Viveiro
Baixo o nome ‘Descubre Viveiro’ ofrecerase a veciños e visitantes información sobre paseos e rutas de sendeirismo, así como gran cantidade de material gráfico e audiovisual sobre distintos puntos de interese.
“É un antes e un despois na promoción de Viveiro, un proxecto moi ambicioso e adaptado ás novas tecnoloxías para dar a coñecer o noso concello, un lugar con todos os servizos necesarios para vivir todo ano nunha contorna natural privilexiada”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.
De forma progresiva iranse dando a coñecer rutas e paseos virtuais, así como vídeos de zonas urbanas e de espazos naturais; ademais deste material, para cada unha da rutas ou paseos incluíranse folletos, trípticos, tracks do percorrido, etcétera.
“Quero agradecer o traballo da concelleira de Turismo,...
leer másCARTELERA CINES VIVEIRO DEL 3 AL 5 DE JUNIO
VIERNES 3
-Top Gun: Maverick – 22:00 horas
-Live is life – 22:00 horas
-Cinco lobitos – 22:00 horas
SÁBADO 4
-Doctor Strange – 19:30 horas
-Top Gun: Maverick – 22:30 horas
-Live is life – 20:00 y 22:30 horas
-Cinco lobitos – 20:00 y 22:30 horas
DOMINGO 5
-Doctor Strange – 17:30 horas
-Top Gun: Maverick – 20:30 horas
-Live is life – 18:00 y 20:30 horas
-Cinco lobitos – 18:00 y 20:30 horas
O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. E pon en marcha este venres, 3 de xuño, e o sábado 4 a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
Trátase dunha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 46 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, agasallos, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, estancos e salóns de peiteado, que estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%,...
leer másO Concello de Viveiro, a través da Concellería de Muller, propón o proxecto “O deporte non ten xénero”, en colaboración co Centro de Información á Muller. A iniciativa, dirixida á mocidade, busca dar achegar ás mulleres a distintos deportes, a través de charlas e clases deportivas gratuítas.
A primeira cita deste programa será sobre o surf, con Viveiro Surf Escola. Así, o mércores 22 de xuño organizarase unha charla sobre “A muller e o surf”, na sala multiusos do Concello de Viveiro. A cita será ás 20:00 e contará coa participación das deportistas Claudia Prieto e Lucía Martínez, quen contan cunha exitosa traxectoria no surf.
Ao día seguinte, o xoves 23 de xuño, ofrecerase unha clase de surf, dirixida a todas as mulleres que desexen participar. A formación será gratuíta, pero as prazas son limitadas, polo que...
leer másO vindeiro mércores, 1 de xuño, ás 20 horas, terá lugar no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, a presentación do libro Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV ) da que é autor o historiador Francisco Rodríguez Sánchez.
A obra percorre a etapa medieval de esplendor do reino de Galiza e a posterior crise da segunda metade do século XIV e está feita coa vontade de deitar luz sobre o noso pasado medieval e as deformacións e ocultacións que sobre este período se teñen producido. O libro nace tamén da necesidade de colaborar ao coñecemento sobre a nosa historia.
A presentación correrá a cargo de Xulia Canoura, profesora xubilada e o acto está organizado pola Fundación Galiza Sempre e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
CARTELERA CINES VIVEIRO HASTA EL 29 DE MAYO
VIERNES 27
-Top Gun: Maverick – 22:00 horas
-Doctor Strange – 22:00 horas
-El hombre del norte – 22:00 horas
SÁBADO 28
-Top Gun: Maverick – 19:30 y 22:30 horas
-Las aventuras de Pil – 19:30 horas
-Doctor Strange – 22:30 horas
-El secreto de Vicky – 19:30 horas
-El hombre del norte – 22:30 horas
DOMINGO 29
-Top Gun: Maverick – 17:30 y 20:30 horas
-Las aventuras de Pil – 17:30 horas
-Doctor Strange – 20:30 horas
-El secreto de Vicky – 17:30 horas
-El hombre del norte – 20:30 horas
O Concello de Viveiro traballa no programa das festas de San Roque, tras dous anos limitadas pola pandemia. E comeza a anunciar o programa das Patronais, que se celebran a mediados do mes de agosto con motivo do San Roque.
O concerto principal das festas deste ano será o ofrecido por Mikel Erentxun, un dos artistas máis consolidados no panorama da música en España. O seu concerto será na Praza Maior de Viveiro o 15 de agosto.
“O noso propósito é recuperar este ano as festas de San Roque ao máximo, tras dous anos de limitacións por mor da pandemia. Agardamos que a cidadanía e os visitantes gocen programación na que traballamos e que pronto anunciaremos ao completo”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
Ademais, co obxectivo de apostar pola música feita en Galicia o 13 de agosto...
leer másViveiro acolle este venres, día 27 de maio, a celebración dos Maios grazas a unha actividade organizada de forma conxunta pola Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro e o Concello, en colaboración cos colexios Lois Tobio, San Roque, Galdo, Landro e Covas.
Participarán nesta festividade preto de 600 nenos e nenas que se xuntarán na Praza Maior ás 11:30 horas, para percorrer posteriormente ataviados con motivos florais as rúas Margarita Pardo de Cela, Avda de Cervantes, Vilar Ponte, Almirante Chicarro e Pastor Díaz, volvendo para finalizar á Praza Maior, onde cantaran as cancións dos Maios e disfrutarán dun refrixerio.
“Dende o Concello de Viveiro consideramos que é fundamental fomentar e potenciar este tipo de celebracións propias da nosa cultura e tradición, evitando que se perdan e involucrando nas...
leer másO Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle este sábado, 21 de maio, o espectáculo Apiazzolados a cargo de Malajunta Tango Dúo. O concerto dará comezo ás 20:30 horas e a entrada será de balde.
O grupo está composto por Martín Bucki e José Luis Álvarez ao piano&saxofón e acordeón.
Esta actividade propón un percorrido de 6 quilómetros con estacións de adestramento o próximo 29 de maio.
O Concello de Viveiro colabora na primeira edición de “Walkfit”, unha actividade de adestramento ao aire libre impulsada pola adestradora Lorena Díaz. A iniciativa celébrase o próximo domingo 29 de maio, ás 10:30, percorrendo a vila de Viveiro con diferentes exercicios.
“Walkfit” é un camiño de adestramento en grupo ao aire libre que combina ao longo do seu recorrido, estacións de adestramento dirixidas por adestradores profesionais.
Este tipo de experiencias de benestar desenvólvense nun contexto urbano, neste caso, no propio centro de Viveiro e a súa periferia. Polo tanto, a vila de Viveiro convértese no propio ximnasio.
A iniciativa propón deste modo...
leer más












