Viveiro
O salón de actos do Conservatorio de Música de Viveiro acolle ata o día 31 de agosto unha exposición de homenaxe a Luis Cebreiro polo centenario do naufraxio do ‘Santa Isabel’.
Nun acto celebrado no Teatro Pastor Díaz antes da inauguración da mostra, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destacou que “Luis Cebreiro, nado en Ferrol pero vivariense de adopción, é sen dúbida un dos persoeiros da nosa vila no século XX”.
“Benefactor, héroe da Marina, impulsor dos estudios marítimos e do servizo de salvamento marítimo, foi o marino mercante máis condecorado do século pasado; pero máis aló da súa traxectoria profesional, Luis Cebreiro será sempre lembrado pola súa forma de ser, deixou unha fonda pegada en todos aqueles que tiveron a sorte de coñecelo”, engadiu.
A exposición, comisariada por...
leer másO Concello de Viveiro celebra desde o venres, día 12, e ata o luns 15 nos Xardíns Noriega Varela a Feira do Libro 2022 ‘Movémonos cos Libros’, cunha ampla oferta cultural e encontros con diferentes escritores e escritoras.
Esta mañá presentaron a feira a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, e María del Cielo Fernández, vicepresidenta da Federación de Librarías de Galicia.
A pregoeira será María Carmen Lage López, antiga propietaria da libraría Porta de Vila de Viveiro, e a pregoeira infantil Iria Pérez Giz, nunha inauguración oficial que será o venres ás 13:00 horas.
“Durante catro días, Viveiro será a capital do libro en Galicia e asistiremos ao encontro entre os escritores e escritoras que participarán na feira e os seus...
leer másO Concello de Viveiro acolleu a presentación da XXXVIII Feira de Artesanía, que se celebrará nos xardíns Noriega Varela entre os días 12 e 21 de agosto.
Despois de dous anos de limitacións pola pandemia, a feira terá este ano 32 stands e a presenza de numerosos profesionais deste eido.
Como novidade, este ano ademais haberá un stand efémero, no que algúns días haberá artesanos e outros obradoiros ou demostracións do oficio.
“Unha referencia no sector, unha feira que destaca pola calidade e a variedade da artesanía, polo que estou convencida de que será un éxito”, afirmou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
O Complexo Cultural RegalXunqueira inaugurará o 5 de agosto as 20:00h a exposición titulada Os Catro Otero. Será na sala de exposicións e servirase un viño e algo de comer.
Esta exposición é unha mostra multidisciplinar de obras de tres xeracións de artistas do clan vencellado ao Complexo RegalXunqueira, que pretenden darlle continuidade ao espazo creativo e de divulgación cultural desta instalación.
En primeiro lugar está Alfonso Otero Regal, que presenta unha colección de murais cerámicos esquemáticos.Despois está a súa filla, Renata Otero Ramallal, cunha adaptación de “Palabras para Xulia” de Paco Ibáñez a un feito autobiográfico. E por último os seus netos, Leo Espiña Otero, cunha instalación sobre o arte urbano e o colaxe, e Alén Espiña Otero con varias fotografías naturalistas.
...
leer másOutro dos grupos participantes nesta 42ª edición da Mostra Folclórica Internacional de Viveiro, o Ballet de Arte Folclórico Arxentino (B.A.F.A.), ademais da participación na Gala Internacional do domingo 7, o sábado 6 de agosto ás 22:00 horas no escenario da Praza Maior de Viveiro, ofrecerá o espectáculo Especial Arxentina.
Trátase dun repertorio composto por obras de diferentes rexións e épocas como a Pampa Arxentina, Estampa de pampa e ceo, Antoloxía do Tango, Carnaval Coya, entre outras, que amosan con detalle cada cal co seu vestiario, as súas danzas, os seus sons, o seu sentir.... O Ballet de Arte Folclórico Arxentino (B.A.F.A.), provén da cidade de xeral Pacheco, partido de Tigre, provincia de Buenos Aires.
