Natación

Etiquetas:
05/04/2021

O Concello de Viveiro lembra que está aberta a preinscrición para os cursos de natación para nenos e nenas, establecendo as seguintes categorías:
- Curso natación infantil: nacidos entre 2015 e 2016.
- Curso natación nenos: nacidos entre 2007 e 2014
- Curso escolas de natación: nacidos entre 2014 e 2005.

O prazo de preinscrición remata o 8 de abril de 2021. O venres, 9 de abril, na piscina municipal, realizarase o sorteo das prazas, que será aberto ao público. A presinscrición para os cursos de nenos pode facerse tanto de forma presencial como por teléfono.

A data de comezo dos cursos será o 12 de abril e o remate o 17 de xuño. Os cursos terán un aforo limitado a catro alumnos por curso, debendo cumprir en todo caso as medidas e limitacións en materia de prevención de COVID-19.

 

11/07/2020

A piscina municipal da Pontenova inicia os seus cursos de natación de verán para nenos e adultos. A presentación será o vindeiro 17 de xullo, ás 13:00 horas para os nenos e nenas e a partir das 20:00 horas para os adultos. Este curso dividirase en dúas sesións semanais (martes e xoves) desde o 21 de xullo ata o 13 de agosto. 

O prezo total da tempada serán 30 euros, aínda que se poderá abonar semanalmente cunha tarifa de 8 euros por semana. Ademais, os máis pequenos gozarán de dúas sesións: unha de perfeccionamento entre as 12:00  e as 12:45 horas e outra de iniciación, desde as 13:00 ás 13:45 horas. 

Por outra banda, o curso para adultos comezará ás 20:00 horas e finalizará ás 20:45 horas. Os interesados poden poñerse en contacto chamando ao teléfono 686 66 52 77 ou ao 678 72 80 15. 

Etiquetas:
08/07/2020

El Concello de Cervo abre el plazo de inscripción en los cursos de natación en la piscina municipal para la temporada 2020-2021. Todas aquellas personas interesadas pueden inscribirse llamando al teléfono 982 59 45 12, de lunes a viernes en horario de 09:00h a 15:00h y tendrán de plazo hasta el próximo 15 de septiembre. 

Antes del inicio de la pandemia de la COVID-19, las instalaciones municipales contaban con 800 socios y 250 personas asistentes a los diferentes cursos que ofertaban. Con este nuevo plazo de inscripción, el Concello cervense espera retomar poco a poco muchas de sus rutinas habituales e iniciar una nueva normalidad, siempre velando por la seguridad de sus vecinos.

 

Etiquetas:
02/11/2018

Este venres, 2 de novembro, ábrese o prazo para inscribirse nos cursos de natación 2019 da Escola de Natación de Xove.

O venres 2 e o luns 5 as inscricións faranse en horario de 10:00 a 14:00 horas, na Aula de Formación, e de 16:30 a 21:30 horas, na oficina da Piscina.

Os demais días, as persoas interesadas en anotarse nos cursos de 2019 da Escola de Natación poderán formalizar a súa inscrición na oficina da Piscina Municipal de Xove.

 

Etiquetas:
26/02/2018

O Concello de Cervo acollerá esta fin de semana e por terceiro ano consecutivo, o Campionato Galego de Natación de Inverno nas categorías Júnior e Infantil, que se disputará o 2, 3 e 4 de marzo na Piscina Municipal Olímpica de Lieiro.

Na presentación da proba participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de deportes, José Ramón Soto, o secretario da Federación Galega de Natación, Ramón Mosquera, o xefe do servizo provincial de Deportes, Manuel Otero, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e o presidente do Club  Natación Xove, Bernardo Rouco.
No campionato, organizado polo Concello de Cervo, en colaboración co CN Xove e a Federación Galega de Natación, participarán 331 nadadores, pertencentes a 25 clubs galegos.

O alcalde, Alfonso Villares, significou a importancia que ten para Cervo “acoller e...

leer más
27/10/2016
Na piscina municipal olímpica de San Ciprián comezarán o 2 de novembro os cursos da tempada 2016/2017.
 
A piscina municipal olímpica de San Ciprián acollerá a partir do día 2 de novembro, mércores, os cursos da tempada 2016-17.
 
O edil José Ramón Soto anunciou hoxe que “a Concellería de Deportes de Cervo dará comezo o 2 de novembro aos cursos da presente tempada 2016-17 na piscina olímpica de San Ciprián, con 185 inscritos a día de hoxe, ademais dos membros  asociados as ANPAS, tanto do concello como doutras localidades da Mariña, como as de Burela, Alfoz e O Valadouro, que supoñen outros 230 participantes. Os cursos que se impartirán na única piscina olímpica da provincia de Lugo son: iniciación para bebés, a partir de 0 anos; iniciación e perfeccionamento, para nenos e adultos; aquagim, que é ximnasia na auga; natación específica para recuperación de lesións; preparación para probas e...
leer más
Etiquetas:
26/07/2016
Durante un mes a piscina municipal de Alfoz acolle cursos de natación para nen@s e adultos.
 
A Piscina Municipal de Alfoz acolle este verán cursos de natación dirixidos a nenos e adultos.
 
A duración dos cursos é de 1 mes e desenvólvense en horario de mañá de luns a xoves. Os luns e mércores para os adultos, e os martes e xoves para nen@s. Os horarios son ás 12:00 horas para iniciación, 12:45 horas para nivel medio e 13:30 horas no nivel avanzado tanto no caso dos adultos como dos nen@s.
 
A inscrición é de balde e pode facerse na propia Piscina Municipal de Alfoz.
 
27/01/2016
A piscina olímpica de San Ciprián acollerá do 29 ao 31 de xaneiro o campionato galego de natación junior e infantil de inverno.
 
O concelleiro de Deportes en Cervo, José Ramón Soto, explicou hoxe que a este campionato “prevese a asistencia de cerca de 300 participantes dos 23 clubs de toda a xeografía galega. Dende o Concello de Cervo entendemos que se trata dun gran evento deportivo, que ademais contribúe dunha forma moi positiva á promoción da comarca da Mariña, xa que esta competición arrastra a visita de moita xente e todo fai indicar que o sector hostaleiro da zona se verá moi beneficiado pola cantidade de xente que acudirá a este evento e que, aparte de presenciar a competición, terán a oportunidade de coñecer os numerosos encantos naturais que ten a nosa comarca”.
José Ramón Soto engadiu que o campionato “contará coas mellores promesas da natación...
leer más
Etiquetas:
09/04/2015
Un total de 119 nadadores de 8 clubs do norte peninsular participan este sábado, 11 de abril, no I Trofeo de Natación Concello de Cervo.
 
A piscina municipal de Lieiro acolle este sábado o I Trofeo de Natación Concello de Cervo. Unha competición que reunirá a 119 nadadores dun total de 8 clubs de Galicia, Asturias e Euskadi. En concreto, acudirán o CN Liceo da Coruña, o CN Xove, AD Náutico de Narón, CN Cedeira, CN Avilés, CN PortaMiñá Lugo e CN Barakaldo. 
A competición, que está organizada polo CN PortaMiñá de Lugo coa colaboración do Concello, dará comezo ás 11 horas, e incluirá as categorías de infantil, junior e absoluta; mentres a entrega de medallas individuais e o trofeo ao equipo campión está prevista para as 13:30 h. 
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, Luis Guillén, o presidente do Club Natación Porta Miñá Lugo, Fernando Timiraos, e a...
leer más