Mondoñedo

Etiquetas:
18/01/2016
O Entroido mindoniense celébrase o 13 de febreiro con novidades na súa programación, que organizan o Concello e a ACIAM, ademais dun grupo de voluntarios.
 
O Entroido de Mondoñedo celebrarase este ano o sábado 13 de febreiro. Organizado polo Concello(a través da Concellería de Xuventude que dirixe Alberto García), e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos da localidade (ACIAM), en colaboración con voluntarios; conta cun programa que presenta importantes novidades que “melloran o seu atractivo, co que se buscan dar un pulo a esta cita anual”.
 
O Entroido mindoniense de 2016 inclúe un incremento no número de diferentes categorías que poden participar no desfile e melloras no catálogo de premios,  amais de contar con cartel musical.
 
En concreto,  haberá novas categorías de participantes no...
leer más
Etiquetas:
17/01/2016
Mondoñedo homenaxeará este ano a Victoriano López García, mestre de destacados directores como Berlanga, Borau, Bardem ou Saura.
 
Mondoñedo homenaxeará este ano a figura de Victoriano López García, mindoniense que dedicou a meirande parte da súa vida ao mundo do cine, ocupando diferentes cargos vinculados coa cinematografía, ademais de destacar a súa labor docente e investigadora nesta área. O Goberno local está a elaborar unha proposta de actos aberta, que se celebrarán principalmente no mes agosto, coincidindoco mes de falecemento do cineasta. 
 
Así, dende o Concello de Mondoñedo estúdase a proxección de películas durante o mes de agosto en diferentes localizacións da cidade, como son a Praza da Catedral, a do Concello, o Barrio dos Muíños ou a Alameda. Priorizarase o audiovisual galego e os temas de actualidade, ademais de filmes e audiovisuais vinculados...
leer más
Etiquetas:
10/01/2016
O Concello de Mondoñedo dedicará un ciclo de teatro á figura de Manuela Rei. Os últimos sábados de mes haberá función e no verán intentarase que a actividade se traslade á rúa.
 
O Goberno local do Concello de Mondoñedo dedicará un ciclo de teatro neste ano 2016 á figura da actriz Manuela Rei. Os últimos sábados de mes haberá función ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Pascual Veiga. A alcaldesa, a popular Elena Candia, sinala que no verán se intentará que a actividade teatral se desenvolva na rúa. 
No marco deste recoñecemento, que se inscribe na programación de dinamización cultural do novo equipo de Goberno, o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa, presentará o 2 de abril unha revista oral dentro do proxecto Profalías na Casa da Xuventude. Esta iniciativa está coordinada por Antonio Reigosa desde a sección de Literatura oral da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e recollerá información sobre a figura da...
leer más
08/01/2016
O Concello de Mondoñedo conmemora o 25 aniversario do ascenso a terceira división da Sociedade Deportiva Mindoniense.
 
O Goberno local de Mondoñedo prepara a conmemoración do 25 aniversario do ascenso a terceira división da Sociedade Deportiva Mindoniense. O día un de setembro de 1991 o equipo xogou o seu primeiro partido nesta categoría á que chegou en maio do mesmo ano. 
A rexedora, a popular Elena Candia, remarca que tanto ela como o concelleiro de Deportes, Manuel Tapia, e todo o equipo de Goberno “queremos ter unha lembranza con todos os que fixeron posible este acontecemento histórico para a localidade”. 
“Xogadores, directiva e afección fixeron posible un fito histórico deportivo para Mondoñedo, polo que queremos renderlle unha homenaxe polo seu traballo, esforzo e dedicación, así como polos éxitos acadados”, explica Tapia.
... leer más
04/01/2016
As súas maxestades de Oriente chegarán este martes, 5 de xaneiro, ás cinco da tarde a Mondoñedo. A cabalgata inclúe este ano novidades.
 
O Concello de Mondoñedo fai saber a tod@s @s nen@s da carta recibida por un emisario real das súas maxestades de Oriente, na que se informa que este ano os Reis Magos chegarán á cidade episcopal ás 17:00 horas e, como de costume, visitarán en primeiro lugar aos seus amig@s do Hospital de San Pablo e a continuación desprazaranse ata a Residencia de San Rafael, onde serán recibidos un ano máis, con moito entusiasmo.
O concelleiro de Educación e Mocidade, Alberto García, salientou que este ano a cabalgata incorpora varias novidades. A primeira delas é que se retrasa o inicio da mesma, “xa que ao ser un día laboral, consideramos máis axeitado o novo horario para que poidamos desfrutar todos da Cabalgata, á vez que...
leer más
Etiquetas:
23/12/2015
Os nenos e nenas de Mondoñedo gozan ata o 31 de decembro dun campamento de Nadal organizado pola Anpa do CEIP Álvaro Cunqueiro, que conta coa colaboración do Concello.
 