É un dos ballets mais importantes de Arxentina. Creado en 1966 polo matrimonio formado por María...
leer másO Concello de Viveiro presentou a programación completa das súas Festas Patronais 2022, que durante tres semanas no mes de agosto ofrecerán actividades culturais de todos os estilos e para todas as idades.
“Despois de dous veráns de limitacións pola pandemia, recuperamos o pulso habitual das festas, que ademais da programación serán un lugar de encontro para os veciños de Viveiro, os familiares que viven fóra o resto do ano e os turistas que chegan á nosa vila”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.
O concello retoma este ano a tradición do pregón das festas patronais a cargo do escritor Ramón Pernas, natural de Viveiro. Será o día 14 de agosto ás 13:00 horas desde o balcón da Biblioteca Municipal. Actuará alí a Banda Municipal o Landro interpretando o himno ‘Catro Vellos Mariñeiros’.
...
leer másO próximo luns,1 de agosto, serán inauguradas as exposicións “A Memoria do Son. Réplica dos instrumentos do Pórtico da Gloria a Catedral de Santiago de Compostela”.
Os sons poderanse escoitar a través de códigos QR. E tamén a exposición "O Camiño de Santiago en Burgos". Ao mesmo tempo farase a presentación das Carpetas de Indumentaria Tradicional, unha actividade adicional nesta XLII Mostra Folklórica Internacional.
As exposicións estarán abertas ao publico dende o 1 ó 8 de agosto na sala de exposicións do Concello de Viveiro / Biblioteca Municipal.
CARTELERA CINES VIVEIRO HASTA EL 4 DE AGOSTO
29 DE JULIO Y 30 DE JULIO
-DC Liga de Supermascotas – 19:45 y 22:30 horas
-Minions: el origen de Gru – 20:00 horas
-Black Phone – 22:30 horas
-Padre no hay más que uno 3 – 19:30 horas
-Thor: love and thunder – 22:30 horas
31 DE JULIO, 1, 2, 3 Y 4 DE AGOSTO
-DC Liga de Supermascotas – 18:45 y 21:30 horas
-Minions: el origen de Gru – 19:00 horas
-Black Phone – 21:30 horas
-Padre no hay más que uno 3 – 18:30 horas
-Thor: love and thunder – 21:30 horas
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro e a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, presentaron o cartel das Festas Patronais deste ano, xunto á artista encargada do deseño, Oliva Díaz Mejuto.
Como cada ano, o Concello de Viveiro encarga o deseño do cartel a un artista local, co obxectivo de fomentar o talento artístico do municipio. Neste ano a pintora Oliva Díaz Mejuto, foi a responsable do cartel.
“O deseño de Oliva transmite sen dúbidas o espírito das nosas festas, cuxo programa completo detallaremos proximamente. De momento, xa anunciamos o concurso de karaoke, Viveiro Canta; o desfile dos cabezudos e mais o concerto de Mikel Erentxun”, recorda a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Pola súa banda, a concelleira de Cultura recorda que esta iniciativa “pon en...
leer másDende a Asociación Bágoas da Terra continúan cos preparativos da XLII Mostra Folclórica Internacional de Viveiro, que este ano se retoma do 1 ó 8 de agosto, cos días fortes entre o xoves e domingo, tras dous anos de parada obrigatoria pola pandemia, despois de celebrarse ininterrompidamente dende o ano 1979. 42 edicións dun festival punteiro de recoñecemento Internacional pertencente a CIOFF integrada na ONU-UNESCO do que Bágoas da Terra e Viveiro senten orgullo.
Bágoas da Terra volta con forza na organización desta edición da Mostra, que incluirá dúas exposicións moi interesantes relacionadas co Camiño de Santiago, unha delas denominada “A Memoria do Son” ca réplica dos instrumentos do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago, na que por medio de códigos QR poderase escoitar cada un dos antigos instrumentos. O que será unha actividade...
leer más












