San Martiño

Etiquetas:
19/03/2017

O grupo teatral O Centiño, de San Martiño, vai estrear a súa segunda obra, titulada "Zume de amorodios".

Trátase dunha reflexión sobre o amor e sobre os odios que o acompañan. A obra é orixinal de Pepe Peinó. A estrea terá lugar o vindeiro sábado, 25 de marzo, no local social de Ferreiravella, en San Martiño, a partir das 20:30 horas.

Etiquetas:
13/03/2017

A escritora compostelá Iolanda Aldrei presentará a súa última publicación en San Martiño (Foz). "O Segredo de Sheela na Gig" conta con ilustracións da propia autora e está editado polo selo Sons da Terra Verde. 

Iolanda Aldrei forma parte do colectivo literario “A porta verde do sétimo andar” e ten participado o verán pasado na “Ponte literaria” (encontro estival de escritores no Valadouro), así como no recital “Memoria do mar de Foz”, celebrado tamén no verán de 2016.

Do mesmo xeito, foi unhas das participantes no proxecto literario-fotográfico Aldeas sen voz, publicación colectiva que xorde inspirada nas terras do municipio da Pontenova.

O evento deste sábado ás 18 horas, que será presentado por Lionel Rexes, terá lugar no Espazo Caritel, o complexo artístico-botánico xurdido arredor do...

leer más
Etiquetas:
07/03/2016
A Semana Santa de San Martiño, en Foz, iniciará os seus actos o vindeiro 19 de marzo co pregón que pronunciará Antonio Rodríguez Basanta, administrador da Diócese de Mondoñedo-Ferrol.
 
Os actos da Semana Santa de San Martiño, de Foz, que se presentaron o pasado sábado, principiarán o próximo 19 deste mes. Ese día, Sábado de Paixón, ás oito menos cuarto da tarde, terá lugar no Centro Social do Caritel a recepción na honra das autoridades, confrades, convidados e veciños. Ás oito na Basílica de San Martiño dará lectura ao Pregón da Semana Santa Antonio Rodríguez Basanta, administrador da Diocese de Mondoñedo-Ferrol. A continuación terá lugar a apertura dunha nova edición da Semana de Música Xosé Alonso a cargo do alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e seguidamente ofrecerá un concerto a Coral Polifónica de Foz. Nese acto farase entrega dos pergamiños de confrades de honra da Confraría do Desencravo a María Mónica Irimia Labrada, José Ramón Vila Otero e Ramón Sánchez Martínez. Posteriormente terá...
leer más
Etiquetas:
18/06/2015
A basílica de San Martiño, en Foz, acollerá este sábado, día 20, o IX Encontro Internacional de Corais "Villa de Foz".
 
A basílica de San Martiño acollerá este sábado, día 20, ás 19:30 horas a novena edición do Encontro Internacional de Corais Villa de Foz. Este evento está organizado pola Coral Polifónica de Foz co patrocinio do Concello de Foz.
No encontro participarán a agrupación organizadora, dirixida por María del Carmen Alonso Leal e coa pianista Amparo Represa; e ademais a Coral Valparaíso, de Valladolid, que dirixe Antonio Redondo González; e a agrupación portuguesa Orfeao de Recardaes, que dirixe Stanislava Pavlov.
 
23/03/2015
A oficina de turismo de Foz amplía o seu horario na Semana Santa. E haberá visitas guiadas á basílica de San Martiño.
 
O Concello de Foz amplía o horario de apertura da oficina municipal de turismo, que está situada no edificio do Cenima,  durante a Semana Santa, concretamente do 30 deste mes de marzo ao 4 de abril, e haberá visitas guiadas á basílica de San Martiño.
A concelleira de Turismo, Maite López Rego, explicou hoxe que “como todos os anos por estas datas, dende a Concellería de Turismo queremos achegar aos nosos veciños e visitantes o horario da oficina de turismo dende o 30 de marzo ata o 4 abril. Durante eses días ampliamos o horario, que será polas mañás de 10 a 14 horas e polas tardes de 17 a 20 horas. Habitualmente está aberta só en horario de mañá”.
Maite López engadiu que “durante este último ano dende o Concello fixemos un esforzo...
leer más