Viveiro

Etiquetas:
21/10/2022

CARTELERA CINES VIVEIRO HASTA EL 23 DE OCTUBRE

VIERNES 21
-Lilo, mi amigo el cocodrilo – 22:00 horas
-Black Adam – 22:00 horas
-Los renglones torcidos de dios – 22:00 horas

SÁBADO 22
-Lilo, mi amigo el cocodrilo – 18:00 y 21:00 horas
-Black Adam – 18:00 y 21:00 horas
-Los renglones torcidos de dios – 21:00 horas
-Smile – 18:00 horas

DOMINGO 23
-Lilo, mi amigo el cocodrilo – 17.30 y 20:30 horas
-Black Adam – 17:30 y 20:30 horas
-Los renglones torcidos de dios – 20:30 horas
-Smile – 17:30 horas

Etiquetas:
19/10/2022

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro en colaboración co concello de Viveiro, puxo en marcha un sorteo dentro das actividades da campaña SuperArte. Baixo o lema “Por un Comercio Inclusivo e Solidario” a Asociación de comerciantes colabora nesta 4ª Edición do programa SuperArte cun sorteo de 300€ en vales de compra. 

A forma de participar é moi sinxela para animar a todo o mundo a que participe. Consiste nun sorteo en redes sociais, accesible para todos. O único que hai que facer é sacarse unha foto, intentando que sexa o mais divertida posible, nalgún dos 2 photocalls instalados na Praza Maior ou na Praza da Fontenova, e subila ás redes sociais, etiquetando a @viveirocentro e @concellodeviveiro co hastag #comercioinclusivo.  

Sortéanse 300€ en vales de compra do CCHV, repartidos en 6 premios de...

leer más
16/10/2022

O Concello de Viveiro, coa colaboración da Federación Española de Actividades Subacuáticas (Fedas), organiza as VI Xornadas Cidade de Viveiro de Historia e Arqueoloxía Marítima, que se celebrarán os días 11, 12 e 13 de novembro. É un mes simbólico na historia marítima de Viveiro, xa que foi o 2 de novembro de 1810 cando a fragata Magdalena afundiu na ría.

Durante a presentación do evento, que tivo lugar esta mañá, a alcaldesa, María Loureiro, destacou o nivel dos relatores e asegurou que a xornada xa é unha cita consolidada a nivel nacional e internacional. "É unha das mellores formas de poñer en valor a nosa historia, sempre vencellada ao mar", asegurou.

Segundo explicou esta mañá a rexedora local, o acto comezará na tarde do venres 11 de novembro coa inauguración dunha exposición sobre os pecios que acompaña a...

leer más
Etiquetas:
15/10/2022

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a directora da UNED de Lugo, Ana Traseiras, presentaron a campaña de matrícula para o curso 22-23 e as novas titulacións que se implantan no centro de Viveiro.

Tanto a directora da UNED de Lugo como a alcaldesa amosaron a súa satisfacción pola implantación de tres novos graos, que permitirán ao alumnado da Mariña estudar ‘Maxisterio: Educación Infantil’, Enxeñería da Enerxía ou Ciencias Ambientais a través da modalidade semipresencial, sen desprazarse do seu lugar de orixe.

As tres carreiras cursaranse en catro anos na modalidade semipresencial. A UNED non ten prazas límites, polo que todo o alumnado que desexe cursar os graos simplemente ten que cumprir cos requisitos de acceso.

María Loureiro destacou “a colaboración fluída coa UNED, que no...

leer más
Etiquetas:
14/10/2022

CARTELERA CINES VIVEIRO HASTA EL 16 DE OCTUBRE

VIERNES 14
-Los renglones torcidos de Dios – 22:00 horas
-Smile – 22:00 horas
-Modelo 77 – 22:00 horas

SÁBADO 15 Y DOMINGO 16
-Los renglones torcidos de Dios – 21:00 horas
-Tadeo Jones 3 – 18.30 horas
-Los buscamundos – 17:30 horas
-El colegio de los animales mágicos – 18:00 horas 
-Smile – 21:00 horas
-Modelo 77 – 21:00 horas

Etiquetas:
13/10/2022

O Concello de Viveiro organiza unha tarde de festa e convivencia gratuíta para as persoas maiores de 65 anos o próximo domingo 23 de outubro, unha actividade incluída no programa ‘Reconécta-te’.

