Ribadeo

10/04/2020

A praia das Catedrais, en Ribadeo, tamén está confinada. Hoxe, Venres Santo, sería un dos días de maior afluencia de visitantes xunto co 15 de agosto, e a imaxe que esta tarde presentaba o areal era desoladora. As ondas batendo contra as rochas son as auténticas protagonistas esta Semana Santa xunto ás gaivotas e ás vacas, que alleas ao que acontece, seguen co seu pasto tranquilo a carón do mar, entre As Catedrais e Esteiro.

Hoxe todo estaba baleiro en Augas Santas: os aparcadoiros, os baños, o paseo, os sendeiros, as escaleiras de baixada ao areal. Ata o ceo se tornou de cor gris. Parecera que As Catedrais estivesen tristes por tanta soidade.

Milleiros de persoas aproveitaban anos atrás para visitar As Catedrais durante estas vacacións. Tamén é certo que o areal e os seus arredores se rexenerarán de xeito...

leer más
Etiquetas:
09/04/2020

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo acaba de editar un vídeo para animar á cidadanía e lembrar o marabilloso que é Ribadeo. Este traballo audiovisual xa pode verse nas redes sociais de ACISA. 

Neste vídeo, que está elaborado con material gráfico de eventos e lugares de Ribadeo, baixo a idea de que “xa falta pouco” a asociación empresarial ribadense destaca que cada vez queda menos para facer todo o que botamos en falta: abrazarnos, brindar, saír, pasear, festexar … 

O presidente de ACISA Ribadeo, Francisco Iriarte, explica que “son momentos difíciles, cada día se fai máis costa arriba para todos, por iso quixemos levantar o ánimo dos nosos veciños e veciñas, amigos, familiares … Pero temos que ter a moral alta e ser positivos para aguantar o que queda. E para axudar a...

leer más
Etiquetas:
08/04/2020

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) pon en marcha un curso online sobre son no automóbil. A actividade será gratuíta e poderá realizarse a través da súa plataforma de formación. As persoas interesadas en realizalo deben anotarse en apagaribadeo@gmail.com. O curso estará listo a vindeira semana. Apaga explorará outras vías para seguir coa súa actividade formativa durante o estado de alarma e nos vindeiros meses.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, cre que “debemos poñernos en marcha e convivir coa situación que hai neste momento. Entón nós, desde a nosa plataforma de formación, creo que podemos axudar a continuar co proxecto formativo e que a xente que de momento está nas casas, e teña algún  interese, conte coa posibilidade de poder facer algún curso a distancia”.

... leer más
Etiquetas:
04/04/2020

O Concello de Ribadeo pon en marcha unha iniciativa para fomentar unha alimentación de proximidade na vila ante a situación de emerxencia sanitaria ocasionada polo coronavirus. 

Co lema Ribadeo Agroalimentario, por unha alimentación máis próxima as Concellarías de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo xunto coa de Igualdade, Ensino e Mocidade queren poñer en valor o traballo das persoas produtoras e provedoras de produto local ante as actuais circunstancias e animan ao consumo responsable, xusto para as produtoras e sostible ambientalmente. Esta iniciativa aglutina os programas de entrega a domicilio de produtos das praceiras e praceiros do Mercado de Abastos así como das produtoras de horta de Ribadeo.

Para o desenvolvemento desta campaña activouse unha web agroalimentario.ribadeo.gal dentro do portal...

leer más
Etiquetas:
01/04/2020

As praceiras e praceiros do mercado de abastos de Ribadeo farán reparto a domicilio durante o estado de alarma. Trátase dunha campaña que pon en marcha a Concellaría de Desenvolvemento Local en colaboración cos vendedores da praza, segundo deu a coñecer esta mañá o edil Pablo Vizoso. 

O concelleiro ribadense explicou que “a Área de Desenvolvemento Local e en colaboración cos persoas praceiras da praza de abastos de Ribadeo pon en marcha unha campaña para promocionar un servizo de reparto a domicilio dos produtos vendidos polos postos de alimentación do mercado de abastos con fin de facilitar as compras á veciñanza e ademais permitir que #Ribadeoquedenacasa”. 

