Ribadeo
CARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 5 DE MAYO
VIERNES 29, SÁBADO 30 Y DOMINGO 1
-Go Fish: salvemos el mar – 18:00 horas
-El hombre del norte: 20:15 y 23:00 horas
-Sonic 2 – 18:00 horas
-La ciudad perdida – 20:30 y 23:00 horas
LUNES 2, MARTES 3 (FIESTA DEL CINE) Y JUEVES 5 (FIESTA DEL CINE)
-El hombre del norte: 20:15 y 23:00 horas
-La ciudad perdida – 20:30 y 23:00 horas
MIÉRCOLES 4 (SIN FUNCIÓN)
A Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza aulas de portugués e galego en Ribadeo. Desenvolveranse todos os martes de maio na vila ribadense, concretamente na Casa do Viejo Pancho. A primeira reunión será o 3 de maio ás 20:30 horas.
Esta actividade, que é gratuíta, está dirixida a persoas de todas as idades e niveis de portugués e galego. Nesas xuntanzas falarase de lingua, cultura, gastronomía, historia, lendas, viaxes, etcétera.
Hoxe foi presentado o cartel da décimo quinta edición do Ribadeo de Tapeo, o concurso gastronómico que se desenvolverá do 14 ao 22 de maio en máis de 30 locais hostaleiros. Haberá sobremesas culturais, soños gastronómicos, Letras no Campo ou O Renacer do Cantil, entre outras actividades. O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, subliñou que unha das novidades será a fase previa voluntaria de asesoramento para os locais que o desexen a cargo do chef Daniel López, do restaurante O Camiño do Inglés e membro do coñecido Grupo Nove.
O edil ribadense manifestou que “un ano máis o Concello de Ribadeo organiza o Ribadeo de Tapeo, que xa vai pola súa décimo quinta edición e que terá lugar entre o 14 ao 22 de maio. Este concurso, decano dos fogóns da gastronomía de Galicia, é un dos nosos mellores escaparates gastronómicos. Nesta ocasión máis dunha...
leer másA Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá o vindeiro 5 de maio unha charla sobre métodos de pago por internet como bizum ou criptomoedas. Será entre as 12 e as 13 horas.
Desde a Aula CeMIT explican que “o auxe das transaccións en internet debido as consecuencias do coronavirus levounos a ter que adecuarnos a novos métodos de pago. Cada vez hai máis sistemas que melloran a experiencia aportando unha (aínda) maior protección de datos e seguridade para facer compras a golpe de clic”.
E engaden: “neste sentido, ¿qué métodos de pago podemos usar na actualidade? Nesta charla repasaremos os principais métodos de pago: bizum, tarxetas revolving, pago por móbil, etc. dando a coñecer os nosos dereitos como persoas consumidoras e usuarias”.
As persoas interesadas en asistir a esta charla...
leer másO Concello de Ribadeo apostará nas fins de semana de maio e xuño polo turismo tranquilo e consciente, buscando a desestacionalización e a captación de novos segmentos de visitantes. Farao co programa de actividades O Renacer do Cantil, que inclúe prácticas de tai chi, baños de cores, obradoiros, xeorutas ou arte na natureza para os máis pequenos. Esta nova iniciativa, que se desenvolverá en escenarios naturais da costa ribadense, foi presentada polos concelleiros de Turismo e Medio Ambiente, Pablo Vizoso e Jorge Díaz, e polo alcalde, Fernando Suárez.
Vizoso Galdo dixo que “a Área de Turismo do Concello de Ribadeo pon en marcha nas fins de semana de maio e de xuño o programa de actividades O Renacer do Cantil, unha aposta polo turismo tranquilo e consciente, a favor da desestacionalización do destino de Ribadeo e á captación de novos...
leer másMamá merece o mellor, regálalle Ribadeo é a nova campaña da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos para celebrar o dia da nai neste 2022 o vindeiro 1 de maio. Acisa Ribadeo sortea 3 premios de 100 euros en vales de compra, cada un deles.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “os establecementos terán a disposición dos seus clientes as rifas do sorteo para entregárllelas por cada compra realizada entre os días 23 de abril e 1 de maio. As rifas están numeradas do 0 ao 5.000. Para participar no sorteo deberase realizar unha compra en calquera dos locais asociados a Acisa Ribadeo, sen importe mínimo establecido. Cada local contará con 50 rifas para repartir entre a súa clientela. As papeletas deberán estar seladas por cada establecemento de xeito visible na parte dianteira ou traseira”.
...
leer másA décima edición da Ruta Cabalar Xinetes de Remourelle celebrarase o 7 de maio.
A saída terá lugar ás 10:30 horas e ás 14:30 celebrarase unha comida. Haberá sorteos, agasallos e durante todo o día soará a música de discoteca móbil.
A venda de tíckets corre a cargo dos compoñentes da directiva de Xinetes de Remourelle nos teléfonos: 659 629 417, 636 864 132 e 676 770 918.
Cada amazona e xinete faranse responsables dos danos ocasionados polo seu cabalo ou égoa e tamén os danos do seu propio animal.
Este evento está coorganizado pola Secretaría Xeral para o Deporte e Xinetes de Remourelle coa colaboración do Concello de Ribadeo.
O domingo, 24 de abril, ás 12:00 da mañá estará na Libraría Bahía, de Ribadeo, o autor e ilustrador asturiano Alex Meléndez para presentar a súa obra dedicada ao público máis pequeno e editada por La Maleta Ediciones.
Segundo explican desde Libraría Bahía “poderemos escoitar as súas historias e mostrará á cativada a súa arte como ilustrador, dando vida cos debuxos aos personaxes e situacións dos seus libros”.
E engaden: “trátase dunha magnífica oportunidade para que a xente máis pequena da casa escoite e coñeza de primeira man a un autor deses libros que fan as súas delicias”.
Aún queda alguna plaza libre para asistir al curso de formación en hostelería, que se celebrará en Ribadeo los días 30 de abril y 7 de mayo. Está organizado por la Asociación de Profesores de Automoción de Galicia.
El presidente del colectivo, Álvaro Doural, explica que “llevamos meses viendo las necesidades de la hostelería. Cada día leemos en sus redes sociales y en los medios de comunicación que se buscan camareros, ayudantes de cocina, cocineros, personal de sala, camareras/os de pisos… La oferta en A Mariña es enorme, pero todos esos puestos de trabajo no se cubren. Lo hemos visto esta Semana Santa y se volverá a repetir en verano, salvo que entre todos hagamos algo por mejorar esta situación”.
La programación del curso de formación en hostelería se centrará en el restaurante y en el bar-cafetería. El...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO DEL 22 AL 28 DE ABRIL
VIERNES 22, SÁBADO 23 Y DOMINGO 24
-La ciudad perdida – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-Sonic 2 – 18:00 horas
-Animales fantásticos – 20:15 horas
-El juego de las llaves – 23:00 horas
LUNES 25, MARTES 26 (DÍA DEL ESPECTADOR) Y JUEVES 28
-La ciudad perdida – 20:30 y 23:00 horas
-Animales fantásticos – 20:15 horas
-El juego de las llaves – 23:00 horas
MIÉRCOLES 27 (SIN FUNCIÓN)












