte da asociación Camiño de Galdo deberán pagar 10 euros.
A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, no concello de Cervo, organiza un magosto que se celebrará este sábado, día 9 de novembro, a partir das 19:00 horas no Local Social do colectivo.
Haberá degustación de castañas e panceta.
A Pontenova celebrará un magosto con ruta de sendeirismo o día 16 de novembro, sábado.
As actividades comezarán ás 09:30 horas coa concentración dos participantes na Praza dos Fornos. Medio hora despois sairán cara ao punto de comezo da ruta, de Sanxés a Vilarxubín, de 4,6 quilómetros e dificultade media. Para as 14:00 horas está prevista a chegada á Praza dos Fornos, onde se fará un xantar a base de empanada e castañas asadas.
O prezo da inscrición é de 7 euros por participante e vai incluído o transporte, o seguro RC e o xantar. A data límite para apuntarse é o xoves 14 de novembro.
Este evento está organizado polo Concello e o CIT A Pontenova.
En Mondoñedo celebrarase un magosto tradicional o día 9 de novembro, sábado. Será na Praza do Concello, pero en caso de choiva trasladarase aos soportais da catedral. Haberá castañas, viño e chocolate.
As actividades comezarán ás 18 horas con Truco ou Trato de Samaín polas rúas do centro. E ás 19:30 horas empezará o magosto tradicional coa música de Os Carricantos.
Este evento está organizado polas asociacións mindonienses O Pasatempo e Xoldra.
O colectivo artístico ribadense As Vacas Fracas organiza foliada aberta e magosto o día 16 de novembro, sábado, no Pazo de Cedofeita, parroquia do concello de Ribadeo.
“O sábado 16 de novembro temos preparada unha xornada con obradoiros, actuacións, foliada aberta e castañas. Que non sabes bailar? Apúntate ao obradoiro de iniciación ao baile con Andrea Vilar. Que non tes instrumento? Apúntate ao obradoiro de creación de pandeiro con Xaneco Tubío. E pola noitiña actuación dos Pandeireteiros do Inferno e foliada aberta. Traede os vosos instrumentos e ide entrenando os vosos mellores puntos porque o sábado 16 en Cedofeita toca bailar, tocar, cantar e comer castañas. Haberá tamén bebidas e petiscos”, anuncia o colectivo As Vacas Fracas.
As prazas para os obradoiros son limitadas. As persoas interesadas en apuntarse e...
leer más- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- siguiente ›
- última »