Vizoso Galdo dixo que “o servizo estará en funcionamento durante o estado de alarma e as persoas interesadas poden poñerse en contacto cos praceiros/as que...

leer más
Etiquetas:
31/03/2020

O Concello de Ribado e BeOne poñen a disposición dos veciños e das veciñas unha aplicación gratuíta para adestrar e manterse en forma desde a casa nesta época de confinamento. Así o anunciou hoxe o alcalde, Fernando Suárez, Barcia. 

O rexedor explicou que “desde o Concello de Ribadeo, a parte das outras cuestións nas que traballamos, estamos preocupados por estas medidas de confinamento. Os días van pasando e faise moi longo o tempo, a xente está a vivir entre catro paredes, e temos que poñer en práctica aquel dito latino que dicía mens sana in corpore sano, é dicir para estar ben mentalmente debemos ter o corpo ben. E para iso debemos facer deporte e para facer deporte na práctica totalidade dos casos é necesario saír e como non podemos facelo temos que aproveitar os recursos que a técnica ou a tecnoloxía nos permiten”.

... leer más
Etiquetas:
27/03/2020

O Concello de Ribadeo pon en marcha unha campaña para promover a venda directa dos produtos da horta e a súa entrega gratuíta nos domicilios das persoas interesadas no consumo local. Será mentres dure o confinamento, segundo explicou este mediodía o concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso. 

O edil contou que “o Concello, en colaboración coas persoas produtoras e labregas de Ribadeo inscritas no REAGA, ven de poñer en marcha unha campaña para promover a venda directa dos produtos da nosa horta e a súa entrega nos domicilios das persoas interesadas en consumir o noso produto local”.

Vizoso indicou que “as persoas consumidoras poderán ter as súas cestas de produtos de tempada e frescos na súa casa poñéndose en contacto coa produtora que elixa, que lle informará sobre a dispoñibilidade de cada produto e...

leer más
27/03/2020

A Concellaría de Cultura fixo públicas as bases do IV Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo. Poden participar aquelas rapazas e rapaces da Mariña, que teñan entre 16 e 30 anos, nas modalidades de relato curto, poesía e debuxo.

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, declarou que “o decreto do estado de alarma nos colleu a piques de difundir as bases do IV Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo. De todas maneiras decidimos facelas públicas igualmente máis sen facer referencia a prazos nin modo de envío dos traballos, por razóns obvias”.

A edil explicou que “este certame se pon en marcha co fin de dar a oportunidade de demostrar a súa capacidade creativa ás mozas e mozos dos concellos da Mariña. Polo tanto poderán participar todas aquelas mozas e mozos que a 20...

leer más
Etiquetas:
25/03/2020

O Concello e as catro farmacias da vila poñen hoxe en marcha a campaña Mascarilla 19 para prestar atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero. Aquelas persoas que estean a ser obxecto de agresións nos seus domicilios neste tempo de confinamento, que aproveiten algunha saída para achegarse á farmacia máis próxima e pronunciar as palabras Mascarilla 19. Neste momento activarase o protocolo de violencia de xénero do Concello de Ribadeo e daráselles toda a axuda que precisen. A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, anima á cidadanía a denunciar calquera caso que detecten entre os seus veciños.

A edil ribadense dixo que “desde a Área de Igualdade do Concello e a Mesa Institucional viñemos analizando estes días, nos que estamos todos recluídos nas casas, os riscos que suporía para aquelas mulleres que son vítimas de violencia...

leer más
Etiquetas:
23/03/2020

Acisa convoca o concurso Polos nosos negocios de apoio ao consumo local. Trátase de deseñar un cartel e un slogan que animen á xente a facer as súas compras no comercio da vila e a consumir tamén na súa hostalería. 

Nas bases explícase que “o tema no que se debe inspirar o cartel é chamar á poboación para apoiar ás pequenas empresas, hoteis e servizos en Ribadeo, cando remate esta situación ocasionada polo coronavirus. Ten que insistir no positivo de mercar nas pequenas tendas e consumir na hostalería local para revitalizada despois de atravesar por unha mala situación. O slogan debe ir na mesma liña e debe ser claro, conciso e directo. E non de poderán empregar palabras que aludan á actual situación, como alerta, coronavirus, crise sanitaria, etc… deberán utilizarse palabras que inciten á compra, á positividade e á alegría”. 

... leer más