A festa será no pavillón Antonio Tarrio do IES Vilar Ponte desde as 19:00 horas e inclúe uns pinchos, chocolatada e música en directo. A iniciativa vai dirixida a que os veciños e veciñas maiores de 65 anos pasen unha tarde de diversión, fraternidade e convivencia.
O prazo para inscribirse comeza mañá, venres 14 de outubro, e remata o próximo xoves, 20 de outubro.

Haberá catro puntos de recollida de entradas: no Concello de Viveiro, de luns a venres e de 09:00 a 14:00 horas; no centro sociocultural Casa do Forno de Celeiro, de luns a venres de 16:00 a 21:00 horas; no centro sociocultural de Covas, de luns a venres de...

leer más
Etiquetas:
11/10/2022

Conexión Pingüín chega o 15 de outubro ao Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, o 15 de outubro ás 20:30 horas. O prezo da entrada para gozar desta comedia será de 5 euros para o público xeral e de 3 euros para estudantes e xubilados. As reservas poden facerse chamado ao teléfono 982 560 162 ou rbg.cultura@viveiro.es, ou en taquilla unha hora antes da función.

Despois do éxito da anterior montaxe, Sénior (2018), Culturactiva Producións volve convocar a Luis Iglesia e Marcos Orsi neste espectáculo cómico escrito por Jose Prieto.
Conexión Pingüín é unha comedia que quere falar da incomunicación entre os seres humanos. Este mal fai estragos todo os días e a todas horas, na casa, coa familia, no tráfico, no traballo... Estamos na súper era tecnolóxica, da conexión inmediata, da telecomunicación, mais...

leer más
Etiquetas:
08/10/2022

A mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional propón un amplo programa de actividades gratuítas, alén das funcións

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, presentaron a 4ª edición de Superarte, a mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional. Este ano, a iniciativa impulsada polo Concello de Viveiro celebrarase entre o 17 e o 23 de outubro.

“Superarte é un dos grandes exemplos do noso esforzo como Goberno local por acadar un Viveiro máis inclusivo. Un proxecto que cumpre a súa cuarta edición como un referente na visibilidade das persoas con diversidade funcional ”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

A mostra conta en cada edición coa colaboración dunha asociación. Para este ano, o...

leer más
Etiquetas:
07/10/2022

CARTELERA CINES VIVEIRO HASTA EL 9 DE OCTUBRE

VIERNES 7
-Modelo 77 – 22:00 horas
-Smile – 22:00 horas
-La vida padre – 22: 00 horas

SÁBADO 8
-Tadeo Jones 3. La tabla esmeralda – 19:15 horas
-Modelo 77 – 22:00 horas
-Smile – 19:15 y 22:00 horas
-Dios mío, ¿pero qué nos has hecho? – 19:15 horas
-La vida padre – 22: 00 horas

DOMINGO 9
-Tadeo Jones 3. La tabla esmeralda – 17:30 horas
-Modelo 77 – 20:15 horas
-Smile – 17:30 y 20:15 horas
-Dios mío, ¿pero qué nos has hecho? – 17:30 horas
-La vida padre – 20:15 horas

Etiquetas:
06/10/2022

Desde o CCH de Viveiro sinalan: “xa estamos de volta co Juepeo, os Xoves en Viveiro Tapeo. Este 6 de outubro arrinca unha nova edición desta campaña, trala parada nos meses de verán”.

Serán 12 os participantes desta nova edición, Restaurante O Muro, Vinoteca Los Leones, El Tigre, Restaurante Casa Pepi, Mesón O Recuncho, O Rincón do Tronco, Asador La Quinta, Gastrobar Hotel Urban, Atlántico Gastrobar, Mesón A Ría, Pulpería O Panadeiro e Heladería Puerta Real que son os que poñen a nota dulce nestes Juepeos. 

Ofrecerán tódolos xoves unha tapa ó prezo de 2,50€. Esta xa é a oitava edición que se pon en marcha, unha iniciativa que foi moi ben acollida polo público e que pouco a pouco foi medrando e asentándose como a alternativa de ocio para os xoves. O obxectivo desta campaña é dinamizar os negocios de hostalaría do...

leer más