Ruta

Etiquetas:
20/03/2018

A décimo quinta edición da Ruta das Tapas que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz celebrarase a vindeira Semana Santa, concretamente do xoves 29 ao sábado 31 deste mes, e contará coa participación de quince establecementos hostaleiros: Aroma Café, Bar 78, Cafetería Express, Cafetería Mayros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Restaurante Xoyma, Casa Maño, Fraggle Rock Café, Happy Days, O Lar de Bustos, O Muelle Bar, Restaurante Costumes do Mar, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón.

As tapas serviranse de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. O prezo de cada tapa é de 2 euros.

Haberá catro premios. As tres mellores tapas serán elixidas polo xurado e haberá premio tamén para a tapa coa mellor presentación, que sairá das votacións que se realicen a través da páxina de facebook do CCA focense...

leer más
Etiquetas:
09/03/2018

A décima edición da ruta cicloturista de montaña Pico da Lebre, que organiza o Club Ciclista Foz, celebrarase o día 1 de abril. Na presentación do evento participou o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.

Desde a organización explican que “a décima ruta BTT Pico da Lebre contará con tres distancias para adaptarse a todos os ciclistas que desexen participar. As inscricións están abertas na web http://bttpicodalebre.galitiming.com. Está previsto que a ruta arranque ás 9:00 horas do día 1 de abril desde a praza Conde de Fontao, no porto de Foz. Desde aí todos os participantes rodarán polo paseo de Malates para ir adentrándose nas primeiras subidas que os levarán aos pés da capela do Santo, que será testemuña de luxo do paso dos ciclistas. Despois de gozar das baixadas do Pico da Lebre, na...

leer más
Etiquetas:
08/03/2018

Medela Mtto organiza a IX Ruta de Enduro Medela este domingo, 11 de marzo, a partires das 9:30 horas.

A saída e a meta estarán situadas na Praza dos Campos en San Cibrao.

O percorrido ten unha lonxitude de 38 quilómetros, cun desnivel acumulado de 1.400 metros e unha dificultade media-alta.

A proba conta co patrocinio de Cerezo Bikes, Alcoa Fundación, Rodabell, Mobilimp, a Área de Deportes da Deputación de Lugo e o Concello de Cervo. 

 

Etiquetas:
06/03/2018

A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza o sábado, 10 de marzo, unha ruta pola Senda do Oso.

Esta andaina en Proaza-Teverga, en Asturias, ten unha lonxitude de 13 quilómetros e é de dificultade baixa.

O prezo para os socios é de 20 euros e 25€ para os non socios, inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 8:00 horas da Estación de Autobuses de Burela.

Para poder asistir é imprescindible anotarse e pode facerse en Gráficas Arfe ou ben no número de teléfono 982 580 504, antes do xoves 8 de marzo, ás 20:00 horas.

 

Etiquetas:
06/03/2018

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o 18 de marzo unha ruta por Seimeira-Forcón de Ríos na zona de Os Oscos, en Asturias.

A saída será ás 8:00 horas do Concello e para participar é obrigatorio anotarse antes do mércores 14 de marzo. Poden facerse as inscricións nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es 

O prezo é 22 euros para os socios federados, 27€ para os socios non federados e 32 euros para os non socios. Está incluído o xantar e o ingreso debe facerse en conta bancaria.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten unha dificultade media.

Colabora o Concello de Foz.

 

Etiquetas:
27/02/2018

A cita deportiva foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil delegado de Deportes, José Ramón Soto, ademais de varios membros do Club Medela; o Presidente, David Riera, Abel Ordás, Víctor Riera e Diego Ballesteros, que sinalaron que “a saída está prevista para as 9:30 horas desde a praza do Campos, en San Ciprián, e os participantes realizarán primeiramente un percorrido non competitivo por varias zonas do municipio, concretamente por Lieiro, Galdín e Gondrás”.

A continuación, os corredores porán rumbo ao Monte Medela. Riera sinalou que  “levamos moitos meses traballando intensamente na posta a punto dos camiños, en colaboración tamén co Concello de Cervo, e preparando tramos especiais de enduro, para o día da competición”.

A proba, de dificultade media-alta, será de 35 quilómetros, e 1.400...

leer más
Etiquetas:
13/02/2018

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o 25 de febreiro unha ruta pola ribeira do río Sor dende Ponte do Porto ata Monte da Insua.

A saída será ás 8:30 horas do Concello, a comida será en Loiba e despois farase unha visita a Estaca de Bares.

O derradeiro día para anotarse é o mércores 21 de febreiro, e as inscricións poden facerse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es 

O prezo para os socios federados é de 20 euros, para os socios non federados 25€ e para os non socios 30 euros. O ingreso debe facerse en conta bancaria.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un grado de dificultade media.

 

Etiquetas:
29/01/2018

A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza o sábado, 3 de febreiro, a Ruta das Xanas por Quirós, en Asturias.

A saída será ás 8:30 horas da Estación de Autobuses de Burela, e a ruta ten 8 quilómetros de percorrido cunha dificultade baixa segundo informa a organización.

O prezo para os socios é 20 euros e 25 para os non socios, e inclúe autobús, comida e seguro.

Para poder participar é imprescindible anotarse en Gráfica Arfe ou no número de teléfono 982 580 504, antes do 1 de febreiro ás 20:00 horas.

 

Etiquetas:
15/01/2018

O 28 de xaneiro terá lugar o primeiro andareiro do ano, organizado por Sendeiros de Foz. A ruta será por Pena Abaladoira - Fervenza Escouridal. 

Segundo os organizadores “trátase dunha ruta espectacular por terras de Alfoz, onde veremos unhas xoias que temos por estos lares moi pouco valoradas como a Fraga da Moradoira, a Pena Abaladoira, a Pena das Banzas, a Fervenza Escouridal, todo nas estribacións da Serra do Xistral”.  

A saída será o 28 xaneiro, domingo, ás 8:45h do Concello. O prezo para os socios federados será de 20 euros, para os socios non federados 25 euros e para os non socios 30 euros. Inclúe o xantar.

O derradeiro día para anotarse será o 24 de xaneiro. Pódese facer a través dos seguintes números de teléfono 676 561 594, Nelli – 670 369 017, Morís ou no correo electrónico...

leer más
Etiquetas:
09/01/2018

A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza para o sábado, 13 de xaneiro, unha ruta polas Fragas do Eume no Camiño da Ventureira. O percorrido é de 8 quilómetros e dificultade baixa. A saída será ás 8:30 horas da Estación de Autobuses de Burela.

O prezo é de 20 euros para os socios e 25€ para os non socios. Inclúe autobús, comida e seguro. Para asistir é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504, antes do xoves 11 de xaneiro ás 20:00 horas.

A organización recomenda levar calzado apropiado e bastón xa que a metade da ruta é próxima ao río polo que é esvaradía.