Mondoñedo

Etiquetas:
23/02/2015
Mondoñedo acollerá varios actos de homenaxe a Álvaro Cunqueiro este xoves, 26 de febreiro. Está organizados polo Concello.
 
O Concello de Mondoñedo organiza varios actos de homenaxe a Álvaro Cunqueiro, que terán lugar o vindeiro xoves, 26 de febreiro, a mediodía. 
Ás 12 da mañá terá lugar unha ofrenda floral. Ás 12:30 horas haberá unha lectura popular da obra cunqueiriana “Si o vello Simbad volvese ás illas”, no auditorio municipal Pascual Veiga. Segundo informan desde o Concello o inicio da mesma correrá a cargo do novo Cronista Oficial da Cidade, Antonio Reigosa Carreiras.  E para as 13 horas está programado un concerto a cargo de César Morán, tamén no auditorio municipal de Mondoñedo. 
 
Etiquetas:
17/02/2015
Cea de entroido o sábado de piñata no Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo. As entradas xa están á venda.
 
Están á venda no Bar Central e no Rincón de Mondoñedo as tarxetas para asistir á cea baile do vindeiro sábado, 21 de febreiro, no Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo. Os asistentes degustarán: sopa de cocido, cocido, orellas e roscas, os viños serán albariño e rioja e haberá tamén café e chupitos. O prezo por comensal é de 20 euros. 
Desde a organización informan que haberá dous premios en cada unha das seguintes categorías: grupos, parellas e individuais. A festa estará amenizada polo dúo Diamantes. 
 
Etiquetas:
12/02/2015
Mondoñedo celebra o Entroido o 21 de febreiro, con preto de 3.000 euros en premios. O desfile dará comezo ás cinco da tarde.
 
A cidade de Mondoñedo celebra o Entroido o sábado dia 21 de febreiro e repartirá perto de 3.000 euros en premios.
Haberá premios para comparsas e charangas, grupos de máis de 10, grupos de 3 a 10, parellas, individuais e tamén na categoría infantil.
O concurso de desfile de disfraces percorrerá as rúas da cidade de Mondoñedo, a partir das 5 da tarde, e ao finalizar haberá ambientación musical na Praza do Concello.
Para participar hai que inscribirse, o sábado dia 21, no Campo dos Paxariños dende as 16:00 horas ata ás 17:00 horas.
 
 
09/02/2015
En Mondoñedo será presentado este venres, 13 de febreiro, o libro Consejos de Guerra contra el Clero Vasco.
 
O Centro Comarcal de Mondoñedo acollerá o vindeiro venres, 13 de febreiro, ás 20:30 horas a presentación do libro Consejos de Guerra contra el Clero Vasco (1936-1944). La iglesia vasca vencida, do que é autor  Anxo Ferreiro Currás. 
No acto, no que se dará “outra visión pouco coñecida da posguerra” intervirán: Xulio Xiz, xornalista, produtor e animador cultural galego; Xosé Manuel Carballo, cura de varias parroquias de Castro de Rei e escritor; Rosa Cal Martínez, ex profesora de Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid e investigadora; e o autor do libro, Anxo Ferreiro Currás.