Ribadeo
O vindeiro xoves, 30 de xuño, ás 19.00 horas no Espazo Apego da Casa de Cultura, de Ribadeo, terá lugar a presentación pública da Estratexia Alimentaria Eo Alimenta e do Festival da Alimentación Sustentable do Eo.
En dita presentación participarán persoas representantes dos diferentes axentes que impulsan o proxecto Eo Alimenta: persoas produtoras, concellos, persoas consumidoras, grupos de desenvolvemento rural, universidade e sindicatos agrarios.
Pola súa banda, tamén asistirán representantes do Concello de Ribadeo e da Deputación de Lugo, organismo que financia o Festival da Alimentación Sustentable do Eo, que se celebrará os días 23 e 24 de setembro en diferentes espazos da vila de Ribadeo. “Dous días que aunarán ocio e concienciación en torno á alimentación de proximidade e agroecolóxica, a través de...
leer másA Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade organiza, en colaboración co colectivo As Vacas Fracas, unha serie de actividades de carácter lúdico para conmemorar e reivindicar o próximo 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBIQ (Lésbico, gai, trans, intersexual, queer).
Cada ano conmemórase este día en recordo aos disturbios de Stonewall, Nova York, en 1969, cando a policía cargou con extrema violencia contra varios establecementos frecuentados por persoas LGTB. Desde entón, houbo un punto de inflexión, a comunidade LGTB comezou a loitar polos seus dereitos e creou campañas que conseguiron converterse en símbolos internacionais pola defensa da liberdade e a promoción da igualdade de oportunidades para todas as persoas.
Desde a Concellaría de Igualdade sinalan que “a diversidade sexual e de xénero...
leer másAPAGA organiza un curso de corte de xamón que será impartido por Jorge Díaz, o mellor cortador de España. As persoas interesadas poden obter máis información en apagaribadeo@gmail.com ou nos teléfonos 639 884 945 e 629 096 711. As prazas son limitadas.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, explicou que “é unha nova iniciativa que se plantexa no tema de hostalería a petición dalgúns profesionais do sector. Aínda non ten data, pero prevemos que posiblemente se faga no mes de xullo. Hai xa unha serie de xente apuntada e tampouco vai ser un grupo moi numeroso, sobre oito persoas, entón está practicamente completo. Esa é unha das iniciativas que se plantexan para o verán”.
Doural sinalou que “cursos como este de corte de xamón son iniciativas a petición de empresas e...
leer másAcisa reparte entre os seus asociados e asociadas nos vindeiros días arredor de 7.000 bolsas, tanto para comercio como para a hostalaría, mais de 12.000 metros de materias decorativos e 800 farolillos así como tarxetas de prezos e cartelería para as rebaixas.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “este ano de cara o inicio o verán e tamén con motivo da celebración do Ribadeo Indiano, queremos facer un esforzo de cara os nosos asociados e entregarlles de forma totalmente gratuíta materiais de utilidade para eles. Nesta ocasión, en primeiro lugar repartiremos mais de 7.000 bolsas tanto de comercio como de comida para levar e de botellas de viño para hostalaría, entre os negocios que así o solicitaron previamente. Mantense o deseño que tiñamos no Nadal, xa que gustou moito. Deste xeito respondemos ás necesidades dos nosos asociados, que...
leer másRibadeo acollerá os días 25 e 26 de xuño as I Xornadas Etnográficas da Mariña (Música, Baile e Traxe Tradicional Galego) que coorganizan a asociación Tecedeira e a Concellaría de Cultura. O evento foi presentado na Casa do Viejo Pancho por Xacobo Ares e por Pilar Otero.
A edil ribadense dixo que “cando viñeron presentarnos o proxecto de Tecedeira de levar a cabo as primeiras xornadas etnográficas da Mariña, que teñen como espírito aglutinar a convivencia de todas as agrupacións e asociacións da Mariña, nos dubidamos en apoiar esta idea que nace en Ribadeo e que pretende espallarse por toda a comarca. Sempre tecer fíos e procurar a unión do tecido asociativo parece unha moi boa idea. E se por riba parte de persoas de Ribadeo, como non podía ser doutra maneira, desde o Concello impulsámola dentro das nosas posibilidades”.
... leer másA cuarta edición da carreira nocturna Rinlo-Ribadeo celebrarase o día 20 de agosto. A proba está organizada polo Club Atletismo Ribadeo, conta coa colaboración do Concello e da Xunta de Galicia e foi presentada no salón de sesións do Pazo de Ibáñez.
O alcalde, Fernando Suarez, subliñou: “queremos transmitir a nosa ledicia porque estas cousas se volvan ir introducindo despois da pandemia, despois de dous anos de non ter practicamente actividades de todo tipo. Agora todo o mundo quere cultura, todo o mundo quere deporte, todo o mundo quere saír e estamos moi orgullosos. Nós como Concello estamos encantados de colaborar como sempre cunha entidade deportiva como este club sen ánimo de lucro e que está dando o mellor cun montón de xente nova axudando, correndo e agora tamén organizando, outra vez por cuarto ano, esta carreira nocturna entre...
leer másA Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza, coa colaboración do Concello de Ribadeo, a vixésima edición das Xornadas de Historia do Local que se desenvolverán os días 16 e 17 de xuño. Intervirán como relatores: Alberto Paraje Méndez e Eduardo Gutiérrez, que abordarán diversos aspectos do arquivo municipal ribadense. As Xornadas foron presentadas polo presidente de Francisco Lanza, Farruco Graña, e polo concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, que estiveron acompañados por Dores Fernández, vogal da devandita Agrupación Cultural.
Farruco Graña dixo que “un ano máis nos xuntamos en Ribadeo toda a veciñanza para celebrarmos as Xornadas de Historia do Local que organiza a Agrupación Cultural Francisco Lanza e, se o ano pasado celebramos o cincuenta aniversario da nosa agrupación cultural, nesta ocasión estamos de...
leer másO salón de plenos do Concello acolleu a entrega dos premios da décimo quinta edición do Ribadeo de Tapeo. O acto estivo presidido polo alcalde, Fernando Suárez, e polo concelleiros de Turismo e Cultura, Pablo Vizoso e Pilar Otero, que felicitaron aos gañadores, destacaron o traballo realizado pola hostalería ao longo da celebración do evento entre o 14 e o 22 do pasado mes de maio e destacaron o éxito do Ribadeo de Tapeo 2022, xa que foron servidas arredor de 30.000 tapas.
Esta tarde recolleron os seus agasallos os gañadores do xurado profesional que foron Chámalle Estopa (1º premio), Queimada (2º premio) e El Oviedo (3º premio), O Alén recibiu o premio á tapa de Ribadeo, e os gañadores do público que foron a mellor tapa para a preparada polo Marinero e a mellor barra para o Queimada. Todos recibiron un diploma, unha figuriña...
leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo vai camiño de pechar un novo curso. Farao de xeito oficial este sábado, 18 de xuño, ás 17:00 horas.
“Queremos facer un festival de fin de curso aberto a toda a cidadanía, de aí que o realicemos no Auditorio de Cabanela. Dado o volume, tanto de alumnado como de público asistente a estes festivais, cada vez nos é máis difícil facelos en recintos pechados”, sinala Hugo García, responsable da EMMeD de Ribadeo.
Hugo García salientou que “o festival será, unha vez máis, un festival que non deixará a ninguén indiferente. Tentamos sorprender á xente cun festival concibido para que o desfruten non só no plano musical, que por suposto que o farán, senón tamén na ambientación, nas presentacións…O único que nos falta agora é que o tempo nos bote unha man pois senón...
leer más












