Outubro

01/10/2026

A Aula Universitaria da UNED de Foz anuncia que inicia o curso académico cunha “ampla programación durante o mes de outubro, na que se combinan propostas formativas de diferentes ámbitos con actividades de carácter práctico, cultural, divulgativo e de lecer”.

“A formación en linguas terá un papel destacado, coa posta en marcha dos cursos de CELGA 3 e 4, a partir deste xoves, 1 de outubro, e de Inglés B1, repaso pre-exame, que comezará o día 5. A programación incorpora tamén propostas relacionadas co benestar e os hábitos saudables, como o curso Visión natural na era dixital, que dará comezo o 14 de outubro, e unha xornada de adestramento híbrido e brunch, prevista para o domingo 18 pola mañá. Neste ámbito inclúese tamén unha actividade divulgativa con motivo da Semana de Concienciación sobre o Trastorno...

leer más
30/09/2026

Viveiro participará durante o mes de outubro na quinta edición dos Días da Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua, unha iniciativa internacional que busca achegar á cidadanía o patrimonio e as tradicións vinculadas a estas celebracións tamén fóra das súas datas habituais, anuncia o Concello de Viveiro.

A programación comezará cunha exposición fotográfica sobre a Semana Santa de Viveiro da fotógrafa María San Isidro, que poderá visitarse nos claustros da igrexa de San Francisco.

O sábado 3 de outubro celebrarase unha xornada de portas abertas da Exposición Permanente da Semana Santa de Viveiro, tamén nos claustros de San Francisco, en horario de 10:00 a 21:00 horas. Durante a xornada haberá tamén unha degustación do Pan dos Apóstolos, doce típico da Semana Santa viveirense.

...

leer más
Etiquetas:
26/09/2026

Do 2 ao 4 de outubro celebraranse en Ribadeo as xornadas gastronómicas de exaltación do mexillón, que organiza Acisa coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Na cita participarán 25 locais hostaleiros. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “a fin de semana do 2 ao 4 de outubro terán lugar en Ribadeo as xornadas gastronómicas de exaltación do mexillón nas que participarán 25 locais hostaleiros asociados a Acisa, que van ofrecer tapas e pratos preparados cun produto excepcional. Grazas á colaboración da Área de Mar da Deputación de Lugo puidemos desde Acisa organizar esta nova cita. Esta é xa a oitava vez que desde Acisa regalamos materia prima para a elaboración das tapas e dos pratos ás nosas asociadas e asociados, co que pretendemos deste xeito aforrarlles custes nalgunhas das campañas que lles propoñemos...

leer más
05/09/2025

Pepe Peinó será o pregoeiro da XXXIII Festa da Faba de Lourenzá, evento cuxo cartel é obra de José Manuel García. Os dous participaron nunha presentación xunto á a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; e o edil de Medio Rural, Mario Leitón.

O Concello de Lourenzá explica que o autor do cartel é o veciño José Manuel García, un estudoso e recuperador dos xoguetes tradicionais, coautor de varios libros sobre o tema, do que tamén é o responsable das súas ilustracións. Nesta ocasión a imaxe principal do cartel é a fonte da ra, “un símbolo para todos os laurentinos, no que as pedras que a forman aparecen substituídas polas famosas fabas de Lourenzá”.

Tamén foi presentado o pregoeiro de XXXIII edición da Festa da Faba. Trátase de Pepe Peinó, “un referente cultural na Mariña e moi...

leer más
Etiquetas:
19/08/2025

O Concello de Burela, a través do seu Centro de Formación Ocupacional, ofrece dous novos cursos de formación que comezarán no mes de outubro de 2025, dirixidos a persoas desempregadas dentro do plan formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia. “Estes cursos permiten a obtención do certificado de profesionalidade, que acredita as competencias profesionais necesarias para o desenvolvemento da profesión no ámbito laboral”, explica o Concello de Burela.

O primeiro dos cursos está dedicado á atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSCS0208), cunha duración de 528 horas. Como requisito de acceso, é necesario ter o título de ESO. ou equivalente.

O segundo céntrase nas operacións de gravación e tratamento de datos e documentos (ADGG0508), cunha duración de 518 horas, e non...

leer más
Etiquetas:
01/10/2024

A concelleira da Aula Universitaria da UNED de Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, veñen de presentar a programación formativa para o mes de outubro, inaugurando así o calendario académico da Aula. Deron conta de catro novas actividades, para as que está aberta a inscrición, e que son cursos de psicoloxía, de francés básico e de primeiros auxilios pediátricos e unha xornada de limpeza con voluntarios na praia da Rapadoira.

Para comezar propoñen participar nun curso de psicoloxía, Querida esixencia: de neno bo a adulto perfecto, impartido por Alba Burundarena. Muiña apunta que “é unha psicóloga focense que conta cunha ampla experiencia na docencia de cursos deste ámbito nesta Aula e sempre deseña formacións moi demandadas e exitosas”. Será unha formación unicamente online e levarase...

leer más
Etiquetas:
01/10/2024

Será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. 

“Cinco minutos sen respirar” retrata os anhelos, o medo e a escuridade que pode albergar unha persoa a través de dous personaxes: Margarita, unha (ex) empregada de banca, e Víctor, supervisor nun supermercado. A montaxe é unha proposta baseada no traballo de interpretación e cunha dirección escénica que incide nos delirios e nas dualidades propias do mundo de hoxe.

“Cinco minutos sen respirar”, fala da vida, dos abusos bancarios, do amor, da explotación laboral, do suicidio, da familia, da violencia... e de tantas outras cousas, que non da tempo a resumilas en cinco minutos. A poesía é a única proba concreta da existencia do home.

Entradas á venda na billeteira do teatro unha hora antes da función. 

 

18/09/2024

O Concello de Lourenzá presentou o cartel anunciador e a pregoeira da XXXII Festa da Faba, que se celebrará desde o venres 4 ata o domingo 6 de outubro.

O cartel desta edición é obra do artista de O Valadouro Xosé Blanco, que  estudou na Escola de Artes Aplicadas Pablo Picasso de A Coruña. Participou nas Experiencias de Tecnoloxía e Escola Libre de Sargadelos, onde tamén formou parte do Gabinete de Deseño. Participou ademais en numerosas exposicións con traballos de debuxo, pintura, gravado, cartelismo, ilustracións, etcétera. No cartel que deseñou para esta festa gastronómica, ademais de representar as fabas e as fabeiras, tamén fai un guiño a tradición laurentina, cunha imaxe do Rei Charlo portando unha ramiña de fabas.

Neste acto, no que estiveron presentes a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; o concelleiro de...

leer más
16/09/2024

No vindeiro mes de outubro comezará un novo curso, o da tempada 2024/2025, das Escolas Deportivas Municipais de Foz, que son para nenos e nenas nados/as entre os anos 2008 e 2020. Anúnciao a Delegación de Xuventude e Deportes do Concello de Foz.

Contarán con: patinaxe, ximnasia rítmica, kickboxing, teatro, tenis, coreodance kids, cerámica e multideporte.

 

05/09/2024

O Concello de Cervo anuncia que as súas escolas deportivas infantís e de adultos regresan no mes de outubro “cunha ampla oferta para todas as franxas de idade. Xa podedes facer a vosa inscrición na Casa do Concello ou na Casa da Cultura”.

Nas infantís ofrecen ximnasia rítmica, patinaxe, multideporte, balonmán e voleibol e nas de adultos haberá fit-dance, pilates, ximnasia de mantemento e ioga.