O Goberno local do Concello de Mondoñedo colabora coa ANPA do CEIP Álvaro Cunqueiro na organización dun campamento de Nadal para os nenos e nenas da localidade.
As actividades desenvolvense do 21 ao 31 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 horas. O prezo do campamento é de 20 euros por inscrición.
O luns día 21 houbo actividades de animación, o martes 22, un taller de manualidades de Nadal, o mércores 23, de novo actividades de animación, o xoves 24, un taller de historia. A segunda semana, o luns haberá un taller de teatro, o martes 29, baile, o mércores 30, un taller de animación e o xoves 31, actividades deportivas. 
Para anotarse hai que cubrir unha folla de inscrición e entregarlla á...
leer más
16/12/2015
Os alumnos da Escola de Música "O Pallarego", de Mondoñedo, ofrecerán un concerto solidario de Nadal este venres, 18 de decembro.
 
Os alumnos da Escola de Música ‘O Pallarego’ ofrecerán un concerto solidario de Nadal o vindeiro venres 18 de decembro, baixo o título ‘Un Mundo no Nadal’. Será ás 20:30 horas no auditorio municipal Pascual Veiga.
O concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García Fernández,  explica que se trata dun concerto dinámico, no que se compaxinará a música coa proxección de imaxes referentes ao país de orixe das pezas musicais. Interpretaranse panxoliñas de diferentes lugares do mundo que convivirán con música non navideña e participarán as diferentes agrupacións musicais da Escola, como son a banda, o grupo de percusión, o grupo de música e movemento, o coro e a orquestra.
Alberto García indica que o concerto terá...
leer más
Etiquetas:
14/12/2015
Mondoñedo será escenario dun curso de iniciación á olería mindoniense. A actividade desenvolverase do 5 ao 26 de febreiro no Alfar Os Muíños.
 
O Goberno local do Concello de Mondoñedo en colaboración coa Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, organiza o curso de formación Iniciación á olería mindoniense. A actividade desenvolverase entre o 5 e o 26 de febreiro en horario de 16:00 a 19:00 horas de martes a venres e nace dentro do programa de dinamización dos Muíños.
O curso estará dotado de oito prazas e levarase a cabo no Alfar Os Muíños. A matrícula é gratuíta e a solicitude de participación realizarase a través da páxina www.artesaniadegalicia.xunta.es ou no número de teléfono 881999171. A encargada de impartir a formación será ChusLage.
No transcurso da...
leer más
Etiquetas:
09/12/2015
Cebolas Verdes Big Band ofrece este sábado, 12 de decembro, un concerto no Salón dos Espellos do Casino de Mondoñedo.

 

A agrupación Cebolas Verdes Big Band dará este sábado, 12 de decembro, un concerto no Salón dos Espellos do Casino de Mondoñedo. O espectáculo dará comezo ás 23 horas e a entrada é de 5 euros para non socios. Os socios entrarán gratis.

Etiquetas:
06/12/2015
O Concello de Mondoñedo colabora coa ACIAM na organización do Gran Mercado de Nadal, que se celebrará os días 19 e 20 de decembro.
 
O Goberno local do Concello de Mondoñedo colabora coa Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Mondoñedo (ACIAM) na organización do Gran Mercado de Nadal 2015, que terá lugar o sábado 19 e o domingo día 20 de decembro, así como nas demais actividades promovidas por estas datas.
Outras actividades
O venres día 18 o auditorio municipal acollerá o concerto de Nadal ás 20:30 horas a cargo da Escola Municipal de Música Un mundo do Nadal. 
O sábado día 19 desde as 16:00 horas e ata as 20:00 horas o auditorio municipal acolle un taller de postais de Nadal e xogos infantís para os máis pequenos. O domingo día 20 ás 19:00 horas haberá teatro no auditorio municipal a cargo do Grupo Trípode...
leer más